martes, 27 de octubre de 2009

Intentando concienciar aos adolescentes co teatro sobre a seguridade viaria

.
Pasoulle a Marcos buscou concienciar aos adolescentes cos accidentes de tráfico nas noites da 'movida'

O auditorio da Casa da Cultura acolleu onte unha obra de teatro dirixida aos estudantes de ensino secundario da vila. Foron máis de 150 os alumnos e alumnas ordenses, concretamente 94 do IES nº 1 e 65 do IES Maruxa Mallo, os que acudiron a esta cita coa dramaturxia, que ademais quixo concienciar aos adolescentes sobre un tema tan de actualidade como os accidentes de tráfico tralas noites de 'movida'.

Pasoulle a Marcos, intenta reproducir unha situación real das fins de semana onde os xóvenes se reúnen, charlan e beben alongando as noites, ás veces, en condicións non idóneas para a conducción polo consumo de alcohol ou de substancias estupefacientes, o que pode desembocar, como nesta ocasión, nun accidente de tráfico. Na obra recréase como actúan os servizos de emerxencia ante esta situación ou o sufrimento de familiares e amigos polo sucedido, co fin de facer ver aos mozos e mozas que un accidente non é só un golpe no coche.

Colaboraron varios membros da policía local
A compañía 'O Ruiseñor' foi a encargada de escenificar a representación na que colaboran tamén membros de policías locais, bombeiros, Cruz Vermella, así como a Unidade de Lesionados Medulares do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.

Esta obra foi programada pola concellería de Cultura do Concello de Ordes, que dirixe José Ramón Vázquez Raña, e que chegou ao municipio da man da Deputación da Coruña.

*

Antonio Mouriño e Macarena Pallas, orgullo dos ordenses

.
Eles son o profesor Antonio Mouriño Mosquera, premiado no Congreso Internacional sobre Vitamina D; e a moza Macarena Pallas Rodríguez, Premio Nacional de Bacharelato

O alcalde, Manuel Regos, aproveitou o pleno municipal ordinario celebrado esta mañá para enviar sendas felicitacións a dous veciños de Ordes polos seus éxitos profesionais e académicos. Trátase do profesor Antonio Mouriño Mosquera, que foi galardoado en Bruxas (Bélxica) polos seus traballos sobre as propiedades da vitamina D para o tratamento do cancro; e de Macarena Pallas Rodríguez, estudiante que vén de conseguir o Premio Nacional de Bacharelato.

Regos destacou o traballo do profesor Antonio Mouriño Mosquera, natural de Ordes e catedrático de Química na Universidade de Santiago de Compostela. Mouriño Mosquera dirixe o departamento de Química Orgánica da USC e traballa no deseño e síntese de derivados da vitamina D para o tratamento do cancro. Os análogos desenvolvidos por Antonio Mouriño e o seu equipo ofrecen unha elevada acción antiproliferativa das células tumorais e unha baixa acción calcémica, propia da substancia natural que, en exceso, pode resultar perxudicial para a saúde.

Mouriño Mosquera recibiu este galardón en Bruxas (Bélxica) durante a celebración do máis importante congreso internacional sobre Vitamina D. Unha distinción que lle foi entregada polos presidentes deste congreso: os profesores Anthony Norman, da Universidade de California, e Roger Bouillon, da Universidade de Lovaina.

Premio Nacional de Bacharelato
Así mesmo, Manuel Regos destacou tamén a figura de Macarena Pallas Rodríguez, veciña de Lesta que vén de conseguir o Premio Nacional de Bacharelato. Macarena cursou os seus estudos no IES nº 1 de Ordes, que rematou coa calificación de Matrícula de Honra (cunha media de 9,8) e que despois conseguiría un 9,58 nas probas de acceso á universidade. Unhas calificación que fixeron que o Concello de Ordes xa lle realizara unha homenaxe canda outras dúas alumnas do IES Nº 1 por seren tres dos mellores expedientes académicos de Galicia.
_____

Foto: O profesor Mouriño recibindo o galardón no Congreso Internacional sobre Vitamina D en Bruxas (Bélxica).

*

domingo, 25 de octubre de 2009

O BNG vai pedir que Sogama non lle cobre a Ordes pola recollida do lixo

.
Os nacionalistas consideran "inxusto" que os veciños paguen unhas elevadas taxas por recollida do lixo "cando a planta incineradora estalles causando graves perxuizos e molestias"

Castro pide a reducción da taxa municipal por recollida de lixo "en proporción ao aforro no custo do servizo que vai supoñer a eliminación do pago a Sogama"

O BNG de Ordes presentou unha moción que será debatida no Pleno do vindeiro martes na que insta ao goberno municipal a solicitar de xeito inmediato a Sogama a renegociación do contrato para a recollida e tratamento do lixo co Concello de Ordes, estabelecendo o mesmo como gratuito, en compensación polas molestias e os perxuizos orixinados aos veciños deste Concello pola planta incineradora.

Así mesmo, os nacionalistas instan ao goberno a reducir as taxas municipais por recollida de lixo que se están cobrando aos veciños, en proporción ao aforro no custo do servizo que vai supoñer a eliminación do pago a Sogama.

