sábado, 25 de julio de 2009
Agenda verano cultural
Agenda cultural semanal. Desde el lunes 27 de julio al domingo 2 de agosto
Lunes 27. Cine. 'La Búsqueda II: El diario secreto', de John Turteltaub (2007). Con Nicholas Cage, Jon Voight, Harvey Keitel y Ed Harris. Alameda. 22.30 h.
Martes 28. Títeres. 'As andanzas de Elías'. Alameda. 22 h.
Miércoles 29. Espectáculo teatral y musical 'Robin Hood'. Casa da Cultura. 21.30 h.
Jueves 30. Títeres. 'Castañas e legañas'. Alameda. 20 h.
Viernes 31. Clown. 'Roi o cagabolas'. Alameda. 20 h.
Sábado 1. Concierto de Bandas. Alameda. 20 h.
Domingo 2. Cine. 'Spiderman III', de Sam Reimi (2007). Con Tobey Maguire y Kirsten Dunst.
*
*
viernes, 24 de julio de 2009
Budiño tocará en Ordes grazas ao convenio asinado entre o Concello e Caixanova

Xosé Manuel Budiño presentará en Ordes o seu novo traballo, 'Home', cheo de vitalidade e onde as melodías nacen da experiencia e da influenza das viaxes do artista na xira que o levou durante un ano enteiro por diferentes lugares do mundo.
miércoles, 22 de julio de 2009
La S.D. Ordenes inicia una prometedora campaña en Tercera
*
martes, 21 de julio de 2009
¿Qué fue de....Eros Lust?
Asegura ser actor porno y conocemos de sus andanzas a través de su blog, El Diario de Eros Lust
Ordes como escenario 'sexual''As mulleres invisíbeis'
lunes, 20 de julio de 2009
Jaque al Rey de Díaz Hermida…y ya van dos seguidos
Lo cierto es que Díaz Hermida forma parte de la lista del Partido Popular tan sólo desde 2003. Basta recordar que en las municipales de 1999, donde el PSOE únicamente alcanzó una plaza de concelleiro con 477 votos (6,23%), el candidato socialista a la alcaldía de Ordes no era otro sino José Luis Díaz Hermida. En la siguiente cita electoral pega un giro de 180 grados y se integra como independiente a una lista, la del Partido Popular, liderada por Teodosio Martino, seguida por Manuel Regos (hoy en UxO), José Luis Gómez Candal (hoy en UxO) y Susana Mosquera (se mantiene en el PP).
Sea como fuere, al concelleiro no parece haberle sentado bien la labor de oposición, o al menos no haberse integrado a estas tareas. “El estaba xa feito a formar parte do goberno. A derrota electoral desmotivouno por completo”. Otros responsabilizan al propio Martino por haber ‘quemado’ de alguna manera a Díaz Hermida. Siguiendo esta teoría, el nombre de este concejal puede ser el último en engrosar una lista a la que un día también pertenecieron Manuel Regos, José Luis Gómez Candal, Roberto González o Juan Simón.
domingo, 19 de julio de 2009
Una nueva 'Su Señoría' para Ordes
sábado, 18 de julio de 2009
Xesús Pedreira: "Lamento o comportamento dos do BNG que compoñen Adega en Ordes e que se adican a tentar torpedear o que se fai dende Medio Ambiente"
"Coa dirección galega de Adega nunca tivemos problemas, os problemas son cos membros do BNG que compoñen a delegación de Adega en Ordes"O proxecto do paseo fluvial conta cos parabéns tanto de Augas de Galicia como da Consellería do Medio Ambiente. Ademais, foi sometido a exposición pública durante 30 días e non houbo alegación algunha.
