jueves, 4 de agosto de 2011

Os socialistas de Ordes pídenlle explicacións á Xunta pola paralización da ronda leste

 Grupo de socialistas de Ordes xunto ao secretario xeral, Xesús Pedreira e o parlamentario Pablo López Vidal.

Xesús Pedreira: "A Consellería perxudica gravemente a calidade de vida dos veciños por non darlle saída ao tráfico pesado ao seu paso pola vila"

Faltan 1,1 millóns de euros por pagar do convenio


Os socialistas de Ordes esíxíronlle esta mañá á Xunta de Galicia que dea explicacións sobre a paralización das obras da segunda parte da rolda leste de Ordes, correspondente á unión, a través da parroquia de Buscás, entre a estrada AC-524 (Ordes-Lanzá) e ao acceso norte na N-550 á altura do polígono industrial. A empresa á que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas lle contratou o proxecto tivo que parar os traballos hai un par de meses ao constatar que a administración autonómica incumpría os seus compromisos e non lle certificaba a parte das obras xa feita, de modo que aínda non a cobrou.

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, compareceu co portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Socialista, Pablo López Vidal, e varios militantes locais, para explicar as iniciativas que van presentar. No ámbito municipal, os socialistas de Ordes presentarán unha moción para que a corporación ordense inste á Xunta a retomar os traballos. No ámbito da cámara autonómica, presentan unha pregunta oral en pleno ao conselleiro Agustín Hernández e seis preguntas orais en comisión para a directora xeral de Infraestruturas.

Os socialistas instan á Xunta a que explique por que non asume o pago correspondente ás certificacións de obra que periodicamente presenta a empresa que executa os traballos, cales cre que son as causas da paralización das obras, se efectuou os pagos correspondentes a 2010 e se vai asumir os de 2011, se vai variar o proxecto da variante e en que data entrará en funcionamento todo o trazado da rolda leste de Ordes.

O secretario xeral do PSdG-PSOE en Ordes, Xesús Pedreira.
Pedreira: “É fundamental acabar este vial”
Xesús Pedreira manifestou que “os socialistas de Ordes queremos que este vial se acabe dunha vez porque é fundamental para retirar o tráfico pesado do centro da vila”. O concelleiro ordense explica que a conclusión da rolda leste “facilitaría o desenvolvemento de Ordes e favorecería a mobilidade na vila, fronte aos problemas de tráfico actuais”. Por eso, conclúe que a decisión da Xunta supón un grave prexuízo á calidade de vida dos veciños.

Pedreira indica tamén que a paralización das obras foi tan precipitada que hai puntos como o enlace da AC-524 coa estrada interior de Buscás nos que antes o vial estaba asfaltado e agora quedou cun firme de zahorra que presenta “uns socavóns considerables nos que os veciños arriscan a diario a súa integridade a a dos seus vehículos”. Por eso, demanda que o goberno autonómico dea unha solución inmediata e retome o proxecto.

López Vidal: “Os dous anos e medio de Feijóo son tempo perdido”
O parlamentario Pablo López Vidal afirmou que a paralización da rolda leste de Ordes “é un claro exemplo de abandono e deixadez de responsabilidades do goberno da Xunta” presidido por Núñez Feijóo. “É unha pequena actuación para a Consellería, pero necesaria e imprescindible para o concello de Ordes e os demais habitantes da comarca”, sinalou López Vidal, quen incidiu tamén na situación en que queda a empresa adxudicataria das obras, forzada a enviar aos seus traballadores ao paro por mor dos impagos da Consellería.

Podes ver o vídeo facendo clic baixo estas liñas:


López Vidal contrapuxo a xestión do goberno presidido por Emilio Pérez Touriño coa da actual Xunta: “a primeira parte desta rolda, na que nós tiñamos responsabilidades de goberno, está aí e co tráfico circulando por ela, mentras os dous anos e medio do goberno do PP está demostrado que son tempo totalmente perdido”. Coa situación actual, tal como indicou o voceiro socialista de Infraestruturas no Parlamento de Galicia, a Xunta de Feijóo converte “nun gasto non produtivo” o millón de euros que xa se leva investido na rolda leste.

O deputado autonómico acusou tamén ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de “preocuparse unicamente por darlle patadas a Madrid e poñerlle deberes a Fomento cando teñen a súa casa sen varrer”. O voceiro socialista de Infraestruturas lembrou que o ministro José Blanco “responde a cada crítica e desprezo cunha licitación no BOE” e empraza á Xunta a xestionar e a gobernar.

López Vidal (no centro) presentou preguntas á Comisión e ao Pleno do Parlamento de Galicia sobre a ronda leste.
Situación da rolda leste
A rolda leste de Ordes constrúese en virtude dun convenio asinado en febreiro de 2009 pola anterior conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a socialista María José Caride, e o concello de Ordes. Un convenio negociado e xestionado persoamente por Xesús Pedreira cando era tenente de alcalde de Ordes. Naquel acordo, estableceuse un investimento de 2,1 millóns de euros, a pagar en dúas anualidades: un millón en 2010 e 1,1 millóns en 2011. Esta última é a que agora está incumprindo a Xunta.

Deste xeito, está rematada a primeira parte da rolda, o treito que comunica a N-550 ao sur de Ordes nas inmediacións da piscina climatizada co inicio da estrada AC-524 (Ordes-Lanzá) á altura do IES número 1. A segunda parte é a que se paralizou cos traballos a medio facer. É un treito de algo máis de dous quilómetros que atravesa a parroquia de Buscás desde a AC-524 á súa saída de Ordes ata a N-550 no norte da vila, á altura do polígono industrial de Merelle.