Ademais, segundo Castro, “o cobro por parte de Sogama pola recollida e tratamento do lixo de Ordes tamén resulta inxustificado se temos en conta a proximidade do Concello coa planta, o que reduce substancialmente o custo do transporte do lixo á mesma”.
.
"Un auténtico agravio a Ordes"
O portavoz nacionalista incidiu en que “o BNG agarda que todos os grupos políticos apoien esta proposta, xa que os veciños de Ordes non deben soportar máis tempo esta situación, que supón un auténtico agravio a un pobo que está a sufrir as molestias da existencia dunha planta de tratamento de residuos sen recibir compensación de ningún tipo”.

Finalmente, Castro criticou que “desde o punto de vista ambiental, Sogama insiste na incineración dos resíduos sólidos urbanos co fin da valorización enerxética dos mesmos, sen ter en conta outros princípios reitores no tratamento do lixo de maior importancia ecolóxica, como a reducción, reutilización directa e reciclaxe de resíduos, a compostaxe, e a proximidade no tratamento, que ademais de supór un modelo de xestión máis sostíbel ambientalmente, traduciriase nunha contención de custos.”
.
A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
“Resulta inadmisíbel que ademáis de ter que sufrir estas molestias e perxuizos, os veciños teñan soportado unha considerábel subida das taxas por recollida do lixo nos últimos anos, chegando mesmo a duplicarse nalgúns casos”
_____

Foto: Un camión de Sogama atraviesa o centro da vila de Ordes.


*

O Concello pon a disposición das escolas da vila un contenedor de reciclaxe de móbiles

.
Poderán solicitar data na concellería de Medio Ambiente para albergar os contenedores de recollida destes materiais reciclables

Máis do 90 por cento dos compoñentes dun teléfono móbil son reciclables

O Concello de Ordes vén de informarlles aos distintos centros educativos do municipio de que xa está aberto o prazo de solicitude dos contenedores de recollida de residuos de telefonía móbil e CD´s/DVD´s, nos que Ordes participa dende principios de 2009 a través do programa 'Ordes Recicla'.

Deste xeito, os centros educativos ordenses deberán dirixirse nos vindeiros días á concellería de Medio Ambiente para reservar a data que desexen. De feito, durante a pasada primaveira, o Concello de Ordes xa levou de xeito experimental algúns destes contenedores a centros educativos como o do Mesón do Vento, e o resultado foi moi satisfactorio.

Tragamóvil e Cederika
Ordes foi o primeiro concello da provincia da Coruña que instalou dous contedores para a reciclaxe de móbiles, mp3, PDA´s e accesorios de telefonía. Un deles está permanentemente na entrada da casa consistorial, mentras que o segundo será o que rote polos colexios e institutos de Ordes. Estes contedores forman parte da campaña Tragamóvil, posta en marcha pola Asociación Multisectorial de Empresas Españolas de Electrónica y Comunicaciones (ASIMELEC), cuxo obxectivo é recoller de forma selectiva este tipo de residuos e aproveitar os compoñentes dos mesmos. De feito, máis do 90 por cento dos compoñentes dun teléfono móbil son reciclables (cobre, aluminio, ferro, plástico) e, ademais, evítase o verquido das baterías ao medio ambiente.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente
“A idea é que os centros de ensinanza de Ordes alberguen de xeito provisional nas súas instalacións os contenedores de recollida, de xeito que tanto alumnos como profesores poidan participar nestas iniciativas de fomento da reciclaxe”
____

Foto: Campaña de reciclaxe de móbiles no Mesón do Vento

*

jueves, 22 de octubre de 2009

Roberto González, invitado en la presentación oficial del Xacobeo 2010

Participó en la gran foto de familia presidida por Alberto Núñez Feijóo; el conselleiro de Cultura, Roberto Varela; y el alcalde compostelano, Xosé A. Sánchez Bugallo


La presentación oficial del Xacobeo 2010 el pasado martes en el Pazo de Congresos de Santiago, contó con la presencia de nuestro concelleiro de Obras y Deportes, Roberto González.
.
Entre los numerosos invitados, buena parte de ellos miembros del gobierno de Alberto Núñez Feijóo, quien fuera vicepresidente de la Deputación da Coruña y candidato a la alcaldía de Ordes por el Partido Popular en 1999, ocupó un lugar de privilegio en este importante acto.

González, que fue invitado a la presentación a título personal, también fue convidado a participar en la gran foto de familia de este Xacobeo 2010, tal como se aprecia en la imagen superior, lo que viene a ratificar las excelentes relaciones que mantiene González en la actualidad con el Partido Popular de Galicia.

*

Esta tarde, debate en Radio Ordes sobre la situación de la educación Infantil y Primaria de Ordes

A las 17 horas en Radio Ordes

Silvia Marín (Concelleira educación)Paz Robado (Directora CEIP Castelao)Marisa Cela (Vocal da ANPA Castelao)Mercedes Barros (directora Campomaior)Conchi Muiño (Tesoreira ANPA Campomaior)

Modera: Pablo Quinteiro (Director Radio Ordes)

Temas que se abordarán: Eliminación barreras arquitectónicas, apoyo del cuadro de profesorado con profesores de apoyo de cara a los alumnos deficientes con necesidades educativas especiales, déficit, carencia y deterioro de las infraestructuras de los centros educativos ordenses, presupuestos cara este nuevo curso, preguntas planteadas en la Mesa del Parlamento por parte de grupos políticos.

