Está organizado polos concellos de Ordes e Cerceda e conta coa colaboración do Clube de Atletismo Ordes e o Clube Atlética A Silva
O acto de clausura contará cunha miniolimpíada
Unha trintena de rapaces e rapazas participan dende onte e ata o vindeiro venres 8 de xullo no primeiro Campus de Atletismo que organizan os concellos de Ordes e Cerceda coa colaboración do Clube de Atletismo de Ordes e o Clube Atlética A Silva.
Un campus que se está a desenvolver nas pistas de atletismo de Ordes situadas na cidade deportiva de Vista Alegre. Durante estes días os participantes realizarán carreiras de velocidade, lanzamento de xabalina, disco, peso e xogos de multilanzamentos, saltos de lonxitude e altura, carreiras de resistencia, carreiras de relevos, e como broche final do campus o venres celebrarase unha miniolimpíada con entrega de medallas.
O campus, que pretende achegar aos máis novos ao mundo do atletismo, desenvólvese todas as mañás en horario de 11:00 a 13:00 horas.