*

miércoles, 3 de agosto de 2011

12ª xuntanza de bandas de música

Risas e máis risas co clown e a maxia do Verán Cultural

Momento da actuación do mago Cayetano Lledó o pasado luns na Alameda.

Gran éxito de público nas primeiras actuacións celebradas na Alameda

Hoxe mércores toca folk con Matamá Ensemble 

Centos de veciños así como visitantes do municipio participaron xa nas primeiras das actuacións celebradas na Alameda con motivo da programación do Verán Cultural que promove o Concello de Ordes.

O primeiro dos espectáculos trouxo ata Ordes o mundo do clown co espectáculo “Trasno” o pasado domingo, e o luns tocoulle o turno á maxia de mans do mago Cayetano Lledó. Onte martes, a partir das 20:00 horas celebrouse un espectáculo de teatro infantil con “Ringo Rango”.

Espectáculo de clown o pasado domingo na Alameda de Ordes.
Hoxe toca folk 
De cara aos próximos días, hoxe mércores terá lugar a Noite de Folk con “Matamá Ensemble” a partir das 21:30 horas; e mañá xoves día 4 de agosto celebrarase un espectáculo de títeres con As Aventuras de Polichinela a partir das 20 horas.

Aínda que todos estes espectáculos está previsto que se celebren na Alameda, en caso de choiva trasladaranse á Casa da Cultura de Ordes.

*

martes, 2 de agosto de 2011

"Que non conten con nós para amaños que permitan que tal ou cal persoa saque tallada"


José Luis Martínez Sanjurjo.
"A situación financieira do Concello é tan delicada que carece de cartos para cofinanciar obras que se poderían acometer a través de convenios con outras administracions. Sucedeu no pasado mandato e sucederá, lamentablemente, no actual" 

O portavoz municipal do Partido Popular en Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, analiza con Ordessiete a situación actual de bloqueo ao grupo de goberno comandado por Manuel Regos por parte da oposición municipal da que forma parte

Cal é a súa valoración da labor do goberno de Regos nestes dous primeiros plenos da lexislatura?
Véxoos moi, pero moi perdidos en todos os aspectos. Non sei nin a que xogan, nin o que é peor, ao que queren xogar. O resultado electoral e as negociacións sen froitos, levaronos a apegarse a unha minoría, situación diferente a que se atopaban afeitos. Todo sumado tenos moi tocados, o que conleva moita presa ou desexo de abandonar o salón de plenos en cada sesión.

O que parece evidente é que tal e como está configurado o goberno a día de hoxe, resulta imposible a gobernabilidade e en consecuencia, ponse en serio risco a efectividade da labor do Concello de Ordes.
Asi é. Un goberno municipal, e máis neste caso, no que se atopa en minoría, de ninguna maneira se debera manter afastado do diálogo e do consenso, como está a suceder en Ordes. Ademais, non é que só existan discrepancias na forma de abordar os diferentes temas durante as sesión plenarias. O traballo do Goberno municipal no día a día, e tamén nas comisións, ofrece constantes mostras da súa incapacidade e da falta de medios para gobernar.

Dende o Partido Popular prantexamos preguntas sobre as cuestións prioritarias para os cidadáns, as que me plantexa a xente pola rúa, e a resposta mais común, é  que ‘xa se verá, xa se verá’. O Goberno municipal  demostra unha evidente incapacidade para asumir as súas responsabilidades, pero tamén  pon de manifesto un talante pouco democrático ao impedir que fagamos oposición co rigor que os veciños merecen. Dende o goberno expoñen a súa proposta e pretenden que nós votemos a favor, en contra ou nos absteñamos, iso é todo. Prefiren que non haxa diálogo nen debate. Logo, as iniciativas dos grupos chegan aos plenos e existe total consenso entre a oposición, como quedou demostrado o pasado xoves.

Apoio ao BNG
Efectivamente, o xoves pasado o grupo popular votou a favor das medidas restrictivas de dereitos económicos e políticos para os tránsfugas presentado polo grupo do BNG. Por qué deron ese apoio aos nacionalistas?
Medidas coma estas xa foron difundidas e defendidas por nós durante a campaña electoral. Tamén a necesidade dunha auditoría externa formaba parte do programa electoral do PP de Ordes, como eu me encarguei de repetir en cada reunión e en cada mitin.

No momento en que somos coñecedores da presentación das mocións do BNG, o grupo popular decide apoiar a urxencia e os acordos propostos, coas enmendas que se incluíron e aprobaron no debate plenario.
Somos xente de palabra e o que defendemos durante a campaña electoral defenderémolo tamén agora, xa celebradas as eleccións. A nosa coherencia demóstrase deste xeito.

Faltan arredor de 100 días para que o goberno presente o seu proxecto de orzamentos municipais para o exercicio 2012. Nesta escenario que a día de hoxe existe, que pasará chegado o día da súa votación no pleno da corporación?
Haberá que agardar a que chegue ese momento.  A día de hoxe, ou axustan os orzamentos ás necesidades reais dos veciños de Ordes e os consensúan coas da oposición, ou non haberá forma de que os saquen adiante.

Dende o goberno teñen dous camiños, ou intentan achegarse á maioría absoluta [o grupo de goberno está a dous concelleiros dela] co mercadeo que existiu sempre; ou tratan de chegar a acordos claros e transparentes cos outros grupos municipais. Ó meu entender non vale unha xuntanza UxO-PP ou UxO-BNG ou UxO-PSOE-Cidega; eu sempre propuxen unha reunión de conxunto, que claro está, foi rexeitada por Regos.