Castro: "É moi preocupante que perto de 1.000 familias de Ordes estean sufrindo en primeira persoa o problema do desemprego"
Segundo informaron os nacionalistas ordenses, os últimos datos feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística poñen de manifesto que o desemprego incrementouse no municipio nun 43%jueves, 16 de julio de 2009
El Compos jugará un amistoso contra el Órdenes el próximo 15 de agosto
Aprobados os orzamentos municipais máis altos da historia de Ordes
Regos: "Durante 2008 o Concello de Ordes creou 70 postos de traballo, entre o obradoiro de emprego, o grumir e outras actuacións”
A corporación aproba unha operación de 1,03 millóns de euros para aboar todas ás débedas pendentes con empresas e autónomos
O pleno municipal do Concello aprobou esta mañá os seus orzamentos, os máis elevados e investidores de toda a súa historia. Unhas contas que contemplan un superávit de 389.992 euros, xa que contemplan uns ingresos de 18.243.038 euros e uns gastos de 17.853.046 euros. Unhas contas que foron aprobadas cos nove votos a favor do grupo de Goberno e cos oito votos en contra da oposición.
Estes orzamentos contemplan unha partida de 9.142.835 euros para investimentos reais, un capítulo que medra nun 69% con respecto a 2008 e que representa o 51,21% do gasto municipal. Unhas contas que poñen especial énfase na posta en marcha de medidas complementarias de pulo á actividade económica e en políticas sociais de emprego. Así, o Concello vai investir 1.137.895 euros en proxectos de fomento do emprego no municipio, o que supón o 13,63% do gasto corrente de Ordes.Fronte ás críticas dos grupos da oposición, que cuestionaron a fiabilidade das cifras e investimentos contemplados nestes orzamentos, Roberto González asegurou que “se en Ordes houbese unha oposición razoable poderían todos votar a favor destes orzamentos”. Así, o voceiro municipal recoñeceu que o BNG ten razón ao dicir que hai dous millóns de euros sen executar do orzamento 2008 e que agora se recollen nas contas de 2009. “Pero hai que dicilo todo”, advertíu González, “tamén hai que dicirlles aos veciños que hai 1,8 millóns de euros que dependen da Consellería do Medio Ambiente, non do Concello de Ordes, e non podemos facer nada máis que agardar a que a Xunta contrate esas obras”.
De feito, Roberto González cuestionou os coñecementos dos grupos popular e nacionalista sobre como se elaboran uns orzamentos. “Os veciños saben que non os enganamos porque as contas cantan”, apuntou e bromeu ofrecéndose a explicarlles á oposición cómo se elabora un orzamento: “se queren, un día doulles unhas clases de orzamentos. Non lles cobrarei nada”.
Neste sentido, e ante a queixa de Teodosio Martino sobre a partida de 2,16 millóns para a travesía de circunvalación de Ordes, González explica que “os orzamentos recollen unha previsión de ingresos e unha prevención de investimentos. Se non contemplamos a posibilidade de facer un investimento, despois teriamos que facer expedientes de modificación dos orzamentos, o cal supón andar con trámites administrativos que o único que farían sería demorar o desenvolvemento das obras”.
Situación do persoal municipalPola súa banda, Manuel Regos pechou o debate sobre os orzamentos respondendo unha por unha a todas as obxecións plantexadas polos grupos da oposición. Así, diante das queixas de Nova Alternativa sobre a situación do persoal municipal, Regos Boquete explicou que a Relación de Postos de Traballo está sendo estudiada nestes momentos polo Concello de Ordes e os sindicatos.
Sen embargo, para os nacionalistas, á aprobación dos orzamentos municipais para o ano 2009 constituen un “intento de engano masivo aos veciños de Ordes, ademáis de non dar solución aos problemas dos veciños”. Gonzalo Castro manifestou que “o goberno minte nos datos que fai públicos con respecto á previsión de investimentos reais que figuran no orzamento, xa que dous millóns de euros en investimentos incluidos no orzamento deste ano correspóndense con actuacións incluidas nos orzamentos do ano pasado, e que non foron executadas, aos que hai que engadir os 2,2 millóns que incluen nos orzamentos para o desvío da ronda este, cando no convenio que asinou o Concello coa Xunta, só está prevista unha inversión para este ano de 200.000 euros,”.