*

Pedreira: “As podas dos plátanos réxense polas recomendacións dos especialistas"

.
Unha enxeñeira de montes recomenda a poda desta especie a finais de verán ou inicios de outono

Pedreira: "As afirmacións realizadas polo concelleiro do BNG, Ramiro Recouso non son máis que demostracións da súa completa ignorancia sobre o tema"

O concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, asegura que “as podas dos plátanos da Alameda, así como calqueroutra que se realice no municipio, réxense polas recomendacións dos especialistas”. Neste sentido se pronuncia tamén un informe da enxeñeira de Montes Verónica Rodríguez Vicente, consultada polo Concello de Ordes, e que especifica que “partido da propia fisioloxía da especie, o plátano de sombra ten unha presión de zume a comezos da primavera, polo que é claramente máis convinte e menos perxudicial para a vindeira brotación a poda de finais de verán-inicios de outono”.

Xesús Pedreira considera que as afirmacións realizadas polo concelleiro do BNG Ramiro Recouso, que un ano máis critica a poda dos platanos da Alameda e mesmo chega a cualificalas de “atentado contra o patrimonio natural de Ordes”, non son máis que demostracións da súa completa ignorancia sobre o tema. “Se os especialistas nos din que hai que podar a inicios de outono, non imos podar en inverno para darlle o gusto ao señor Recouso”, explica o concelleiro de Medio Ambiente, “xa que dende o Concello de Ordes nos deixamos aconsellar por aqueles técnicos que saben do que falan”.

A poda do plátano, no inicio do outono
Neste sentido, dende a Concellería de Medio Ambiente lembran que non existe unha época concreta axeitada para a realización de podas, xa que existen numeroso tipos de árbores, polo que existe unha época do ano máis axeitada con respecto a outras en cada especie. Época que, no caso dos “Platanus x hybrida Brot.” (plátanos de sombra) situados na alameda de Ordes, non é outra ca o inicio do outono, “que é cando se está a levar a cabo”.

Informe de Verónica Rodríguez Vicente
Enxeñeira de Montes, colexiada nº 3376 do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Montes de Madrid

Especie Platanus x hybrida Brot. (plátano de sombra)

Época de poda
Non existe unha época concreta axeitada para a realización de podas, dado que existen numerosos tipos de poda e de árbores/ arbustos a podar: dependendo da especie arborada/ arbustiva, existe unha época do ano máis axeitada con respecto a outras para a poda.

Sen embargo, non é convinte podar:
- Durante a brotación primaveral cando a árbore está brotando, posto que movilízanse grandes cantidades de nutrintes que poderían perderse co corte.

- En outono coa caída da folla, período de baixada de zume. A árbore estará recollendo tódalas substancias útiles das follas e estará acumulándoas en zonas de reserva no tronco, ramas e raíces; así, a árbore estará preparándose para pasalo inverno en estado de repouso.

Se practicamos a poda nese momento, a saúde da árbore verase comprometida para a vindeira brotación primaveral

- Durante o invierno, as árbores caducifolias pararán a súa actividade vexetativa, incluido o peche de feridas e mecanismos de defensa precisos

- Durante a primaveira e o verán, posto que o cerre e a cicatrización de feridas será máis rápido, pero os patóxenos contarán cunhas condicións máis favorables para o seu desenvolvemento.

Para as árbores ou arbustos caducifolios, como as frondosas, a mellor época de poda adoita ser xusto antes do comezo da actividade vexetativa, é dicir, a principios da primaveira, dado que a cicatrización é máis rápida. Sen embargo, considerando a premisa coa que se inicia o presente informe e partindo da propia fisioloxía da especie, o plátano de sombra (ao igual que outras especies como a nogueira, o bidueiro ou o pradairo) ten unha presión alta de zume a comezos da primaveira (actividade vexetativa), polo que é claramente más convinte -menos perxudicial para a vindeira brotación-, a poda de finais de verán- inicios de outono.

En Santiago de Compostela, a 21 de outubro de 2009
Asdo. Dª Verónica Rodríguez Vicente
Enxeñeira de Montes, colexiada nº 3376 (Madrid).
_____

Foto: A poda alcanzaba a día de hoxe aos plátanos da rúa Nova.

*

martes, 20 de octubre de 2009

Críticas nacionalistas a suposta poda "extemporánea" das árbores do parque municipal

.
Ramiro Recouso considera que "non se está facendo nin na época nin con supervisión de persoal cualificado"

O concelleiro do BNG Ramiro Recouso, criticou a poda das árbores do parque municipal polo que considera “que o goberno municipal de Manuel Regos, atenta una vez mais contra o patrimonio natural de Ordes”.

Segundo o concelleiro o “a poda das árbores estase facendo de xeito extemporáneo, xa que se tiña que ter esperado ao inverno, e sen o seguimento de persoal cualificado”.