Reunión de portavoces
En que consistiría esa reunión de conxunto?
Falo dunha reunión formal de portavoces na que se aclaren as cousas, e se deixe de pensar unicamente en intereses partidistas. Se se tivese celebrado unha reunión deste tipo,  poderían acordarse asuntos retirados do anterior pleno, pero dende o goberno non pensaron no conxunto das representacións políticas dos veciños de Ordes e decidiron negociar individualmente con cada grupo. Á vista está o resultado desta estratexia. Díxeno antes das eleccións e repítoo agora: Non quero compoñendas nin acordos que beneficien a este ou aquel. Estamos en política para servir ao conxunto dos veciños, non para que tal ou cal persoa saque tallada. Co Partido Popular que non conten, desde logo, para eses amaños.

Logo a que cre que se debe esta táctica?
Máis que a una estratexia, a situacion actual é a consecuencia do seu xeito de actuar, da opacidade que caracteriza ao equipo de Regos. Por iso, dubido que sexan capaces de lograr un apoio explícito e continuado de calquera grupo, porque foi o propìo equipo de Goberno o que, durante moito tempo, se encargou de crear enemizades a conciencia.

Isto quedou claro durante a pasada campaña, na que confiaron en acadar a maioría absoluta empregando todo tipo de artimañas e presións, e saiulles mal. Daquelas choivas saen agora estes lodos no Concello de Ordes. De todos os xeitos, supoño que a súa intención será a de conseguir a maioría.

Conseguir a maioría significa seducir alomenos a dous concelleiros…
Claro está! Os integrantes do grupo mixto serán a súa prioridade, xa estiveron no goberno anterior 2007-2011. Só espero manteñan ata o fín a palabra dada diante dos veciños durante a campaña.

E que me di dun pacto UxO-BNG?
Eu vexo moi difícil a día de hoxe que o BNG poida entrar nun goberno lidarado por Manuel Regos. Pero esta é só unha percepción persoal; non teño máis elementos de xuízo.

Situación financieira
En qué perxudica toda esta situación aos vecinos de Ordes?
Absolutamente a todos os niveis. Regos non se decata de que a situación mudou radicamente e que as prioridades discorren por outros derroteiros, Malgastou moitísmos cartos que agora temos que pagar entre todos. Recursos que ben administrados, permitirían atender necesidades reais dos veciños, pero que foron destinados a alimentar delirios de grandeza. Poño un exemplo: A situación financieira do Concello de Ordes é tan delicada que carece de cartos para cofinanciar obras que se poderían acometer a través de convenios con outras administracions. Sucedeu na pasada lexislatra e sucederá, lamentablemente, na actual. A política é en boa medida un exercicio de diplomacia, relacións públicas e contactos aos que o goberno de Ordes está renunciando pola súa propia soberbia e ficticia autosuficiencia.

Existe algo que lle preocupe especialmente?
Preocúpame moito o que está a pasar co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Ou mellor dito, o que non está a pasar. A xente xa empeza a estar cansa de que pase o tempo sen ter unha resposta convincente para tanto retraso. Levamos demorando o PXOM máis dun ano e medio, e así non se avanza en recurtar os prazos mínimos da tramitación e aprobación. Concellos limítrofes como Tordoia ou Mesía fixeron os deberes, sen preocuparse nin amolarse por estar ás portas dunhas eleccións municipais, e gracias a esta iniciativa teñen os seus plans xa moi avanzados. Do caso de Oroso ou O Pino mellor nin falar, a vantaxe de ter aprobado o seu PXOM fai anos é inmensa e poida que irrecuperable, en tódolos niveis que poidamos plantexar analizar.

Guarda Civil
E que pasa co cuartel da Guarda Civil?
Si, estase a falar moito na rúa estes días dese tema, especulase con que Regos levou un portazo na cara no Ministerio do Interior, en Madrid, que non o recibiron...Á pregunta formulada polo Partido Popular no pasado pleno, o alcalde respostou que todo avanza polo bo camiño, e que precisa voltar a Madrid a acabar de pechar os acordos.

Para nós, este é un exemplo máis dos erros nos que ten incorrido este Goberno. Malgastaron centros de miles de euros -a cifra real, seguramente non a saberemos- nun asunto que non é competencia do Concello de Ordes, mentres outras necesidades que si son de competencia municipal, foron aparcadas por falta de cartos.

Logo cal vai ser o traballo do grupo municipal popular no Concello no corto prazo?
Imos levar iniciativas ao pleno de setembro e ós seguintes, logo de telas consensuado primeiro dentro do noso grupo, un equipo de mais de 30 persoas con grande valía e coñecementos, non únicamente polos concelleiros electos. Non obviaremos transmitilas ao resto dos grupos da oposición. Estou seguro de que moitas das nosas propostas coincidirán no contido cos programas de estes, e as apoiarán. Co peso dos seis concelleiros do PP na corporación municipal, a intención, dende logo, será sacar adiante as nosas propostas, e en consecuencia unha vez aprobadas velar por que se leven a cabo.

Logo, a día de hoxe é máis factible o acordo cos diversos grupos da oposición que co goberno municipal de Manuel Regos?
Á vista está que si. Comenzando con tratar os asuntos co sentido común, e levando ben preparadas as iniciativas, será factible conseguir o consenso do PP coa práctica totalidade dos grupos da oposición.

Eleccións xerais 20-N
Cambiando xa de tema, o presidente do Goberno ven de convocar eleccións xerais para o 20 de novembro. Como se vivirán dende o seu partido en Ordes?
Trataremos de percorrer todas as parroquias de Ordes facendo chegar a mensaxe de cambio, confianza e prosperidade ante o futuro que encabeza Mariano Rajoy. A día de hoxe é cedo de máis para concretar que actos se celebrarán en Ordes. Temos en mente un cronograma de traballo e todo se decidirá e anunciará cando proceda. Trataremos de contar con algún dirixente destacado do Partido Popular para que se achegue a Ordes e participe nalgún dos nosos actos de campaña.

