domingo, 13 de diciembre de 2009

Son de Chafarís, con los pies en caliente

.
Por R. A. Landeira

Me pasé la tarde de hoy domingo escribiendo y escuchando el programa que dos jóvenes ordenses, David Fernández y Raquel Ríos, presentan cada viernes en Radio Ordes. ‘Son de Chafarís’, que así se llama su propuesta, me ha encantado. Es agradable, ameno, está muy bien construido y lo que es mejor de todo: entretiene a la vez que informa. Todo un éxito de la emisora municipal que nada tiene que envidiar a cualquier otro producto radiofónico de alguna emisora 'major'. Espero que el entusiasmo y la complicidad de David y Raquel entre ellos y ellos con los radio oyentes dure muchas temporadas entre nosotros.

Entrevistas, información, música, educación, lengua, literatura y cultura. Todo ello en clave gallega sí, pero…demasiado ideologizada. Uno que ha sido joven y sabe lo que es dejarse llevar por las pasiones esta circunstancia la tolera, pero no por ello no ha de ser salvada.

Berroguetto, O Leo Arremacágonha, The Homens o Ruxe Ruxe, quienes en numerosas ocasiones hicieron públicas sus preferencias nacionalistas, reportajes sobre el Nunca Máis, la asociación Foucelhas, entrevistas a estandartes del nacionalismo gallego, gramática nacionalista, hablar de Galiza en clave de país, conversaciones sobre reintegracionismo…Y todo esto en abundancia y con la clamorosa ausencia, pr ejemplo, de información sobre la política cultural del PP de Feijóo, que te puede gustar más o menos, pero que existir, al parecer existe y que por cuestión ideológica parece que se queda fuera de las ondas del Chafarís.

Lo que hace el dúo de Chafarís está realmente muy bien y me consta que su intención está muy alejada del adoctrinaiento en una u otra ideología, pero esa mística que se filtra, en medios de comunicación públicos debe comulgar en perfecto equilibrio con los otros credos. Se me ocurren dos soluciones: o descartamos todas las sensibilidades políticas o las compensamos con las demás. Evidentemente sería igual de criticable que el corte ideológico de Son de Chafarís fuera liberal, conservador, españolista, independentista, propio del rojerío o impulsor del advenimiento de los extraterrestres de Ganímedes.
.
A uno que no tiene ideología, o que tiene un poco de todas, todo eso como que le da igual y disfruta de David y Raquel tanto como lo haría Luis Tosar, con un Cola Cao y con los pies en caliente metidos entre las faldas de una mesa camilla, pero es que vivimos en Ordes, uno de los lugares de Galicia donde la política se vive con más pasión. Supongo que a estas alturas no hace falta citar los mil y un ejemplos que ya todos conocemos para alertar sobre estas sensibilidades.

En conclusión, un 9,5 para David y Raquel, y con todo el cariño a vuestra tan respetable ideología, os apunto estos deberes para próximos programas: pluralidad, disparidad y variedad cultural siempre, e ideológica también.

Puedes escuchar Son de Chafarís a través de
este enlace.
Foto: Raquel Ríos y David Fernández conducen cada viernes Son de Chafarís.


*

sábado, 12 de diciembre de 2009

Iván Raña vuelve al triatlón con los ojos puestos en Londres 2012


Según publica hoy Europa Press, el campeón ordense asegura haberlo pasado "mal" y "divertirse" a la vez durante su etapa como ciclista del Xacobeo Galicia

Iván Raña volverá a la disciplina deportiva que más éxitos le reportó: el triatlón, aunque eso sí, después de "cuatro o cinco meses de readaptación". Asegura que lo deja porque prefiere "apostar por algo seguro" y con la intención de volver a su nivel de antaño y ya adelantó que tiene el objetivo puesto en los juegos olímpicos de Londres en 2012.

Puedes leer la información publicada hoy por el diario Marca a través de este enlace.
*

Non tires a túa árbore de Nadal despois das festas, o Concello o recolle por ti

.
A concellaría de Medio Ambiente pon en marcha unha campaña de recollida de árbores navideños

Os veciños que queiran solicitar este servizo só terán que chamar ao teléfono do Concello: 981 680002

A concellaría de Medio Ambiente de Ordes ven de poñer en marcha unha campaña de recollida de árbores de Nadal con raiz para a súa replantación tralas festas navideñas.