Para o concelleiro nacionalista “o goberno municipal está actuando con temeridade e cun total desprezo pola conservación das árbores, o que está ocasionando danos irreparábeis nas mesmas”.
____

Foto: A neve cubriu as árbores do parque municipal no pasado mes de xaneiro.


*

A Mancomunidade saca a concurso o servizo de axuda a domicilio

.
O contrato ten un importe de 332.000 euros anuais e as empresas interesadas deberán presentar ofertas antes de 15 días

Actualmente son 57 os veciños e veciñas de Frades, Ordes e Oroso usuarios deste servizo de axuda no fogar

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe o anuncio do procedemento aberto para a adxudicación do servizo de axuda a domicilio na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes . Un contrato que terá un ano de duración, prorrogable ata un máximo de catro anos, e por un importe de 332.710 euros/ano (IVE excluido).

O prazo de presentación de ofertas remata aos quince días naturais contados a partir do seguinte á publicación do edicto, é dicir, o vindeiro mércores 4 de novembro. As propostas deberán presentarse no Rexistro Xeral da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, situada na rúa Alfonso Senra (Ordes), en horario de 10:00 a 14:00 horas. Máis información e recollida de documentación na propia sede da Mancomunidade, situada nos baixos da Casa do Concello de Ordes, ou a través do teléfono 981 68 01 57.
Para veciños que estean en situacións delicadas
Un total de 57 veciños e veciñas dos municipios de Frades, Oroso e Ordes benefícianse na actualidade do servizo de axuda a domiclio. O pasado mes de xullo aprobouse unha modificación das ordenanzas e das taxas deste servizo, un programa que ten como obxecto prestarlles un conxunto de atencións aos veciños que estén en situacións nas que teñen limitada a súa autonomía persoal ou en casos de desintegración familiar.

Un servizo que inclúe atencións de carácter persoal na realización das actividades da vida diaria tales coma asistencia para erguerse e deitarse, apoio no coidado e hixiene persoal, contro do réxime alimentario e axuda para alimentarse (se fose preciso), supervisión das rutinas de administración dos medicamentos prescritos polos médicos, apoios para cambios posturais...

As frases de Miguel Prado, presidente da Mancomunidade
"Grazas a esta modificación, os usuarios gozarán dunha importante mellora do servizo, xa que se prestará dous días máis á semana e se inclúen tamén os festivos”

“A Mancomunidade de Ordes está a facer un esforzo moi grande, incrementando as súas aportacións ao programa, para que supoña un abaratamento do prezo final que teñen que pagar os usuarios”

*

sábado, 17 de octubre de 2009

Pedreira: "As posibilidades de curar o cancro de mama dependen da precocidade no diagnóstico"

.
O Concello de Ordes conmemorará este luns o Día Nacional contra o Cancro de Mama cunha campaña informativa e preventiva sobre esta doenza que terá lugar ao longo de cinco días: do 19 ao 23 de outubro

Colaborará coa concellería de Sanidade, Emilia Vázquez, presidenta de AECC Ordes; e Jacobo Laya, responsable do centro de saúde

O obxectivo é que os veciños e veciñas se conciencien da importancia que ten a prevención temprana desta enfermidade

Así, durante todas as mañás, entre o 19 e o 23 de outubro, o Centro de Saúde de Ordes acollerá unha mesa informativa onde se resolverán todas as dúbidas das persoas que se acheguen por esta instalación sanitaria. Ademais, o venres 23 de outubro, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Ordes acollerá unha charla sobre como previr o cancro de mama. Unha charla que este ano impartirá Marcos Calvo Martínez, psicólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, e que tradicionalmente é unha das que máis público reúne de cantas se celebran anualmente en Ordes. De feito, nas dúas últimas edicións o auditorio da Casa da Cultura mesmo se quedou pequeno para albergar a tantos asistentes.

Estas actividades están organizadas pola Concellería de Sanidade, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (AECC) e o Centro de Saúde de Ordes. Xesús Pedreira agradece “a gran e sempre boa predisposición a colaborar neste tipo de campañas por parte da presidenta en Ordes da AECC, Emilia Vázquez Pardo, e o responsable do centro de saúde de Ordes, Jacobo Laya”.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade
“O noso obxectivo con esta campaña é que os veciños e veciñas de Ordes se conciencien da importancia que ten a prevención temprana desta enfermidade”

“A detección temprana é a mellor prevención, pois o cancro de mama é unha das poucas enfermidades cancerosas que se poden diagnosticar precozmente, é dicir, antes de que se note ningún síntoma”

Xesús Pedreira Mirás, ademais de tenente de alcalde de Ordes e concelleiro delegado de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade dende maio de 2007, é Diplomado en Enfermería. É especialista en Análisis Clínicos no CHUS (Santiago de Compostela) e Presidente da Asociación Española de Enfermería (EAC). Foi presidente do Colexio de Enfermería de A Coruña, e é ademáis Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais e Experto universitario en Xestión de Residuos pola Universidade de Cádiz.