Pedirá Regos o voto para Alfredo Pérez Rubalcaba?
(Rí). Eu penso que non, pero quen sabe.... Se tanto tiña que agradecer, ó mellor algo queda. Él verá, pero algo me dí que Regos non voltará a beber nin mergullarse nunhas augas que lle causaron, ao apoiar públicamente ao candidato do PSOE á presidencia da Xunta de Galicia en 2009, o máis grave erro da súa vida política.

***

lunes, 1 de agosto de 2011

Próximanente...Entrevista con Martínez Sanjurjo

O portavoz municipal do Partido Popular de Ordes dará as súas claves do aillamento que sufre o goberno de Manuel Regos

Por que é posible o entendimento entre a oposición PP-BNG?


Que futuro ten o goberno de Regos?


Como vivirán os populares de Ordes a campaña electoral de Mariano Rajoy?


Proximamente en Ordessiete.

*

Cans de caza no Mesón do Vento


Participaron preto de duascentas xaurías chegadas de toda España

O recinto feiral de Mesón do Vento acolleu onte domingo a XIX edición da Feira de Cans de Caza de Ardemil organizada polo Concello de Ordes coa colaboración da Asociación Feira de Cans Amigos de Ardemil. Preto de duascentas xaurías de diferentes razas e chegadas de toda España, sobre todo da zona norte, déronse cita neste evento que xa se ten convertido nunha das feiras máis consolidadas do municipio.

A mañá contou, ademais de coa exposición das diferentes xaurías e estands con productos relacionados coa caza, cunha exhibición de cans de mostra da campiona de España de San Huberto, Ana Isabel Arbiol, así como unha degustación gratuíta de caza nos establecementos hosteleiros da zona.

Tamén se fixo entrega dos premios dos campeonatos celebrados o sábado, así como se premiou aos mellores exemplares de cada unha das razas participantes.


*

Boa música na XI Xuntanza de Corais celebrada este sábado


Os anfitrións foron os membros da Coral de Santa Cruz de Montaos

A Casa da Cultura de Ordes foi o escenario o pasado sábado dunha nova, e xa levan once, edición da Xuntanza de Corais. Organizada polo Concello de Ordes coa colaboración da coral polifónica de Santa Cruz de Montaos, contou coa participación de varios grupos corais, a Coral polifónica padronesa, a Coral de Trazo, o grupo Coral Castrosua, unha representación do coro parroquial de Ordes, e os anfitrións, a Coral de Santa Cruz de Montaos, que deleitaron coas súas pezas musicais a todos os asistentes.

*

sábado, 30 de julio de 2011

El éxito de UxO y el fracaso del BNG...¿o era al revés?

Por R. A. Landeira

Una de las primeras lecciones que se dan en los cursos de gestión empresarial es cómo sacar beneficio del éxito. Puede parecer una paradoja, pero haber logrado una victoria parcial y no saber gestionarla puede ser el camino recto hacia el fracaso final. Esto es lo que está sucediendo desde que el domingo 22 de mayo las urnas dieran a Manuel Regos la mayoría simple de los votos de los ordenses. Por el contrario, el BNG de Ordes estaba desolado. Presentaba el peor resultado jamás alcanzado por la formación nacionalista en una convocatoria municipal. Mientras UxO tocaba el cielo y vivía una borrachera de éxito, el BNG se hundía en el fracaso y la depresión.

Dos meses más tarde, qué paradoja, UxO está totalmente bloqueada y el BNG goza de una autonomía con la que nunca podría llegar a soñar a tenor del resultado electoral. ¿Por qué esto ha sucedido así? Por la gestión. UxO está fracasando estrepitosamente por su arrogante gestión individual; y el BNG, con su puñado de votos, está dando una lección de estrategia política, fuerza y entendimiento entre grupos a quien hasta ayer se creía el todopoderoso Regos.

El principio del fracaso del independiente empezó a las pocas semanas de creer ganar la alcaldía. Su brazo derecho, jefa de campaña, directora de comunicación, concejala de Educación y muchas otras cosas más en el Concello, Silvia Marín, tomaba contacto con los diferentes grupos con representación municipal buscando la adhesión de estos al programa de Regos. Primero, conversaciones –por dos veces- con el PP en el Hotel AC Palacio del Carmen de Santiago con la gente de Martínez Sanjurjo. Fracasó. Después, con los del BNG buscando la adhesión sí o sí en beneficio de todos. Fracasó de nuevo.

Por su parte y en paralelo, Roberto González, perro viejo en esto de la política municipal, trató durante aquellas primeras semanas y  como fuera, de bloquear una entente entre PP, BNG y CideGa que a punto estuvo de dejar a Regos en la oposición. Según me cuentan, el viernes 10 de junio por la noche, a pocas horas del nombramiento del alcalde, Regos no era el regidor. González esperó aquella noche a la puerta de la sede de los nacionalistas…Parece que tuvo éxito.

Así las cosas, en la sede de los independientes, el fracaso negociador de Marín se obvió y el éxito de González se amplificó. Un artificioso cóctel que les permitió felicitarse mutuamente y alzarse por los pelos y tras una desastrosa y vergonzosa ceremonia indigna de los ordenses, con el bastón de mando municipal. Allí no importaban las cerca de cien personas que testimoniaban la celebridad de la dignidad ordense. No. Allí lo único que importaba era que Regos saliera de allí con el bastón en la mano. Al precio que fuera. Los nacionalistas, callados, dieron pista a los de Regos esperando lo que inevitablemente iba a pasar y pasó.

