O domingo 31 de xullo será o día grande con exposición e exhibición de cans e degustación gratuíta de caza nos establecementos hosteleiros da zona
Un ano máis Ordes terá como protagonistas aos cans de caza coa celebración da xa tradicional Feira de Cans de Caza que vai xa pola súa décimo novena edición e que organiza o Concello coa colaboración da Asociación Feira de Cans Amigos de Ardemil. Nesta ocasión a feira terá lugar os vindeiros días 30 e 31 de xullo no recinto feiral de Mesón do Vento.
En canto ao programa festivo, o sábado 30 celebrarase o VII campionato de rastro na modalidade de xabarín, así como a final do campionato de caza de perdiz con can.
O día grande será o domingo 31 no que se celebrará a feira de cans de caza con exposición de camadas no recinto feiral. Ademais tamén haberá una exhibición de cans de mostra da campiona de España de San Huberto, Ana Isabel Arbiol. Entregaranse tamén grandes premios aos mellores cans e aos gañadores dos campionatos do sábado. Ademais, tamén na xornada do domingo, os establecementos hosteleiros da zona ofrecerán una degustación gratuíta de caza.
Para os que queiran participar, as inscricións e reservas de gaiolas poden facerse no teléfono 689550728.