A intérprete de O Incio (Lugo) recordan os populares que comezou a súa carreira no Festival da Canción de Ordes
Lamentan que o Goberno local eliminase o Festival , que serviou de trampolín a numerosos artistas
O grupo municipal do Partido Popular proporá, no Pleno de mañá, un acordo unánime para que a corporación local remita unha felicitación institucional á artista Lucía Pérez, recentemente seleccionada para representar a España no Festival de Eurovisión. Como a propia intérprete recoñece sempre que ten ocasión, a carreira da primera galega que participará en Eurovisión iniciouse no Festival da Canción de Ordes.
Co gallo deste éxito da intérprete galega, os populares ordenses tamén quieron recordaron que a chegada do cuadripartito que goberna en Ordes "marcou o declive e, finalmente, a desaparición do Festival da Canción, que non só serviu de trampolín para numerosos intérpretes galegos, senón que tamén actuaba como elemento de promoción exterior do municipio, especialmente a través da TVG, que retransmitía o evento". O actual Goberno, insisten, "rematou con esas retransmisións e introduciu unha serie de cambios que acabaron facendo desaparecer definitivamente o certame dous anos atrás".
Obras paralizadas
A xuízo dos populares, "a situación de bancarrota na que está inmerso o Concello de Ordes tamén explica, por exemplo, que non se arranxe un aparello expendedor de tickets da ORA, ou un semáforo na zona escola do Paraiso,avariados desde hai varias semanas, pero que non se reparan por falta de fondos nas arcas municipais".
*