El primer revés de los gordos para Regos vino el martes 5 de julio cuando el alcalde retiró, evitando así el esperado rechazo, una moción de los nacionalistas bloqueando las intenciones de Regos de gozar con una dedicación exclusiva de 29 000 euros anuales para su socio, Roberto González, y otra parcial de 16 220 euros para otro de sus concelleiros. Tratando de evitar que la noticia corriera como la pólvora por la villa, el alcalde veta la emisión de Radio Ordes donde se daba cuenta del fracaso y se levanta sesión en apenas 35 minutos. Todos los que allí estuvimos pudimos ver a los técnicos de Radio Ordes cómo sí grabaron la sesión plenaria.

El segundo round vendría esta misma semana con una goleada de Gonzalo Castro a Regos. Habrá normativa antitránsfugas y habrá auditoría externa en el Concello de Ordes. El alcalde se queda sin gente. Un Partido Popular que le detesta y un BNG que sonríe, quizá mofamente del fracaso de un éxito que está convirtiendo a Manuel Regos en la clase de político que él siempre despreció.

     *

viernes, 29 de julio de 2011

Varapalo a Regos: la Xunta rechaza declarar la Fiesta del Champiñón como de Interés Turístico de Galicia

A falta de noticias sobre este expediente por parte del Concello de Ordes, descubrimos que Turgalicia rechazó la solicitud


Durante el transcurso de la inauguración de Expo Ordes 2010, en abril del pasado año, el alcalde  Manuel Regos expresaba públicamente su intención de solicitar a la Xunta de Galicia que la Festa do Champiñón cuente con la declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia. Una vez presentada, pasados los seis meses que la Administración tiene para contestar y tras una nueva Festa do Champiñón 2011, no hay ni rastro de noticias sobre aquella solicitud. 


Según ha sabido este medio, la Consellería de Cultura de la Xunta de Galicia a través de Turgalicia rechazó esta solicitud, quedando la Festa da Troita del concello vecino de Oroso como la única de Interés Turístico de Galicia en toda nuestra comarca.


* 

REGOS SE QUEDA SOLO

Manuel Regos en Ordes, durante un mitin de apoyo al PSOE en las elecciones autonómicas del 2009. / Archivo.
El pleno de la corporación municipal saca adelante dos propuestas del BNG con el voto contrario del gobierno de UxO


El gobierno en minoría de Regos podría quedar bloqueado en cualquier momento


BNG y Partido Popular evidencian la ingobernabilidad de UxO en solitario

El pleno municipal de celebrado ayer jueves en la Casa do Concello dio ayer las primeras muestras de la gran debilidad y falta de apoyo del gobierno de Manuel Regos en solitario al no poder bloquear dos propuestas del BNG. El grupo nacionalista consiguió sacar adelante, con el apoyo de los votos del Partido Popular y CideGa, dos importantes mociones. La primera, instando una reforma del reglamento orgánico del Concello de Ordes que impida, entre otras, que los concejales que abandonen su grupo municipal para incorporarse a otros -conocido coloquialmente como transfuguismo- puedan verse beneficiados de derechos políticos o económicos. El gobierno de Unión por Ordes fue completamente incapaz de bloquear el consenso entre BNG, PP y CideGa y se quedó solo en el voto en contra de la moción. El PSdG-PSOE, a través de Xesús Pedreira, se abstuvo.

Respecto a la segunda, el BNG a través de su portavoz, Gonzalo Castro, solicitaba una auditoría externa de las cuentas del Concello de Ordes. Pese al informe que el secretario y el interventor municipal  presentaron alegando la incompetencia del pleno en la decisión de contratar una auditoría externa, lo cierto es que finalmente la moción salió adelante con los votos favorables de BNG, PP y CideGa frente a los en contra de UxO y la abstención del PSdG-PSOE.

También el pleno aprobó por unanimidad la moción presentada por Xesús Pedreira por la que se instará a la Xunta de Galicia a que firmen convenios con esta Administración con el objetivo de que se incluya una dotación económica para la protección de núcleos rurales y la realización de tratamientos preventivos en vías y caminos de titularidad municipal frente a los fuegos forestales. También se instará a la Xunta de Galicia a solicitar la reapertura de la caseta de vigilancia de Río de Sol, ubicada en Tordoia.

También se aprobó por unanimidad otra moción socialista por la cual se instará a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de la Xunta de Galicia a que resuelva los problemas de circulación de la carretera comarcal AC413 Ordes-Carballo.


Presupuestos 2012
Así las cosas, el concello de Ordes con un gobierno en minoría de los siete concejales de UxO podría encontrarse durante la legislatura con muy serias dificultades de poder ejecutar su programa electoral de mantenerse en solitario sin el apoyo de otros grupos municipales. Lo que cabría preguntarse ahora es qué hubiera pasado si ayer hubiera tenido lugar el debate de aprobación del presupuesto municipal 2012. De afrontarse a ese examen, que tendrá ocasión a lo largo del último trimestre de este año y extrapolando los resultados de ayer, Manuel Regos no podría aprobar su presupuesto lo que imposibilitaría, en buena medida, ejecutar su programa de gobierno. En consecuencia, el Concello de Ordes estaría gobernado, de facto, por la oposición.

*

Ordessiete abre as súas noticias aos comentarios dos lectores

Convidamos a todos a debatir a actualidade do noso concello nas nosas noticias


Os comentario poderán ser anónimos ou baixo nome ou seudónimo 

A partir de hoxe, os lectores de Ordessiete poderán participar libremente nas noticias publicadas neste blogue a través de comentarios. Estas intervencións poderán ser anónimas ou escritas baixo nome ou seudónimo.

