.
Regos: "Por fin a Garda Civil conta cun local digno en Ordes dende o que poder ofrecer unha boa atención aos nosos veciños".O alcalde presentará o vindeiro martes ante a Dirección Xeral da Garda Civil o proxecto definitivo para a casa cuartel.Os 21 axentes que a Garda Civil ten Ordes estrearon onte venres as súas
novas dependencias ubicadas nun local situado xusto enfronte do actual posto e que foi cedido por un prazo de
dous anos polo Concello de Ordes (data na que xa estará construida a casa cuartel). Unhas instalacións que foron visitadas polo alcalde
Manuel Regos, e polo concelleiro de Urbanismo,
Roberto González.
.O novo local ten unhas dimensións de
338 metros cadrados, que substitúen ao antigo e obsoleto posto da Benemérita no que tan só había 40 metros cadrados para a atención ao público.
As novas instalacións, que serán inauguradas próximamente, contan con un área de
recepción e zona de espera, un par de
calabozos con aseo independente, unha oficina para o equipo de
investigación, unha oficina para a recepción de
denuncias e outra para
intervención de armas, tres
despachos,
arquivo, sala de xuntas, baños e vestiarios con baños para homes e mulleres.
.Deste xeito, por exemplo, evítase que os detidos tivesen que compartir espazo cos veciños que acudían ao posto. Ademais, a Garda Civil terá un
aparcamento para ata catro vehículos, que antes tiñan que estacionar na rúa, fronte ao antigo posto.
.
Lugar confidencialAs novas instalacións permitirán dispoñer dun
lugar confidencial onde poder expoñer o caso ante os axentes. Unha situación que xa fora denunciada en reiteradas ocasións dende a concellería de Asuntos Sociais de Ordes e dende o Centro de Información á Muller, xa que as
mulleres maltratadas non dispoñían dun lugar privado dende o que facer as súas denuncias e, en moitas ocasións, tiñan que expoñer o seu caso diante de outros veciños presentes no local.
.Manuel Regos explica que o Concello de Ordes cederá este local á Garda Civil por un periodo de
dous anos, tempo durante o cal se construirá a
casa cuartel no barrio do Paraíso. Unha medida transitoria que xa fora aprobada polo pleno municipal do mes de maio de 2008.
.Unha vez que o pleno municipal do pasado mes de maio de 2009 aprobou todos os trámites administrativos necesarios para a cesión dunha parcela de 1.350 metros cadrados ubicada no barrio do Paraíso (Ordes), agora será a Dirección Xeral da Garda Civil quen sacará a
licitación a construción dunha Casa Cuartel con capacidade ata para 30 axentes.
Un proxecto no que se van investir uns
1,6 millóns de euros e que o Concello de Ordes agarda que sexa licitado a finais de 2009, de xeito que as obras poidan comezar o vindeiro ano 2010.
.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes"Por fin logramos que, despois de case trinta anos, a Garda Civil teña en Ordes un
local digno dende onde dar un
servizo axeitado e de calidade aos veciños e veciñas de Ordes"
"Trátase dunha
medida de carácter eventual, por un máximo de dous anos, ata a construción do cuartel cuxo proxecto definitivo entregarei este martes en Madrid diante da
Dirección Xeral da Garda Civil"
.As frases de Roberto González, concelleiro de Urbanismo e Obras"Estas novas instalacións permitirán ofrecer un
mellor servizo aos veciños que teñan que presentar unha denuncia ou reclamación, xa que agora disporán dunha
sala separada na que poder facelo e non terán que pasar o apuro de explicar o seu caso diante do resto de persoas que estén presentes no local nese intre"
Fotos: Despachos (arriba); sala de denuncias (medio); exterior (abaixo). *