Fronte ás demandas do BNG (que reclamaba partidas para obras como o centro de día, o local de ensaio, a remodelación da praza de abastos ou o viveiro de empresas), Regos Boquete asegurou que “este goberno fixo os deberes e presentou na Xunta un proxecto para facer un centro de día, con entrega de terreo para facelo. Ademais, cedimos un terreo para unha casa da mocidade, no que irían dous locais de ensaio para os nosos grupos”. Así mesmo, lembrou que os orzamentos inclúen unha partida de 140.000 euros para a reforma da praza de abastos e outros 200.000 euros para mellorar o firme da estrada de acceso ao polígono industrial de Merelle.
Atención aos inmigrantes
Así mesmo, Regos Boquete fixo especial fincapé nos investimentos na prestación de servizos sociais aos veciños e veciñas de Ordes. Así citou a creación dunha oficina de atención aos inmigrantes, a elaboración dun protocolo de actuación contra a violencia de xénero, as actividades extraescolares gratuitas para as familias ou a iniciativa de levar as actividades dos maiores ás distintas parroquias do municipio.
Abono de débedas con empresarios e autónomos
O segundo punto forte de debate no pleno extraordinario desta mañá en Ordes foi a aprobación dunha operación por un importe de 1,03 millóns de euros ao abeiro do Real Decreto Ley 5/2009, de 24 de abril, de medidas extraordinarias e urxentes para facilitar ás entidades locais o saneamento das débedas pendentes de pago con empresas e autónomos. Unha operación que permitirá que o Concello de Ordes poda saldar todas as débedas que contraíu con 413 empresas entre os meses de xuño e decembro de 2008; así como afrontar o remanente de tesourería negativo do exercicio anterior.
Roberto González explicou que “unha parte importante desta débeda procede do obradoiro de emprego, xa que a Xunta só paga ao persoal pero é o Concello o que ten que poñer o material e as máquinas e ferramentas que se utilizan”. Un gasto que, asegurou, “é rendible socialmente falando”. Así mesmo, González criticou que dende o BNG suxerisen que o Concello de Ordes estaba facendo distincións entre as empresas á hora de pagar os traballos.
“Non se pode enganar á xente dicindo que unhas empresas cobran e outras non”, asegurou González, quen explicou que os exemplos postoso polo BNG se corresponden con certificacións de obras e que “as certificacións de obras hai que pagalas para despois acceder ás subvencións, non é igual ca unha factura corrente”.
Pola súa banda, o nacionalista Ramiro Recouso, criticou que "o Concello teña afogado económicamente aos comerciantes e pequenos e medianos empresarios de Ordes con débedas impagadas desde hai un ano, sobre todo nun momento como o actual de crise económica”.
Recouso sinalou que “ao BNG chamalle a atención que as grandes obras deste Concello, que son adxudicadas na súa maioria a empresas de fora, si sexan pagadas, é que sexan os pequenos proveedores do Concello os que teñan que esperar moito tempo para cobrar”.
"As facturas deste ano están pagadas"
Ante esta situación, Manuel Regos asegurou que “as facturas deste ano están pagadas, non temos queixas coas empresas coas que traballamos e seguiremos pagando as nosas débedas”. De feito, puntualizou, “se presentamos este punto é, precisamente, para poder aboar canto antes todas as débedas ás empresas e autónomos que traballan co Concello de Ordes e evitarlles problemas nestes tempos de crise económica”.
Sen embargo, Gonzalo Castro manifestou que “o goberno leva dous anos mentindo aos veciños anunciando que os orzamentos municipais ían crear emprego e riqueza no Concello, cando a realidade é ben distinta, xa que o desemprego creceu en Ordes no último ano un 40%, o que ten provocado que cerca de 1.000 familias do noso concello estean sufrindo en primeira persoa este gran problema social, mentras no conxunto dos demáis concellos da comarca, o desemprego medrou un 20% no último ano, a metade que no caso de Ordes”.