*  

miércoles, 27 de julio de 2011

Orde do día pleno de mañá xoves 28 de xullo

Orde do día do pleno que terá lugar mañá xoves 28 de xullo ás 20:00 horas na sala de plenos da Casa do Concello de Ordes.
 
ORDE DO DÍA
 
PUNTO PRIMEIRO: APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA DA SESIÓN ANTERIOR
PUNTO SEGUNDO: INFORMES DA ALCALDÍA
PUNTO TERCEIRO: APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, ALTERACIÓN CALIFICACIÓN XURÍDICA CAMIÑO PÚBLICO QUE DISCORRE ENTRE A FINCA REFERENCIA CATASTRAL: 15060A504000140000LZ E FINCA DE REFERENCIA CATASTRAL: 15060A513012310000LH DO CATASTRO DE RÚSTICA.
PUNTO CUARTO: DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS E DECRETOS DA ALCALDÍA.
PUNTO QUINTO: MOCIÓNS
PUNTO SEXTO: ROGOS E PREGUNTAS

Castro pedirá auditar as contas do Concello

Reclama que unha empresa externa elabore un informe sobre a situación económica municipal

A obxectividade da auditoría estaría garantizada por unha comisión de seguimento 

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou hoxe que a súa formación política proporá a realización dunha auditoría externa sobre a situación económica do Concello de Ordes, coa creación dunha comisión de seguimento dos traballos da citada auditoría, que contará coa participación de todos os grupos municipais. Está proposta será debatida no pleno que terá lugar mañá xoves, ás 20:00 horas.

Castro manifestou que “os veciños e veciñas de Ordes deben coñecer cal é a situación económica real do Concello de Ordes, con absoluta transparencia, de aí que propoñiamos a contratación, por parte do pleno da corporación municipal, dunha auditoría económica externa”.

Comisión de seguimento
O portavoz do BNG salientou que “para garantir que os traballos de auditoría se realizan con total obxectividade, propoñemos a creación dunha comisión de seguimento, coa participación dun membro de cada grupo político con representación na corporación, que será a encargada de supervisar a realización de auditoría e de realizar un informe coas conclusións da mesma para a súa aprobación por parte do Pleno”.

Castro xustificou esta proposta debido a que “hai que poñer freo á xestión absolutamente caótica e irresponsábel do alcalde, que ten colocado ao concello nunha situación crítica, debido ao destrago de recursos públicos, cun aumento da débeda até os nove millóns de euros, que sigue a impedir atender o pago das débedas cos proveedores, ocasionando un grave quebranto económico aos autónomos e ás empresas do noso Concello”. 

*

Pedreira denuncia o abandono das políticas de prevención de lumes no rural ordense

Xesús Pedreira, do PSOE de Ordes // Arq.

O concelleiro socialista reclama un convenio coa Xunta de Galicia que posibilite eliminar riscos coma o acontecido fai uns días á beira da piscina cuberta

Pide tamén a apertura da caseta de vixianza de Tordoia 

O concelleiro socialista Xesús Pedreira explicou hoxe que solicitará mañá xoves ao pleno municipal a adopción dun acordo para instar ao Concello de Ordes a que solicite a sinatura urxente dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para garantir a protección e a seguridade fronte aos lumes dos veciños dos núcleos rurais ordenses. Pedreira denuncia que nos últimos dous anos “a Xunta só fai convenios para o desbroce das vías municipais, que non só non cubren o custe dos traballos senón que deixan sen convenio aos núcleos rurais”.

O concelleiro considera que esta situación é un risco para os veciños de Ordes e para os seus bens, “como ben se demostrou hai uns días nun incendio acontecido á beira da piscina municipal cuberta, na que os veciños e os seus bens quedaron expostos ao lume”. O concelleiro socialista denuncia os recortes en materia de xestión forestal e de prevención de incendios por parte da Xunta, que acada os 22 millóns de euros nos exercicios 2010 e 2011 e que supuxo “o abandono das políticas de ordenación forestal e de prevención de incendios para o rural de Ordes”.

Apertura da caseta de vixianza
Polo tanto, os socialistas ordenses esixen a sinatura urxente dun convenio de colaboración co Concello de Ordes que inclúe unha dotación económica para a protección dos núcleos rurais e a realización de tratamentos preventivos en vías e camiños de titularidade municipal. Asimesmo, solicitan a apertura da caseta de vixianza do Distrito 3 de incendios forestais de Río do Sol, ubicada no veciño concello de Tordoia.

“Esta caseta é moi importante para a detección dos lumes no municipio de Ordes e limítrofes, xa que as outras casetas deste distrito non vén os lumes no concello de Ordes e iso fai que cando se dean as alarmas xa os incendios sexan de difícil control”, explica Xesús Pedreira. Finalmente, os socialistas tamén instarán á Deputación Provincial a que tome as accións precisas para controlar as faixas de xestión da biomasa vexetal ao longo da rede viaria provincial en Ordes para garantir a seguridade fronte aos lumes forestais.

Cruce na CL-4130 Ordes-Carballo
Por outra banda, o concelleiro socialista presentará tamén na sesión plenaria de mañá unha moción para instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a que resolva os problemas de circulación ocasionados aos veciños de Castenda e Cestaños como consecuencia da remodelación realizada pola Xunta á altura do quilómetro 14,300 da estrada comarcal CL-4130 Ordes-Carballo. Unhas obras que anularon o antigo cruce da CL-4130 coa pista de circulación Castenda-Cestaños.

