Podes coñecer o contido íntegro da charla a través deste enlace
O enxeñeiro Francisco Menéndez, de Augas de Galicia. |
“Gustaríame saber de onde saiu a subida do 300 por cento da que fala o portavoz do BNG, e do 140 por cento que di o representante do PSOE porque eu non o sei e nós fixemos a lei. Non sei de onde saíron eses cálculos”
"Non se pararon obras en Ordes"
“En Ordes non houbo ningunha obra en tramitación en Augas de Galicia que se paralizara con motivo do cambio de Goberno na Xunta de Galicia”
“O ano pasado, a empresa que máis pagou polo canon de saneamento foron 800.000 euros, non sei de onde saíron os cinco millóns de máis dos que se fala aquí”
“Coa nova lei agora existe un gravame aos usos hidroeléctricos que antes non existía e que agora non interesa dicilo [por parte dos outros participantes]”
"Dentro dun ano veremos se se cobra ou non"
“Eu estou abraiado cos cálculos que estades dando, de verdade. Co tema dos usos agrarios e gandeiros, si estades tan convencidos de que vaise aplicar imos facer unha aposta aquí con el [Quinteiro] de testigo, dentro dun ano vémonos aquí mesmo e vemos se se cobra ou non”
“Esta lei aprobouse en moitos outros sitios, con este canon como é Cataluña por exemplo, é non houbo ningún problema”
"Tivemos tres reunións coa FEGAMP"
“O único problema que prantexou a FEGAMP nas tres reunións que tivemos con eles foi respecto a que non estaban de acordo en que foran os concellos os recadadores”
“É absurdo dicir que se está privatizando a auga, en todo caso sería o contrario porque as traídas veciñais se chaman redes privadas de augas. O que se vai facer é pública a auga que é de todos”
“Creo que fixemos algo mal en canto á comunicación da Lei, nós pensamos que este é un bo instrumento, que non terá un impacto negativo, quen non hai nada electoralista, máis ben ao contrario, e que o tempo da e quita a razón”
O concelleiro de Medio Rural, Xesús Pedreira. |
“Dende o Goberno de Ordes xa votamos en Pleno a retirada desta lei”
“A Lei de Augas tamén foi rexeitada pola Deputación de Ourense e mesmo polo goberno do Concello de Frades, ambos gobernados polo Partido Popular”
"As obras hidráulicas irán para os concellos amigos"
“Este canon, xa o dixo o presidente de Augas de Galicia agora, o que quere é cobrar para facer obras hidráulicas que pola experiencia que temos xa sabemos onde van ir; van ir aos concellos amigos”
“A Xunta vai a facer agora que os concellos fagan de recadadores. Non contan primeiro con nós e logo queren que lles recademos. O que deben facer vostedes é crear as ferramentas axeitadas para que os cidadáns sexan conscientes de que non van ser os concellos quen cobra este canon”
"Coas enmendas do PSdG-PSOE facíamos unha nova lei de augas"
“Nós [o PSdG-PSOE] presentamos 171 emendas á lei, aceptáronse dúas e nós, coas nosas emendas, practicamente facíamos unha nova lei de augas”
“A mi o que máis me doe e que Xóvenes Agricultores crea en esto e que sexa cómplice do que vostedes están facendo”
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes. |
“A principal novidade que plantexa esta lei é a creación de dous novos impostos: o canon da auga e o coeficiente de vertido que vai supoñer un impacto brutal nas economías domésticas”
“O alcalde do PP de Frades tense manifestado en contra da lei de augas unha vez que o BNG de Frades ten empezado a explicarlle aos veciños en que consiste esta lei e as consecuencias moi negativas que tería para eles”
"Non hai vontade de suprimir o canon da auga"
“O retraso manifesto na tramitación desta lei no Parlamento galego por parte do PP e que acaba de recoñecer o presidente de Augas de Galicia é unha proba de que existe un cálculo electoral porque non se ten vontade de suprimir o canon da auga”
“O regulamento da Lei de Augas do País Vasco contempla unha exención total nos usos domésticos. Isto é o que non pretende facer o Partido Popular no caso galego e por iso están retrasando a aprobación do regulamento ata despois das eleccións municipais”
"Hai encuberto un beneficio fiscal ás empresas que máis consumen e máis teñen"
“ENCE, en Pontevedra pagou o ano pasado, co antigo canon de saneamento, cinco millóns de euros. Como se prevé agora recadar sete millóns de euros co total das industrias do país si xa unha soa pagou cinco? O que hai encuberto é un beneficio fiscal ás industrias que máis consumen e as que máis teñen”
“Por que non eliminan o canon, se coma di o conselleiro de Medio Ambiente, non compensa cobrar aos pozos e traídas particulares? É evidente… porque se quere cobrar”
*