*

viernes, 16 de octubre de 2009

Seremos nós mesmos quenes saibamos facer un chequeo ao noso medio ambiente

.
O Concello pon en marcha o programa 'Ordes SOStible', que inclúe actividades de educación para a sustentabilidade

Xesús Pedreira: "O obxectivo é conseguir unha ampla implicación da poboación sobre os problemas, estratexias e proxectos a realizar a prol do noso medio ambiente”

A concellería de Medio Ambiente de Ordes vén de poñer en marcha o programa 'Ordes SOStible', que inclúe un ciclo de actividades de educación para a sustentabilidade que foi presentado hoxe no Concello. Un acto que contou coa participación do alcalde de Ordes, Manuel Regos; do concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira; e de Verónica Iglesias, de Ciencia Divertida-OBZ Consulting.

Dende este sábado e ata mediados do mes de novembro realizaranse distintos obradoiros formativos, circuitos científicos de actividades experimentais e foros de participación.
A primeira cita terá lugar este sábado 17 de outubro, ás 18:00 horas, no Centro Comarcal de Ordes. “Será un foro de participación cidadá, ao que están invitadas asociacións de veciños e empresarios, para falar sobre a sustentabilidade en Ordes”, explica Xesús Pedreira.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente
"As actividades que se contemplan neste programa son de educación, formación e participación cidadán, especialmente dos adultos pois os rapaces e rapazas de Ordes xa teñen participado en numerosas actividades de sensibilización medioambiental”

“Con este programa pretendemos conseguir unha ampla implicación e participación dos veciños e veciñas de Ordes en torno a un debate sobre cales son os principais problemas que adoece o territorio, sobre cales son as estratexias que se deberían poñer en marcha e así poder chegar a proposicións sobre proxectos a realizar. Trátase de establecer unha responsabilidade compartida entre gobernantes locais, asociacións e organizacións de Ordes”
_____

Foto: Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente; Manuel Regos, alcalde de Ordes; e Verónica Iglesias, de Ciencia Divertida-OBZ Consulting

*

Os discapacitados, un pouco menos 'discapacitados' da man de Silvia Marín

.
O Concello inicia un curso anual de habilidades sociais para que estas persoas aprendan a valerse por si mesmos na vida cotiá

Silvia Marín: "A formación que van recibir estes veciños e veciñas vai ser fundamental de cara á súa propia socialización"

Un total de doce persoas con dicapacidade (tanto físicas como sensoriais, cognitivas ou psicolóxicas) participan dende onte no curso anual gratuito de Habilidades Sociais organizado polo Concello. Unha iniciativa pioneira en Galicia xa que non se trata dun simple curso dunhas horas de duración senón dunha auténtica xornada lectiva: de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas.

Durante estas tres horas, os alumnos quedan baixo a supervisión de Pilar Fernández, pedagoga, e Marta Felípez, psicopedagoga, que son as dúas monitoras encargadas de impartir estas clases. “As clases están dividas en tres apartados”, explica Marta Felípez, “ao chegaren facemos unha hora de obradoiros con manualidades, estimulación da memoria e da atención, cociña, aseo persoal... despois temos unha sesión de alfabetización, dacordo cos niveis de cada alumno; e rematamos as clases cunha sesión de relaxación e psicomotricidade, para o cal utilizaremos diversos xogos con aros, pelotas, etc”.

As clases, no recinto feiral do Mesón do Vento
As clases teñen lugar nun aula especial na nave do recinto feiral do Mesón do Vento e que foi convintemente habilitada polo Concello de Ordes. Ademais de dispor dun amplo aparcamento, o aula conta cunha rampa de acceso e está libre de barreiras arquitectónicas. O Concello de Ordes instalou un novo chan en madeira e pintou toda a zona, que está perfectamente aillada e independente do recinto feiral.

Todos os participantes neste curso de Habilidades Sociais teñen unha discapacidade recoñecida pola Xunta superior ao 33 por cento. Este feito permitiría que a gran maioría poda disfrutar de transporte gratuito ata a aula do Mesón do Vento (a través do 065), aínda que nesta xornada inaugural todos chegaron nos vehículos particulares dos seus familiares, que se achegaron á zona para coñeceren ás monitoras e o propio aula.

A frase de Pilar Fernández, pedagoga
“O obxectivo final non é tanto que os alumnos aprendan novos conceptos, senón o efecto socializador destas clases, que aprendan a ser máis independentes e autónomos”

A frase de Marta Felípez, psicopedagoga
“Pretendemos que aprendan a facer as cousas da vida diaria. Que poidan facer a cama, a comida, coidar da casa... que poidan facer unha vida máis autónoma”

A frase de Silvia Marín, concelleira de Discapacidade de Ordes
"A formación que van recibir estes veciños e veciñas de Ordes vai ser fundamental de cara á súa propia socialización e, ademais, tamén permitirá darlles un respiro diario ás familias durante esas tres horas”


*

A biblioteca municipal organiza exposicións periódicas dos seus fondos

.
Na actualidade están expostas dúas mostras sobre a vendima e a astronomía, ás que seguirá unha próxima sobre o magosto

A biblioteca municipal de Ordes vai organizar ao longo dos vindeiros meses unha serie de exposicións periódicas dos seus fondos, que inclúen máis de 13.000 volumes entre libros, audiovisuais e recursos electrónicos. Unhas mostras que este mes incluiron unha exposición temporal de libros relacionados coa vendima, tanto para un público infantil como adulto, así como unha mostra de fondos relacionados coa astronomía, que estará exposta ata finais de ano como conmemoración de 2009 como ano internacional desta ciencia. A vindeira exposición, como non podía ser doutro xeito, terá como tema central o magosto.