Xesús Pedreira explica que a eliminación deste cruce fai que os veciños de Castenda e Cestaño teñan que desviarse por unhas pistas moi estreita que “no caso de conducir un tractor articulado fan inevitable invadir o sentido de circulación oposto para a súa incorporación á CL-4130, pois esta pista remata en pico de frauta e supón un grave risco para a integridade física destes veciños”. Por iso, o concelleiro socialista solicitará a elaboración dun estudio técnico que permita dar unha solución de garantías para estes veciños.

* 

Segue aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación


Preto dun cento de nenos e nenas ordenses participan ata o vindeiro venres na primeira quenda destes cursos na piscina 


Preto dun cento de rapaces ordenses están a participar durante este mes de xullo na primeira das quendas dos cursos de natación que se celebran na piscina municipal de O Muíño e que rematará o vindeiro venres. A estes cursos seguirá durante o mes de agosto unha nova quenda para a que todavía está aberto o prazo de inscrición. Todos aqueles que estean interesados en participar nestes cursiños o vindeiro mes, poden realizar todavía a súa inscrición no departamento de Cultura e Deportes do Concello.

Os prezos destes cursos, que se desenvolverán durante as mañás, serán de 12,55 euros ao mes para os nenos e nenas de 3 a 15 anos, e de 18,80 euros ao mes para os participantes de 16 anos en diante.
Para que se leven a cabo os cursos deberá xuntarse un grupo mínimo de 15 persoas.

Ata o 15 de setembro
Por outra banda, as instalacións da piscina municipal de O Muíño permanecerán abertas ata o vindeiro 15 de setembro todos os días de 11:00 a 21:00 horas. En canto aos prezos das entradas, os abonos para toda a tempada, que todavía se poden solicitar no departamento de Cultura e Deporte do Concello, son de 6,27 euros para os nenos de 3 a 15 anos, e de 12,54 euros para os aboados de 16 anos en diante.
As entradas puntuais para as persoas que non conten co abono da tempada, será de 0,65 euros ao día para os nenos de 3 a 15 anos, e de 1,25 euros ao día para as persoas de 16 anos en diante.

Como en anos anteriores as instalacións contan cun servizo de bibliopiscina para que os usuarios poidan, ademais de disfrutar da piscina, empregar este tempo de ocio tamén á lectura de libros para todos os gustos e idades, así como de xornais.

*

martes, 26 de julio de 2011

Castro proporá no pleno este xoves un documento antitránsfugas

Tratará de evitar que os concelleiros que abandonen o seu grupo municipal poidan obter beneficios económicos e políticos

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou hoxe que a súa formación política defenderá no pleno ,que se celebrará este xoves, ás 20:00 horas, unha reforma do regulamento orgánico do Concello de Ordes co obxectivo de evitar que os concelleiros tránsfugas poidan obter beneficios económicos e políticos polo abandono do seu grupo político.

Gonzalo Castro manifestou que “o actual regulamento orgánico do Concello, que foi impulsado polo actual alcalde, permite a existencia de situacións nas que os tránsfugas poden ver incrementadas as súas percepcións económicas e os seus dereitos políticos con respecto aos que tiñan cando estaban no seu grupo político”.

O portavoz do BNG lembrou que “o pacto antitransfuguismo, asinado por todos os partidos políticos, estabelece que os dereitos económicos e políticos dos concelleiros tránsfugas non poderán ser superiores aos que lles corresponderían de permanecer no seu grupo político, mais o alcalde de Ordes, facendo oídos sordos a ese pacto, aprobou un regulamento orgánico que segue a permitir que o tránsfuga poida beneficiarse da súa situación”.

Prohibido gañar máis 
Castro anunciou que a proposta do BNG para a reforma do Regulamento Orgánico estabelecerá “a prohibición de que os concelleiros que abandonen o seu grupo político poidan ver mellorados os seus dereitos económicos e políticos”.

*

O mercado agrario do Mesón do Vento acolle un curso de motoserrista


Participan 15 alumnos do Centro Penitenciario de Teixeiro

Organizado pola Fundación Érguete- Integración dentro do programa Reincorpora a través dun convenio entre a Obra Social La Caixa e Instituciones Penitenciarias


A Fundación Érguete-Integración deu comenzo hoxe no mercado agrario comarcal de Mesón do Vento a un curso de motoserrista dentro do Programa Reincorpora, (Convenio entre Obra Social “La Caixa” e Instituciones Penitenciarias), para a inserción laboral de persoas privadas de liberdade, en concreto con 15 alumnos/as do Centro Penitenciario de Teixeiro (Curtis).

Centro homologado
O Concello de Ordes colabora nestas acccións sociais poñendo a disposición destas entidades un centro homologado pola Consellería de Traballo e Benestar  para a formación, o mercado agrario comarcal, recinto no que ten lugar este curso. Esta iniciativa consta de 280 horas lectivas e desenvolverase ata o vindeiro 5 de outubro, en horario de 09:30 a 15:30 horas.

Ao finalizar o período de formación, os/as alumnos/as que o superen satisfactoriamente recibirán un certificado da entidade impartidora, Arbogal, especificando o programa do curso, contidos teóricos e prácticos.

*

viernes, 22 de julio de 2011

Viva o verán cultural!


Todo preparado dende o 30 de xullo ao 19 de agosto para un amplo abano de actividades que inclúe música, humor, títeres, maxia e teatro para todos os públicos
 
Ordes ten preparado un amplo programa de actividades enmarcadas dentro do “Verán Cultural” que cada ano se prepara con motivo desta época estival. Unhas actividades que incluirán música, humor, títeres, maxia e teatro para todas as idades.