A previsión do Concello é a de recoller en cada hogar que o solicite todas aquelas árbores con raiz con destino a ser replantados.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Animamos aos veciños e veciñas a que durante estas festas de Nadal merquen árbores con raíz, co fin de que despois da época navideña poidan volver a ser plantados"

*

Entregados os diplomas do curso de cociña

.
Quince veciños e veciñas xa contan con novos coñecementos gastronómicos

O alcalde Manuel Regos, acompañado polos concelleiros Silvia Marín, Xosé Ramón Vázquez Raña e Roberto González, participou na entrega dos diplomas conmemorativos do curso de cociña celebrado en Ordes e que estivo organizado polo Instituto de Desarrollo Empresarial.

O curso estivo dirixido a traballadores e autónomos e nel participaron 15 alumnos e alumnas. Para a súa realización, tal e como explicou o seu director, Jesús Sordo, utilizáronse as instalacións do Rincón do Pincho a quenes agradeceu de forma entusiasta a súa participación no programa.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"É importante preparar á hostelería neste momento no que temos o Ano Santo tan cerca e que pode ser unha gran oportunidade para o turismo"

*

miércoles, 9 de diciembre de 2009

O Día da Bici trasládase ao domingo 20 de decembro

Sortearanse tres bicicletas cos seus cascos entre os participantes e haberá obradoiros de medio ambiente na Alameda

O Concello ten previsto celebrar o próximo domingo 20 de decembro o Día da Bici, que fora no seu momento suspendido polo mal tempo, incluíndoo agora na programación navideña.

As inscricións para participar nesta xornada deberanse facer na Alameda a partir das 10:30 horas, establecéndose dúas categorías, para menores de 10 anos e outra para maiores de 11. É obrigatorio o uso do casco.

O Concello sorteará tres bicicletas, tres cascos e agasallos entre todos os participantes.

Tamén se realizarán obradoiros sobre medio ambiente que levan por título "Mobilidade S.O.S. TIBLE. A ver si me movo - cultura de sustentabilidade, cambio climático e mobilidade sostible para maiores e nenos, subvencionados pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

A iniciativa está organizada polo Concello a través das concellerías de Medio Ambiente e Deportes.

*

martes, 8 de diciembre de 2009

"Para Juanjo, Ordes lo era todo"


Un grupo de familiares de Liñares visitou o Museo do Traxe

A inauguración do edificio está prevista para o vindeiro 16 de xaneiro

Manuel Regos e os concelleiros do grupo de goberno recibiron no día de onte a un grupo de familiares do folclorista ordense recentemente falecido, Juanjo Liñares.

Inauguración prevista para o 16 de xaneiro

O alcalde lamentou que o falecido non poidera ver inaugurado o Museo do Traxe de Juanjo Liñares, para o que tiña cedido máis de mil traxes. Ainda así, Regos asegurou que o acto de inauguración, previsto para o vindeiro 16 de xaneiro, servirá para exaltar a figura do coreógrafo e bailarín ordense coa asistencia de representantes das diferentes administracións.

Regos entregou tamén un obsequio do Concello aos dous irmáns do bailarín, María Luisa e Sindo, que se mostraron agradecidos co recoñecemento que lle está a facer o Concello ao seu irmán.

“El museo era su obsesión, para él Ordes lo era todo, y aunque no está aqui lo estará viendo”, dixo Sindo Liñares.

*

sábado, 5 de diciembre de 2009

Cuenta atrás para elegir Lo Mejor de Ordes en 2009

Una vez despidamos este año 2009 los lectores y lectoras de Ordessiete están llamados a participar en la gran encuesta anual del 'Estado del Concello'

¿Quién será el/la ordense del Año? ¿Y el/la ordense revelación? Los lectores podrán elegir a sus favoritos entre una lista de precandidatos/as elegidas por Ordessiete. A falta de conformar la lista definitiva de categorías, esta estará integrada al menos por las siguientes:

1.- Ordense del Año 2009
2.- Lo Mejor de Ordes en 2009
3.- Ordense revelación del Año 2009
4.- Mejor Político en 2009
5.- Empresa del Año 2009
6.- Mejor Programa municipal en 2009
7.- Mejor Deportista/Entidad deportiva en 2009
8.- Mejor Exposición en 2009
9.- Mejor Iniciativa en 2009
10.- Mejor Concierto en 2009

*

O BNG solicita a reanudación do anterior pleno suspendido co gallo da misa por Liñares

.
Os nacionalistas solicitan aprobar as obras do Fondo Estatal e reclamar á Xunta investimentos para os centros educativos

Tiñan presentadas estas dúas mocións que non foron debatidas no pleno de novembro

Gonzalo Castro anunciou esta mañá que “o grupo municipal do BNG presentou unha solicitude de pleno extraordinario para debatir os asuntos que quedaron sen tratar no último pleno da corporación municipal de Ordes, que foi suspendido, debido á celebración do funeral de Juanjo Liñares, cando ainda faltaban dúas mocións presentadas polo BNG por debatir, ademáis de todos os Rogos e Preguntas”.