Biblioteca aberta 24 h. en internet
A biblioteca municipal de Ordes conta con máis de novecentos socios presenciais, que en gran número utilizan os seus servizos case a diario. De feito, dispón dun dos horarios máis amplos de toda Galicia, pois está aberta de luns a venres, de 8:30 a 20:30 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. Pero, ademais, os socios da biblioteca ordense poden acceder a ela as 24 horas do día a través da internet, dende onde poden facer reservas e consultar os fondos desta instalación en calquer momento a través de http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/.

E é que a aposta do Concello de Ordes por mellorar o servizo que presta a biblioteca municipal permitiu ampliar o persoal empregado nestas instalacións, que xa conta cun técnico e dúas auxiliares a tempo completo. Ademais, o Concello de Ordes incrementou en dous o número de equipos informáticos dispoñibles aos veciños e veciñas do municipio. Así, a biblioteca municipal conta con sete equipos informáticos completos, con scánner, webcam, servizo de impresión e acceso á internet libre para os socios.

Así mesmo, os últimos venres de cada mes, a biblioteca municipal ordense acolle a iniciativa 'Tardes de contos e lendas', un programa de animación á lectura a través de contacontos nos que participan tanto os nenos coma os seus pais.


*

martes, 13 de octubre de 2009

Prado Patiño le saca a Beatriz Mato el centro de día de Ponte Carreira

.
El proyecto se acometerá en dos anualidades: 2010 y 2011

Nuestro concello vecino de Frades contará con un centro de día. Así lo comprometió esta tarde la conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, en una entrevista mantenida en San Caetano con el alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño. “A conselleira comprometeu que Frades terá un centro de día que se fará en dúas anualidades: en 2010 redactarase o proxecto e as obras realizaranse en 2011”, explica el alcalde.

Prado Patiño hizo hincapié en la importancia que esta infraestructura va a tener para los vecinos y vecinas del municipio ya que “Frades ten unha poboación bastante envellecida e nós o que queremos é que poidan ficar nas súas casas estando perfectamente atendidos”.
_____

Foto: El alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño y la conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.


*

O IES Maruxa Mallo, máis perto de Europa que nunca

.
Un grupo de estudantes ordenses viaxará a Polonia e Lituania durante este curso

Chegará en febreiro unha delegación deses dous países para convivir connosco durante uns días

O IES Maruxa Mallo de Ordes vai participar por primeira vez no programa europeo Comenius xunto con outros dous centros educativos, un de Lituania e outro de Polonia. O alumnado implicado dos tres países levará a cabo dous módulos de investigación: 'Diversidade cultural e diálogo intercultural' neste curso e 'Os ECOeuropeos e a calidade de vida' no vindeiro.

Por medio deste proxecto preténdense mellorar, entre outras, as destrezas comunicativas nun idioma estranxeiro, o inglés, xa que tódolos traballos terán que estar nesta lingua, así como as competencias dixitais, posto que elaborarán un xornal on-line. Este proxecto está financiado pola Unión Europea o que permitirá, por unha banda, que diferentes grupos de alumnado e profesorado viaxen aos outros dous países, e, por outra banda, farán de anfitrións cando os socios lituanos e polacos veñan a coñecer esta parte de Europa.

Os participantes do proxecto esperan adquirir amplos coñecementos sobre a cultura, estilo de vida e tradicións dos outros -aspectos bastante descoñecidos para unha gran maioría-, promovendo sempre o valor da diversidade, do respecto e da tolerancia cara ás culturas diferentes.

"Viaxaremos a Polonia e Lituania antes de que termine o curso"
A preguntas de Ordessiete, a coordinadora do proxecto, Isabel Mato, confirmounos a chegada dun grupo de estudantes polacos e lituanos para o vindeiro mes de febreiro. Do mesmo xeito, os ordenses tamén viaxarán a eses países, segundo Mato, "antes de que termine este curso". A intención agora do instituto e recadar a maior cantidade de fondos posibles para que sexan cantos máis mellor os xóvenes ordenses beneficiados do programa. Así, polo de agora, serán catro os alumnos que acompañen a Isabel Mato e a directora do IES, Rosa Maceiras, ata terras centroeuropeas.
____

Foto: Vista de Vilnius, capital de Lituania.