O escenario elexido para a maior parte destes espectáculos será, como vén sendo habitual, a Alameda de Ordes, en pleno centro urbán, aínda que en caso de choiva as que estean programadas ao aire libre trasladaranse á Casa da Cultura. As actividades darán comenzo o vindeiro día 30 de xullo e prolongaranse ata o 19 de agosto, incluíndo ademais a celebración das festas patronais da vila do 14 ao 17 de agosto, e o Festival Brincadeira os días 11, 12 e 13 de agosto.

Programa de actividades
 - Sábado 30 de xullo: Certame de Corais ás 21:00 horas na Casa da Cultura
- Domingo 31 de xullo: Espectáculo de clown Trasno ás 20:00 horas na Alameda.
- Luns 1 de agosto: Espectáculo de maxia co mago Cayetano Lledó ás 20:00 horas na Alameda.
- Martes 2 de agosto: Teatro Infantil “Ringo Rango” ás 20:00 horas na Alameda.
- Mércores 3 de agosto: Noite de Folk “Matamá Ensemble” ás 21:30 horas na Alameda de Ordes.
- Xoves 4 de agosto: Títeres As Aventuras de Polichinela con “O espello de Francisquiña” ás 20:00 horas na Alameda.
- Venres 5 de agosto: Festival de Curtas Cinestable ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
- Sábado 6 de agosto: Certame de Bandas ás 20:00 horas na Alameda.
- Domingo 7 de agosto: Día da Muiñeira ás 20:00 horas na Alameda.
- Luns 8 de agosto: Espectáculo de maxia co Mago Teto “O afiador” ás 20:00 horas na Alameda.
- Martes 9 de agosto: Día do Neno con inchables, obradoiros, animación e festa da espuma no campo da feira a partir das 17:00 horas.
- Mércores 10 de agosto: Clown “Viaxes” ás 20:00 horas na Alameda.
- Xoves 11 de agosto: Títeres As Aventuras de Polichinela con “Titor de Pierrot” ás 20:00 horas na Alameda.

Ademais comenza o Festival Brincadeira.
- Venres 12 de agosto: Festival Brincadeira.
- Sábado 13 de agosto: Festival Brincadeira.
- Domingo 14 de agosto: Festas patronais da vila de Ordes
- Lunes 15 de agosto: Festas patronais da vila de Ordes.
- Martes 16 de agosto: Festas patronais da vila de Ordes.
- Mércores 17 de agosto: Festas patronais da vila de Ordes.
- Xoves 18 de agosto: Teatro infantil “A lenda do Frautista Máxico” ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
- Venres 19 de agosto: Teatro afeccionado de Ordes “Só pasa unha vez na vida” ás 21:30 horas na Casa da Cultura.

*

Os peregrinos toman Ordes

O Camiño Inglés a Compostela atravesa a parroquia ordense de Buscás.

Os polideportivos ordenses albergaron a centos deles no que vai de ano

Chegados de diferentes partes de Galicia, e sobre todo, do resto de España e do extranxeiro


Ordes, municipio polo que pasa unha das rutas do Camiño de Santiago, recibiu no que vai deste ano a centos de peregrinos, que en moitos dos casos pasaron a noite nalgún dos polideportivos que o Concello de Ordes pon a disposición dos camiñantes.

Así, dende o pasado mes de abril, os pavillóns polideportivos ordenses, albergaron arredor de 300 peregrinos, que ou ben en grupo ou ben sós elixiron facer o Camiño Inglés para peregrinar a Santiago de Compostela.

Uns peregrinos que veñen de diferentes partes tanto de Galicia como do resto de España. Así, no mes de abril, pasaron por Ordes un grupo de 40 persoas do colexio Compañía de María de Santiago e outro grupo de 70 persoas chegados dende Porto en Portugal. No mes de xullo tamén pernoctaron nos polideportivos do municipio medio cento de rapaces e adultos do colexio Santa Victoria de Córdoba, e outras 50 persoas do colexio San Ignacio de San Sebastián. A estes grandes grupos sumáronse ademais peregrinos que ben en solitario ou en grupos máis pequenos tamén escolleron Ordes como unha das súas paradas nesta ruta xacobea, así como aqueles que aínda que non pernoctaron pasaron polo municipio.

Chegarán máis en agosto
De cara ao vindeiro mes de agosto está prevista xa a chegada doutros dous grupos de peregrinos, un composto por 30 persoas do colexio Santa Victoria de Córdoba que repite experiencia, e outro da Fundación Marcha Universal de Santiago.

Para todos os peregrinos que o soliciten previamente, o Concello de Ordes pon á súa disposición para pasar a noite dous pavillóns polideportivos, o pavillón de Mesón do Vento e o pavillón Castelao.

*

miércoles, 20 de julio de 2011

Derradeira das charlas antialcol


Terá lugar mañá xoves ás 19:30 horas na Casa da Cultura


O Concello de Ordes celebrará mañá xoves 21 de xullo a derradeira das charlas enmarcadas dentro do programa Faro de prevención do alcol que leva a cabo o Concello e que está financiada pola Deputación da Coruña.

Nesta ocasión a charla tratará sobre os contidos da Lei de prevención do consumo de bebidas alcólicas en menores de idade. Charla que impartirá José Ignacio Vázquez Rodríguez, psicólogo experto en drogodependencias, e que se celebrará ás 19:30 horas na Casa da Cultura.

Colectivos afectados 
Estas charlas promovidas polo Concello de Ordes a través do programa Faro están dirixidas á poboación en xeral, e especialmente, a colectivos afectados ou en risco de estalo, familias e profesionais que traballan no ámbito desta problemática. Dende o Concello animan aos veciños e veciñas a que participen nesta actividade.

Os interesados en recibir máis información poden facelo no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes ou chamando ao 981680002.

*