O portavoz salientou que “as mocións que quedaron sen tratar fan referencia a cuestións de grande importancia para o noso pobo, como o emprego e a educación, e son producto das peticións que os veciños teñen formulado ao BNG en diferentes reunións, e que deben ser atendidas antes de que finalice este ano”.

Viveiro de empresas e praza de abastos
Castro afirmou que “a moción do BNG coas propostas de actuacións a financiar con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEESL), na que propoñemos incluir a construcción dun viveiro de empresas e un plan de mellora e promoción da praza de abastos, co obxectivo de crear emprego en Ordes, debe ser aprobada con tempo suficiente para presentar os proxectos ao goberno do Estado antes de que finalice o prazo establecido, que é o 27 de xaneiro de 2010”.

Centros educativos
Con respecto á moción do BNG para instar á Xunta de Galicia a solucionar os problemas dos centros educativos de Ordes, Castro afirmou que “esta moción recolle as peticións feitas polos representantes das ANPAS ao BNG, e na proposta de acordo da mesma se solicita o apoio do pleno da corporación municipal ás emendas presentadas no Parlamento de Galiza polo BNG ao proxecto de Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2010, que defenden incluir 1,5 millóns de euros que irían destinados á supresión de barreiras arquitectónicas e á mellora das instalacións no colexio Castelao e á mellora e ampliación do colexio Campomaior para dotar ao mesmo dun comedor”.

O portavoz nacionalista considera que “resulta evidente que para que todas as peticións das ANPAS sexan atendidas é necesario que esta moción sexa aprobada antes de que remate a tramitación dos Orzamentos da Xunta para o 2010, o que terá lugar antes de que finalice este ano”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"Agardamos que a solicitude da celebración dun pleno extraordinario sexa atendida polo alcalde, incluíndo na Orde do día o debate e aprobación de dúas mocións que buscan a defensa dos intereses dos veciños e veciñas de Ordes en asuntos de gran importancia como son o emprego e a educación”.

*

Todo preparado para un bonito Nadal en Ordes

.
O Concello prepara un variado programa de actividades para as festas do Nadal

Obradoiros para nenos e maiores, concertos de música e a tradicional cabalgata son algunhas das iniciativas previstas


Domingo 20. Orfeón Caixa Galicia Terra A Nosa. Auditorio Casa da Cultura. 21:00 h.

Sábado 26. Concerto de Nadal. Auditorio Casa da Cultura. 19:00 horas.

Domingo 3 de xaneiro. Certame de Corais. Auditorio Casa da Cultura. 20:30 h.

Obradoiro florais. Aula Casa da Cultura. Entre o 14 e 18 de decembro. De 21:00 a 23:00 h. 25 euros. Límite de 15 prazas

Obradoiro infantil de decoración navideña. Local Cultural de Ordes. 22 de decembro. De 17:00 a 19:00 h. Nenos e nenas de 3 a 7 anos (15 prazas), entre 8 e 14 anos (15 prazas).

Obradoiro de maxia co Mago Pablo. Local Cultural del Ordes. 23 de decembro. De 17:00 a 19:00 h. Líite de 15 prazas.

Para inscribirse en calquera dos obradoiros, os interesados deberán dirixirse á concellaría de Cultura e Deporte do Concello de Ordes antes do día 10 de decembro.

Paxes Reais e Cabalgata de Reis
O acto central destas festas estará na Cabalgata de Reis, que como ocorre cada ano, se celebrará na tarde do 5 de xaneiro facendo un percorrido polas principais rúas da vila ata o Concello. Ao longo do percorrido repartiranse caramelos aptos para celíacos e para diabéticos. Na Alameda haberá unha carpa e agasallos para todos os pequenos.