*

O Concello axúdate a pagar os gastos escolares dos teus fillos

.
Investiranse 10.000 euros en axudas económicas ás familias do municipio para a adquisición de material escolar

O prazo de presentación de solicitudes ábrese hoxe e pecharase o 30 de outubro.
.
Máis información no Departamento de Educación. Tlf. 981 68 0002

O Concello vén de convocar axudas económicas ás familias do municipio para a adquisición de material escolar para o curso 2009-2010 en educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria. Unhas axudas ás que o Concello de Ordes destinará un total de 10.000 euros, que serán repartidos entre as familias do concello con menores recursos económicos. O importe destas axudas oscilará entre os 60 euros (no caso de rapaces de educación primaria e secundaria) e os 85 euros (para educación infantil).
.
Deberás presentar unha solicitude no Concello
As familias de Ordes interesadas en acceder a estas axudas deberán presentar unha solicitude no Concello de Ordes antes do 30 de outubro e cumprir unha serie de requisitos como: estar empadroadas en Ordes; ter ao seu cargo fillos matriculados en centros escolares do municipio en educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria; e que os ingresos anuais per cápita da unidade familiar correspondentes a 2008 non superen os 3.500 euros.

Canda a solicitude, as familias interesadas deberán presentar fotocopia do DNI, libro de familia, do carnet de familia numerosa (se é o caso), certificado de empadroamento e xustificantes de ingresos da unidade familiar correspondentes a 2008 (fotocopia compulsada da declaración da renda do último exercicio). Máis información no departamento de Educación do Concello de Ordes ou no 981 680002.

Unha vez recibidas todas as solicitudes, unha comisión de valoración revisará todos os expedientes para proceder canto antes ao pago da axuda. Un abono que se fará efectivo nun único pago por cada fillo e despois de que a familia beneficiaria presente no concello (antes do 15 de decembro de 2009) unha factura xustificativa dos gastos realizados en concepto de material escolar ou o vale entregado para a adquisición do material subvencionado.

*

domingo, 11 de octubre de 2009

Los centro educativos de Ordes, con problemas

.
El PP a través de Estrella Vázquez, el PSOE con Silvia Fraga y el BNG con Ana Pontón, buscan soluciones

Desde que se hicieran públicas hace unos pocos días las demandas de los centros educativos de Ordes respecto a cuidadores, personal y mantenimiento, todo han sido carreras entre los diferentes grupos políticos por dar a conocer quien fue el primero en solidarizarse con padres, profesores y alumnos. Os trasladamos una cronología de unos hechos, que, según publica El Correo Gallego, han sido solucionados, respecto al niño sin tutor, por el empeño de la concelleira popular Estrella Vázquez.

Ordessiete ha intentado localizarla, por el momento sin éxito. Esperamos poder publicar sus declaraciones en breve.

Finales de septiembre. La Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) del colegio de educación primaria Campomaior solicita ante la Consellería de Educación un cuidador a tiempo completo y un profesor de apoyo, motivado todo ello por la reciente escolarización de un niño de tres años con necesidades educativas especiales. La ANPA solicita de la Consellería que se cumpla lo dictaminado por el Equipo de Orientación Específica.

2 de octubre. El Consello Escolar del CEIP Campomaior solicita, delante de la Xefa Territorial de la Consellería de Educación e da Inspección Educativa, ambos profesionales. Silvia Marín, concelleira de Educación de Ordes ofrece “todo el apoyo” del Concello de Ordes a las demandas del Consello Escolar.

2 de octubre. Tiene lugar en el registro de entrada del Parlamento de Galicia un escrito fechado en 30 de septiembre y redactado por los socialistas Guillermo Meijón y Silvia Fraga, llevando la siguiente pregunta oral al Pleno: "Que decisión pensa adoptar a Consellería de Educación respecto da petición, entendemos que ben fundamentada, feita polo CEIP Campomaior do concello de Ordes, respecto das manifestas necesidades dun novo posto de coidador, asi como dun profesor de apoio a maiores do actual cadro de persoal para dito centro?"

7 de octubre. Tiene lugar en el registro de entrada del Parlamento de Galicia un escrito redactado por los socialistas Guillermo Meijón y Silvia Fraga llevando la siguiente pregunta oral al Pleno: "Que decisión pensa adoptar a Consellería de Educación respecto das necesidades , materiais (eliminación de barreiras arquitectónicas) e de persoal, que presenta o CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao?"

7 de octubre. El BNG de Ordes y la parlamentaria nacionalista Ana Pontón se reúnen con representantes de las ANPAS de Campomiaior, Castelao y Mesón do Vento. Pontón informa que “proximamente se producirá o debate no Parlamento Galego da iniciativa presentada hai unhas semanas polo BNG para reclamar a eliminación de barreiras arquitectónicas no Colexio Castelao”.

7 de octubre. El Correo Gallego publica en su sección ‘Protagonistas de hoy’ lo siguiente: La concejala del PP de Ordes, Estrella Vázquez Varela puso todo su empeño en solucionar –y solucionó– el problema del niño del colegio ordense Campomaior que no tenía tutor, tras trasladar la demanda al delegado de la Xunta en la Coruña, Diego Calvo y a la Jefatura Territorial de Educación.
____
Foto arriba: La edil popular Estrella Vázquez, 'protagonista' en El Correo Gallego.
Foto medio: La parlamentaria socialista de Cerceda, Silvia Fraga.
Foto abajo: Gonzalo Castro y Ana Pontón (BNG) en la reunión mantenida con las ANPAS.
*

sábado, 10 de octubre de 2009

O Concello reubica as paradas de autobuses en Alfonso Senra


Dirección A Coruña: fronte a Casa do Concello. Dirección Santiago: Xunto aos contedores soterrados