Esta operación foi aprobada cos 9 votos a favor do grupo de goberno, os 4 votos en contra de Nova Alternativa e tres dos membros do Partido Popular, e a abstención dos 3 concelleiros nacionalistas e un membro do PP. A aprobación desta operación conlevou a redación dun Plan de Saneamento Financeiro, que tamén foi aprobado na mesma sesión (cos 13 votos a favor do grupo de Goberno e o PP, as 3 abstencións do BNG e o voto en contra de Nova Alternativa). Un plan a seis anos que inclúe unha serie de medidas fiscais e de xestión e administración de recursos para poder amortizar esa operación de 1,03 millóns de euros.
Desglose investimentos
Os orzamentos de 2009 contemplan uns ingresos de 18.243.038 euros e uns gastos de 17.853.046 euros. A partida máis significativa son os 9.142.835 euros destinados a investimentos reais, o que supón o 51,21% dos orzamentos. Unha partida que inclúe investimentos que permitirán a construción da travesía de circunvalación de Ordes. Trátase dun vial de 4 quilómetros de lonxitude, que unirá o polígono empresarial de Merelle co futuro polígono de Poulo, no que se investirán 2,16 millóns de euros.
Tamén destacan os case 450.000 euros que o Concello de Ordes vai investir nas obras de ampliación e remodelación da casa consistorial. Nestas contas tamén destacan as partidas de tres obras incluidas no Fondo de Investimento Local. Así, un dos maiores investimentos atinxe á ampliación da Alameda ordense, orzamentada en máis de 450.000 euros. Tamén destacan os 877.000 euros para a reforma do tanatorio municipal (que pasará a contar con dúas novas salas de velorio) e dos 755.000 euros que se van investir na construción dun edificio de vestiarios e cafetería para a cidade deportiva de Vista Alegre.
De feito, o investimento en infraestruturas deportivas é un dos máis significativos destes orzamentos, alcanzando os 1,36 millóns de euros. Ademais do edificio da cidade deportiva, as Contas municipais para 2009 tamén recolle máis de 210.000 euros para a construción das pistas de atletismo en Vista Alegre, unha das infraestruturas deportivas máis demandadas polos veciños e veciñas de Ordes. Así mesmo, tamén se contemplan importantes investimentos no campo de fútbol municipal de Vista Alegre, onde se mellorará o céspede, instalarase iluminación e mellorarase o estado das gradas.
Inversións do rural
Finalmente, no capítulo de obras inclúese un investimento de máis de 2,38 millóns de euros en distintos proxectos de saneamento, arranxo de rúas e mellora de estradas en todo o municipio. Así, o Concello de Ordes contempla un investimento de máis dun millón de euros no saneamento e abastecemento de Buscás, Cabeza de Lobo ata Carballeira, Castrelos (Leira), no Curro, nas rúas Campomaior e Canteira, e noutras pequenas localidades de Ordes.
Ademais, tamén se inclúe unha partida de máis de 940.000 euros para obras de mellora nos camiños do municipio. Entre outras, os orzamentos de 2009 inclúen melloras en Castenda, Fonte da Viña (Beán), Vilagudín (Lesta), estrada xeral de Barbeiros e outras. Finalmente, tamén se inclúen máis de 400.000 euros para traballos de mellora nas rúas Nova, Laranzal, República Arxentina e nos lugares de Espenica, Ceidón e Gorita.
Gastos e ingresos
As contas de 2009 tamén recollen uns gastos en persoal de 3,2 millóns de euros, unha partida que rexistra un crecemento debido, entre outros, á decisión do Concello de Ordes de que todos os gardas e oficiais pasen ao grupo C1, igualando así as retribucións complementarias de todos eles. Unha medida que suporá, así mesmo, a creación de novas prazas para a integración dos auxiliares da policía local. Pola súa banda, a partida de gastos en bens correntes e servizos ascende a 4,7 millóns de euros.
Finalmente, no que atinxe á previsión de ingresos, contémplanse 2,3 millóns de impostos directos, 4,5 millóns de transferencias correntes e 8,2 millóns de transferencias de capital (tanto da Xunta como do Goberno Central e a Deputación Provincial da Coruña).