En días anteriores, a visita dos Reis Magos estará precedida pola dos seus paxes reais. Así o día 18 de decembro este paxes de Oriente visitarán a Escola Infantil Sorrisos e o día 21 as escolas unitarias, co fin de recoller as cartas e os desexos dos rapaces para a noite do 5 de xaneiro.
*

Aberto o prazo para participar no II Concurso de Escaparates do Nadal

.
Os comerciantes ordenses poden presentar as súas inscricións ata o próximo 14 de decembro

As inscripcións están abertas ata o 14 de decembro na Casa do Concello

O Concello premiará, por segundo ano consecutivo, os mellores escaparates de Nadal do municipio a través do II Concurso de Escaparates de Nadal 2009 que convoca a concellaría de Industria e Comercio de Xosé Manuel Tobío Boquete.

No concurso, ao igual que o ano pasado, están invitados a participar todos os establecementos que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Ordes. O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 14 de decembro e a solicitude deberá entregarse no departamento de Emprego do Concello de Ordes. Está previsto que o xurado examine as decoracións dos establecementos a partir do día 16 de decembro.

Premios en tres categorías
Establécense tres categorías, un premio de 300 euros á decoración máis orixinal no que se premiará unha decoración novidosa ou pouco común e acorde aos productos que publicita. Outro premio de 300 euros para a decoración máis elaborada, e por último un premio de 400 euros ó mellor deseño, no que se valorará o conxunto total, a orixinalidade, a iluminación, a integración dos productos no escaparate, e o traballo en equipo, entre outros.

O fallo do xurado darase a coñecer o 7 de xaneiro.

*

jueves, 3 de diciembre de 2009

¡Labas draugas!*

.
Manuel Regos, recibiu aos alumnos do IES Maruxa Mallo que viaxaron a Lituania a través do proxecto Comenius

Os catro alumnos ordenses entregáronlle un obsequio institucional do concello de Druskininkai, onde residiron durante unha semana

Manuel Regos, recibiu esta mañá aos catro alumnos e ás dúas mestras do IES Maruxa Mallo de Ordes que viaxaron a Lituania a través do proxecto Comenius que financia a Unión Europea.

No seu día o alcalde enviara un agasallo a través dos escolares para o Concello de Druskininkai, onde residiron estes catro mozos, e en resposta, foron agora os representantes da localidade lituana os que quixeron enviar un obsequio ao consistorio ordense.

Algúns xa teñen nocións de lituano
Ademais durante o acto, o alcalde interesouse polas experiencias vividas polos catro alumnos, Adrián García Muíño, Luis Fernando Cruz, Andrea Ariño Vilariño e Paula Martínez, que aseguraron que a maior das dificultades nada máis chegar foi o idioma, aínda que trala viaxe algún deles incluso chegou a demostrar ter xa uns coñecementos básicos de lituano.

As profesoras Isabel Mato e Rosa Maceiras, que acompañaron aos rapaces anunciaron que a última semana de febreiro visitarán Ordes alumnos lituanos e polacos que participan no proxecto, e en xuño está previsto que o centro ordense realice outra viaxe, nesta ocasión a Polonia.

*Labas draugas en lituano significa 'Hola amigos'.

*

Presentado o libro de ponencias do pasado curso de verán da USC


A universidade compostelá segue e amosar a súa satisfacción pola primeira actividade oficial universitaria na historia da nosa vila, acontecida o pasado mes de setembro

Trátase dun manual de base en temas medioambientais


O salón de Plenos da Concello de Ordes acolleu esta mañá a presentación do libro de ponencias do Curso de Verán da Universidade de Santiago de Compostela 'A xestión ambiental nos concellos galegos', que tivo lugar na vila ordense a comezos do mes de setembro.

O acto estivo presidido polo alcalde, Manuel Regos; o edil de Medio Ambiente, Xesús Pedreira; a concelleira de Educación, Silvia Marín; o director do curso de verán, Francisco Peña; e a secretaria do mesmo, Julia Melgar. Representando á USC, compareceu o vicerreitor da Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos, quen amosou a súa satisfacción polos resultados obtidos, felicitando á súa vez ao Concello e aos responsables do curso.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"É unha satisfacción que o Concello de Ordes fora elexido no seu día para a celebración deste curso da USC, e que esta iniciativa tivese agora un gran broche final coa presentación do libro"

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Agradezo a confianza que o alcalde depositou en min nesta iniciativa, así como en todo o que se está a levar a cabo dende a concellaría de Medio Ambiente. Esperamos ter unha España e un mundo máis sostible e dende Ordes queremos aportar o noso grao de area”
*

Regos: "Todo o mundo pode facer de todo"

.
O alcalde preside os actos de conmemoración do Día Internacional da Discapacidade

Baixo o lema 'Xuntos, nada máis', o Concello sumause onte á conmemoración do Día Internacional da Discapacidade facendo acto de entrega a un grupo de escolares do municipio dun libro recopilatorio de todos os traballos presentados no Certame Infantil de Contos sobre Discapacidade convocado polo Concello.