Roberto González: "Trátase dun cambio realizado para garantir unha maior seguridade vial tanto para os usuarios dos autobuses como dos propios vehículos que circulan pola avenida de Alfonso Senra”

Ata o de agora, as paradas que realizaban os autobuses das compañías Mombús e Castromil estaban sin sinalizar, polo que era moi habitual atoparse con vehículos estacionados na zona. Isto facía que a parada do autobús se fixera en dobre fila e que algún dos condutores que viñan detrás se impacientasen e tentasen adiantar o autobús invadindo o carril contrario.
.
Unha situación xa perigosa de por si pero que no caso da parada ubicada fronte á Alameda (sentido A Coruña) se incrementaba pola existencia dun paso de peóns a uns metros de distancia. E é que o ángulo de visión que tiñan os peóns para ver a eses vehículos era moi reducido.

Ao reservar unha zona para a parada dos autobuses, o Concello de Ordes está a evitar calquer tipo de problema de seguridade vial xa que os peóns poden baixar directamente ás beirarrúas e o tráfico que circule por Alfonso Senra (N-550) pode seguir circulando sen obstáculos de ningún tipo. Estas zonas reservadas, sinalizadas tanto con sinais horizontais como verticais, están situadas na rúa Alfonso Senra fronte á Casa do Concello (sentido A Coruña) e na Alameda, a carón dos contedores soterrados (sentido Santiago de Compostela).
.
A frase de Roberto González, concelleiro de Obras
"Trátase dun cambio realizado para garantir unha maior seguridade vial tanto para os usuarios dos autobuses como dos propios vehículos que circulan pola avenida de Alfonso Senra”
_____
.
Foto arriba: Parada autobuses dirección Norte - A Coruña.
Foto abaixo: Parada autobuses dirección Sur - Santiago de Compostela.
*

martes, 6 de octubre de 2009

Luis Lamas visita Ordes


Regos agarda renovar o convenio coa Sociedade próximamente

Visitou hoxe do presidente de Sogama xunto a Manuel Regos e Xesús Pedreira tres das illas verdes instaladas no municipio grazas ao convenio asinado entre o Concello e Sogama

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, e o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, recibiron esta mañá ao presidente de Sogama, Luis Lamas, quen realizou unha visita ao municipio para interesarse polo desenvolvemento do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Ordes e a Sociedade Galega do Medio Ambiente. Un convenio polo que Sogama se comprometeu a investir 110.000 euros en iniciativas que contribúan á conservación do patrimonio natural do municipio de Ordes.

O alcalde agradeceu a colaboración de Sogama co Concello de Ordes e “a gran receptividade do seu novo presidente”. Os representantes municipais e Lamas visitaron as tres 'illas verdes' construidas últimamente polo Concello de Ordes ao abeiro deste convenio. En concreto, a comitiva visitou as illas verdes de Lesta, Mercurín e Leira. As 'Illas verdes' son unhas instalacións conformadas por contedores para a recollida de papel, vidro, envases lixeiros e residuos orgánicos que o Concello de Ordes vai levar en todas as parroquias ao longo dos vindeiros meses. Así, ás tres instalacións visitadas hoxe hai que engadir tamén as dúas primeiras construidas en Beán e Pereira.

Restauración de tres fontes
O concelleiro de Medio Ambiente informou tamén ao presidente de Sogama do avanzado estado dos traballos de restauración de tres antigas fontes no municipio, que se están a recuperar como espazos de lecer para os veciños e veciñas destas parroquias.
Na actualidade xa está recuperada unha antiga fonte situada no Mesón do Vento, onde tamén se realizaron traballos de mellora do entorno. “Nestes momentos estamos traballando na recuperación doutras dúas fontes en Cabeza de Lobo (Ardemil) e na costa de Santa Cruz, estas últimas rematarán en breve”, explicou o concelleiro de Medio Ambiente, o socialista Xesús Pedreira.

Ao abeiro deste convenio de colaboración entre o Concello de Ordes e Sogama, asinado nos últimos dous anos, téñense realizado múltiples actividades como o programa de compostaxe no rural, a sinalización da primeira ruta de sendeirismo que se creou en Ordes, a construción do parque infantil e de maiores “Pilar Martínez Viqueira”, actividades para os máis novos (como as levadas a cabo o Día da Árbore, o Día do Auga, o Día do Medio Ambiente...) ou o desenvolvemento de campañas como o reparto de 10.000 bolsas de papel para substituir ás tradicionais de plástico.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Desexo que poidamos renovar próximamente o convenio de colaboración entre o Concello de Ordes e Sogama xa que ademais de axudar a conservar o noso patrimonio natural e cultural, tamén está a xerar riqueza e emprego entre os nosos veciños e veciñas”

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente
“Na instalación da illa verde de Mercurín recuperamos toda a contorna e a antiga escola unitaria da zona, e nos tres casos están ubicados en lugares céntricos da parroquia ou en enclaves que rexistran un elevado paso de veciños”
____
Fotos: Manuel Regos, alcalde de Ordes e Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente, acompañan a Luis Lamas a coñecer as 'illas verdes'.


*