Casa cuartel e circunvalación
Por último, a unanimidade presidiu os outros dous puntos da orde do día. Así, o pleno municipal aprobou definitivamente o cambio de calificación da parcela que o Concello de Ordes cedeu para a construción da futura Casa Cuartel da Garda Civil. Un cambio que foi sometido a información pública durante 30 días sen que recibise alegación algunha.
Finalmente, o pleno tamén aprobou por unanimidade a realización dun convenio urbanístico cos 25 propietarios de terreos afectados pola construción da travesía de circunvalación de Ordes. Un modelo de convenio que permitirá que os veciños cedan parte dos seus terreos a cambio de manter a edificabilidade.
*
Un mes de festas con música, baile, teatro, títeres, humor, maxia e cinema
Na programación destacan o Festival Brincadeira, o musical “Robin Hood”, o espectáculo Tango e Fado, a actuación de Budiño e a gala musical con Manolo Escobar, Manu Tenorio e La Década ProdigiosaDo programa de festas deste ano destacan especialmente o programa das Festas Patronais, o Festival Brincadeira e diversos espectáculos puntuais e de recoñecido prestixio coma o musical “Robin Hood” (mércores 29 de xullo, ás 21:30 horas na Casa da Cultura), a actuación de Tango and Fado (martes 11 de agosto, ás 22:30 horas na alameda) ou o espectáculo humorístico de As Cantareiras de Ardebullo (mércores 12 de agosto, ás 21:30 horas na alameda).
Festas Patronais e BrincadeiraAs Festas Patronais de Ordes terán lugar, como é costume, entre o 14 e o 17 de agosto. A Alameda de Ordes acollerá tres grandes verbenas coas mellores orquestras de Galicia: Fania e Panorama (14 de agosto), Bámbola e Olympus (15 de agosto) e Galilea e París de Noia (16 de agosto).
O día grande das Festas Patronais será o luns 17 de agosto. Esa noite, a Alameda de Ordes acollerá unha gran gala musicial coa participación de Manolo Escobar, Manu Tenorio e La Década Prodigiosa, que estarán acompañados pola orquestra Suavecito e o grupo pop Lavorda.
A outra gran cita musical do verán en Ordes chegará os días 7 e 8 de agosto da man do Festival Brincadeira. Durante estes dous días, o campo da feira de Ordes acollerá actuacións musicais e tamén diferentes actividades de balde relacionadas co mundo das artes coma un certame de arte urbano, unha mostra de novas tendencias (street art, deseño, graffiti…) e un concurso de fotografía.No que atinxe á parte musical, o venres 7 de agosto actuarán os grupos La Pulquería, Che Sudaka, os locais Dios ke te crew e Las Furias. Para o sábado 8 de agosto, a organización ten programado unha “superfesta hortera”, á que invitan a acudir disfrazados. A gran actuación musical correrá a cargo de Boney M, que estará acompañado por Rumba Tarumba, Chico Trujillo, Kastomä e Virüs.
Outras citasEste intenso programa de actividades comezará esta mesma fin de semana. O sábado 18 de xullo, ás 21:30 horas, o auditorio da Casa da Cultura acollerá a representación teatral “El Florido Pensil”. Para o domingo, ás 20:00 horas, está programada unha sesión de títeres na alameda de Ordes titulada “A detective da Torre de Hércules viaxa polo tempo”.
A vindeira semana, concretamente o xoves 23 de xullo, terá lugar un espectáculo de baile moderno e hip-hop. “Move-T” poderá contemplarse na alameda de Ordes a partires das 21:30 horas. E o domingo 26 de xullo terá lugar a tradicional Xuntanza de Corais na Igrexa de Santa María de Ordes, a partires das 21:00 horas.
