miércoles, 27 de julio de 2011

Castro pedirá auditar as contas do Concello

Reclama que unha empresa externa elabore un informe sobre a situación económica municipal

A obxectividade da auditoría estaría garantizada por unha comisión de seguimento 

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou hoxe que a súa formación política proporá a realización dunha auditoría externa sobre a situación económica do Concello de Ordes, coa creación dunha comisión de seguimento dos traballos da citada auditoría, que contará coa participación de todos os grupos municipais. Está proposta será debatida no pleno que terá lugar mañá xoves, ás 20:00 horas.

Castro manifestou que “os veciños e veciñas de Ordes deben coñecer cal é a situación económica real do Concello de Ordes, con absoluta transparencia, de aí que propoñiamos a contratación, por parte do pleno da corporación municipal, dunha auditoría económica externa”.

Comisión de seguimento
O portavoz do BNG salientou que “para garantir que os traballos de auditoría se realizan con total obxectividade, propoñemos a creación dunha comisión de seguimento, coa participación dun membro de cada grupo político con representación na corporación, que será a encargada de supervisar a realización de auditoría e de realizar un informe coas conclusións da mesma para a súa aprobación por parte do Pleno”.

Castro xustificou esta proposta debido a que “hai que poñer freo á xestión absolutamente caótica e irresponsábel do alcalde, que ten colocado ao concello nunha situación crítica, debido ao destrago de recursos públicos, cun aumento da débeda até os nove millóns de euros, que sigue a impedir atender o pago das débedas cos proveedores, ocasionando un grave quebranto económico aos autónomos e ás empresas do noso Concello”. 

*