Todo preparado dende o 30 de xullo ao 19 de agosto para un amplo abano de actividades que inclúe música, humor, títeres, maxia e teatro para todos os públicos
Ordes ten preparado un amplo programa de actividades enmarcadas dentro do “Verán Cultural” que cada ano se prepara con motivo desta época estival. Unhas actividades que incluirán música, humor, títeres, maxia e teatro para todas as idades.
O escenario elexido para a maior parte destes espectáculos será, como vén sendo habitual, a Alameda de Ordes, en pleno centro urbán, aínda que en caso de choiva as que estean programadas ao aire libre trasladaranse á Casa da Cultura. As actividades darán comenzo o vindeiro día 30 de xullo e prolongaranse ata o 19 de agosto, incluíndo ademais a celebración das festas patronais da vila do 14 ao 17 de agosto, e o Festival Brincadeira os días 11, 12 e 13 de agosto.
Programa de actividades
- Domingo 31 de xullo: Espectáculo de clown Trasno ás 20:00 horas na Alameda.
- Luns 1 de agosto: Espectáculo de maxia co mago Cayetano Lledó ás 20:00 horas na Alameda.
- Martes 2 de agosto: Teatro Infantil “Ringo Rango” ás 20:00 horas na Alameda.
- Mércores 3 de agosto: Noite de Folk “Matamá Ensemble” ás 21:30 horas na Alameda de Ordes.
- Xoves 4 de agosto: Títeres As Aventuras de Polichinela con “O espello de Francisquiña” ás 20:00 horas na Alameda.
- Venres 5 de agosto: Festival de Curtas Cinestable ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
- Sábado 6 de agosto: Certame de Bandas ás 20:00 horas na Alameda.
- Domingo 7 de agosto: Día da Muiñeira ás 20:00 horas na Alameda.
- Luns 8 de agosto: Espectáculo de maxia co Mago Teto “O afiador” ás 20:00 horas na Alameda.
- Martes 9 de agosto: Día do Neno con inchables, obradoiros, animación e festa da espuma no campo da feira a partir das 17:00 horas.
- Mércores 10 de agosto: Clown “Viaxes” ás 20:00 horas na Alameda.
- Xoves 11 de agosto: Títeres As Aventuras de Polichinela con “Titor de Pierrot” ás 20:00 horas na Alameda.
Ademais comenza o Festival Brincadeira.
- Venres 12 de agosto: Festival Brincadeira.
- Sábado 13 de agosto: Festival Brincadeira.
- Domingo 14 de agosto: Festas patronais da vila de Ordes
- Lunes 15 de agosto: Festas patronais da vila de Ordes.
- Martes 16 de agosto: Festas patronais da vila de Ordes.
- Mércores 17 de agosto: Festas patronais da vila de Ordes.
- Xoves 18 de agosto: Teatro infantil “A lenda do Frautista Máxico” ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
- Venres 19 de agosto: Teatro afeccionado de Ordes “Só pasa unha vez na vida” ás 21:30 horas na Casa da Cultura.