E é que a música tradicional tamén terá un lugar preferente nestas festas. Así, o sábado 1 de agosto terá lugar un novo Concerto de Banda, mentras que para o domingo 9 de agosto está programado o Día da Muiñeira, con numerosas actuacións de distintos grupos na alameda ordense. Ademais, o xoves 13 de agosto terá lugar unha Noite Folk coa actuación dos grupos Acibeche, Balakandra e Axóuxere.
O gran gaiteiro Xosé Manuel Budiño será o encargado de pechar este mes de festexos en Ordes cunha gran actuación na alameda ordense o sábado 22 de agosto, ás 22:00 horas. Un gran concerto que será posible grazas á colaboración entre o Concello de Ordes e Caixanova.
O BNG vai pedir dende Madrid máis peculio para a variante
Os nacionalistas lembran que os dous millóns de euros negociados en anteriores exercicios polo BNG no Congreso teñen permitido a publicación do estudo informativoCastro anunciou que o BNG intentará aproveitar a súa presenza nas Cortes Xerais para “seguir conseguindo aumentos das partidas destinadas á circunvalación de Ordes, unha infraestructura que é vital para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ordes, ao liberar ao casco urbano da localidade do intenso tránsito circulatorio, sobre todo de vehículos pesados, que está a sufir diariamente”.
martes, 14 de julio de 2009
O BNG presentará unha moción en defensa da gratuidade dos libros de texto
Gonzalo Castro: “Se como di a Constitución española o ensino básico é obrigatorio e gratuíto, os manuais de texto que o alumnado necesita para seguir o curso tamén deberían selo” O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro, defendeu a presentación desta moción argumentando que, “se como di a Constitución española o ensino básico é obrigatorio e gratuíto, os manuais de texto que o alumnado necesita para seguir o curso tamén deberían selo”.
Segundo o nacionalista, para o curso 2009-2010, "a actual Consellería de Educación pretende desmantelar o programa de gratuidade de libros de texto nos centros de ensino sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos”, o que pon de manifesto, a seu xuizo, “a obsesión do actual goberno do PP na Xunta por desmantelar os logros conseguidos en etapas anteriores, como é o programa de gratuidade dos libros de texto impulsado polo goberno anterior con presenza do BNG.”
“Consideramos inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto, anunciada polo conselleiro de Educación, e admitida tamén polo presidente da Xunta de Galiza, xa que esta proposta de recorte, supón unha medida regresiva que atenta ao carácter público e gratuíto do ensino, e evidencia unha vez máis a política neglixente que este goberno está a levar a cabo, mais ainda coa crise económica que estamos a padecer”
“O BNG espera que o pleno da corporación municipal apoie por unanimidade a moción, instando á Xunta de Galiza a garantir a gratuidade dos libros de texto e do material curricular no vindeiro curso académico”
El PSOE ordense muestra su "gran satisfacción" por la celeridad del Ministerio de Fomento con la variante de Ordes
Aberto o período de información pública e audiencia pola variante de Ordes
O vial, tal e como adiantou esta fin de semana Fomento, consta de dúas calzadas de dous carrís de 3,5 metros por sentido, con arcéns exteriores de 2,5 metros, mediana de 9 metros e arcéns inferiores de 1 metro. Para a súa construción será preciso acometer nove pasos inferiores e doce superiores, incluido varios enlaces coas vías máis significativas da zona como a N-524.
Regos Boquete destacou que “para que a variante sexa unha realidade aínda terán que pasar varios anos, polo que a rolda de circunvalación da Xunta será un respiro para Ordes, xa que desviará o tráfico pesado do centro da vila namentras non se constrúa a variante”. Ademais, unha vez construida a variante, este vial de 4 quilómetros de lonxitude “unirá os polígonos empresariais de Merelle e Poulo”, lembra Manuel Regos.
