Esta e a peticiòn que un grupo de pais e nais veciñas de Ordes,
co nexo de unión de ter fillos adolescentes
Ordessiete recibiu hoxe a carta de dúas lectoras que a continuación reproducimos:Ordes carece de lugares apropiados para disfrutar desta etapa da vida, no que os nenos/as teñen intensos cambios, tanto físicos como mentales. A inestabilidade emocional nesta etapa da vida fan que sexan máis vulnerables a situacións de risco e " ter que mollarse ou estar nun bar" é a ùnica alternativa posible para estar cos amigos cando chove en Ordes.
Por iso, emprendemos fai duas semanas unha iniciativa de recollida de sinaturas para que o Concello habilite un espazo da infraestrutura construida nos baixos da Alameda, ou no seu defecto outro situado no centro da vila que sexa idòneo para esta finalidade, Ordes precisa un local para a xuventude que esté equipado adecuadamente para o disfrute do tempo libre de neno/as comprendidos entre 12 e 17 anos, con instalciòns como billar, tenis de mesa.. proxecións audiovisuais.. etc.
Hoxe entregaremos no rexistro municipal, xunto coas mil sinaturas de veciños/as de Ordes,unha copia das nosas inquedanzas a tódolos grupos politicos, coa ilusión de adquirir un compromiso real e non electoral por parte de toda a corporaciòn municipal, e tamén, coa decepción que vivimos o ver, que, algunha xente, alguns deles integrados nunha lista electoral, pretenderon facer un boicot e crear un ambiente de crispación nesta iniciativa. Non queremos facer màis demagoxia e poñernos a súa altura, con isto, darànse por aludidos, só recordalle que isto non é contra ninguén senòn para todos. Que recapaciten a sua postura, e que non é tarde para sumarse a peticiòn.
*