miércoles, 27 de julio de 2011

Segue aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación


Preto dun cento de nenos e nenas ordenses participan ata o vindeiro venres na primeira quenda destes cursos na piscina 


Preto dun cento de rapaces ordenses están a participar durante este mes de xullo na primeira das quendas dos cursos de natación que se celebran na piscina municipal de O Muíño e que rematará o vindeiro venres. A estes cursos seguirá durante o mes de agosto unha nova quenda para a que todavía está aberto o prazo de inscrición. Todos aqueles que estean interesados en participar nestes cursiños o vindeiro mes, poden realizar todavía a súa inscrición no departamento de Cultura e Deportes do Concello.

Os prezos destes cursos, que se desenvolverán durante as mañás, serán de 12,55 euros ao mes para os nenos e nenas de 3 a 15 anos, e de 18,80 euros ao mes para os participantes de 16 anos en diante.
Para que se leven a cabo os cursos deberá xuntarse un grupo mínimo de 15 persoas.

Ata o 15 de setembro
Por outra banda, as instalacións da piscina municipal de O Muíño permanecerán abertas ata o vindeiro 15 de setembro todos os días de 11:00 a 21:00 horas. En canto aos prezos das entradas, os abonos para toda a tempada, que todavía se poden solicitar no departamento de Cultura e Deporte do Concello, son de 6,27 euros para os nenos de 3 a 15 anos, e de 12,54 euros para os aboados de 16 anos en diante.
As entradas puntuais para as persoas que non conten co abono da tempada, será de 0,65 euros ao día para os nenos de 3 a 15 anos, e de 1,25 euros ao día para as persoas de 16 anos en diante.

Como en anos anteriores as instalacións contan cun servizo de bibliopiscina para que os usuarios poidan, ademais de disfrutar da piscina, empregar este tempo de ocio tamén á lectura de libros para todos os gustos e idades, así como de xornais.

*