Esta rolda de circunvalación suporá un investimento de 2,2 millóns de euros. Un vial duns catro quilómetros de lonxitude que parte da N-550, á altura da ponte de entrada a Ordes (lugar coñecido coma Monte de Fernanducho), ata chegar de novo á estrada nacional no polígono industrial ordense. “Esperamos que a primeira fase das obras poidan estar listas o ano que vén”, explica Regos, “e que en ano e medio a teñamos operativa e permita desconxestionar o centro de Ordes ata a construción da variante”.
domingo, 12 de julio de 2009
Outubro será o mes no que coñeceremos o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal
A redación deste novo PXOM de Ordes está a ser posible grazas a unha aportación de 253.000 euros realizada en setembro de 2008 pola Xunta. O Concello de Ordes decidira desbotar o documento elaborado polo anterior goberno municipal xa que este plan tiña recibido ata 29 reparos da Dirección Xeral de Urbanismo, que reducían drasticamente as previsións de crecemento do municipio. Así, fronte a un documento con erros e baseado nunha planimetría de hai máis de dez anos, o equipo de Goberno encabezado por Regos apostou por redactar un novo PXOM adaptado á nova situación de sostenibilidade medioambiental e á nova lexislación urbanística autonómica.
martes, 7 de julio de 2009
O parque Félix Rodríguez de la Fuente se remodelará dacordo coa normativa de seguridade
O Concello investirá preto de 68.000 euros nas obras que durarán un mesTres novas áreas de xogo
O Concello vai instalar novos xogos no parque infantil, creando tres áreas de xogos adaptadas para distintas idades. Así, na zona de nenos pequenos instalaranse dous columpios con asentos de cuna e tipo cesta, un balancín de varios muelles e un conxunto modular accesible para os pequenos.
Ramiro Recouso, elexido novo responsable local do BNG
Foi a única candidatura presentada e saiu escollida por unanimidadeXunto a eles figuran na nova dirección local Montserrat Rei Patiño, Xesús Franqueira Villaverde, Rosario Fernández Velho, José Antonio Raña Regueira, Pilar Rivera Mosquera, Pablo Vidal Ríos, Lino Gaudeoso Vázquez, Rosa Neira Noya, Xosé López Prego, Ovidio Castenda Balado, Paula Costa Franqueira, Óscar Martínez Vázquez, Manuel Veiras Varela e Xesús Ríos Pena.
lunes, 6 de julio de 2009
Petición á Xunta para que a Axencia Galega de Emerxencias se manteña en Oroso

Centro de Ordes en Bos Aires
Por outra banda, a Mancomunidade de Ordes recibiu hoxe a visita dunha delegación do Centro de Ordes en Bos Aires (Arxentina) encabezada por Pedro Souto Rosende, un dos membros fundadores deste centro, e Roberto Souto, tesoureiro do mesmo. Unha visita que “tiña por obxectivo pedir á Mancomunidade de Ordes que poña ao seu nome o centro de Ordes en Bos Aires, para que así todo español e galego teña unha casa onde encontrarse coas súas raíces e que ninguén o poda vender”, explicou ao pleno Roberto Souto.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Miguel Prado Patiño, recibiu con bos ollos a proposta e asegurou que “nos parece correcta xa que hay que conservar ese centro e as súas raíces galegas, polo que non podemos permitir que se puidse perder esa propiedade”. Prado Patiño explica que “neste centro hai moita xente maior á fronte da directiva e existe o perigo de que, a medio ou longo prazo, vaian ir falecendo e os seus descendentes decidan vender o centro”. Por iso, asegura que “estamos dispostos a estudiar unha cesión da titularidade dese centro a favor da Mancomunidade de Ordes e ver como se articula legalmente”.
Souto explicou aos membros do pleno que o Centro de Ordes, que conta cun milleiro de socios, xa se trasladara no ano 2000, vendendo as súas instalacións e terreos na localidade de La Salada e trasladándose ata Lanús por unha decisión da xunta directiva. O obxectivo é que a partires de agora haxa un cambio nos estatutos e que unha decisión dese calibre non quede só nas mans da xunta directiva de turno, senón que a titularidade última das instalacións e dos terreos sexa da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes para “garantir así que calquer veciño da comarca de Ordes teña aló a súa casa”, apunta Prado Patiño.