Os encargados de repartir estos libros polos colexios Campomaior, Castelao e Mesón do Vento, foron o alcalde, Manuel Regos; a concelleira de Discapacidade, Silvia Marín; o presidente de Adiscordes, Antonio Morán; e o mozo ordense, membro de Adiscordes, Fran Viqueira, que respondeu ás preguntas dos pequenos acerca da súa discapacidade.

Pioneiros na creación dunha concellaría de Discapacidade
Tras a visita ás escolas, o acto central da xornada tivo lugar na Casa do Concello. Regos fixo fincapé na importancia deste día para demostrar que “todo o mundo pode facer de todo”, á vez que destacou a gran preocupación do seu goberno para con esta problemática. Así incidiu na aposta levada a cabo polo goberno local ordense coa creación, hai aproximadamente un ano, da concellaría da Discapacidade.

O acto pechouse cunha peza de acordeón de Fran Viqueira e a entrega dos premios do Certame Infantil. En canto aos premiados, no colexio Castelao as gañadoras foron Andrea Martínez de la Iglesia, Karina Mosquera Villaverde, María Lagares Carrillo e Sheila Fernández Villaverde. No colexio Campomaior foron premiadas Iria Rodríguez Rey, Ainoa Salmo Pallas e Vanessa Sabel Blanco. Por último no colexio Mesón do Vento premiouse o libro elaborado polas tres aulas de educación Infantil.

Os premios consistiron nun diploma e nun cheque de 200 euros para invertir en cada un dos centros.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Agora somos conscientes do importante número de veciños que teñen algún tipo de discapacidade, e intentamos recoller as súas demandas para facilitarlles a súa vida cotiá”

A frase de Silvia Marín, concelleira de Discapacidade
"Espero que o 3 de decembro non se celebre só hoxe, senón os 365 días do ano”


*

O Nadal chega á biblioteca

.
A biblioteca municipal celebrará dous obradoiros para os nenos e nenas do municipio

A biblioteca municipal acollerá dous obradoiros de lectura e vídeo. O primeiro deles terá lugar o mañá venres baixo o título 'A árbore da biblioteca' de 17:00 a 20:00 horas, e o segundo, 'O Belén da biblioteca', celebrarase o sábado día 12 de 10:30 a 13:30 horas.

O obxectivo destes dous obradoiros é dar a coñecer aos pequenos os fondos audiovisuais e os libros cos que conta o centro relativos á temática do Nadal, ademais da realización dun taller de manualidades no que se elaborarán obxectos decorativos típicos desta época do ano.

*

martes, 1 de diciembre de 2009

O Centro Comarcal acolle mañá un obradoiro sobre prevención da transmisión do VIH

.
Dirixido a mozos e mozas do municipio, participarán preto de 80 alumnos do IES Maruxa Mallo

Será a partires das 10:30 horas no Centro Comarcal

O Concello de Ordes dará comenzo mañá aos obradoiros de saúde, dirixidos á mocidade entre 14 e os 30 anos, e que organiza a concellería de Sanidade en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia.

Nesta ocasión, a prevención da transmisión do VIH será o tema principal no que participarán preto de 80 alumnos do IES Maruxa Mallo a partires das 10:30 horas.

*

María Costa Fuentes, lectora número 1.000 da biblioteca

.
Recibiu de mans do alcalde e da concelleira Silvia Marín un carné especial, honorífico e vitalicio

O alcalde Manuel Regos e a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, fixeron entrega recentemente do carnet de socio número 1.000 a María Costa Fuentes. Un carné especial, honorífico e vitalicio para esta veciña ordense, que ademais recibiu das mans do alcalde outros obsequios, como un reloxio, un libro de humor e cedés de música tradicional galega.

Centro de información da comarca
A biblioteca municipal do Concello de Ordes realiza dende hai anos unha importante labor como centro de información en toda a comarca, contando entre o seu fondo, cun total de aproximadamente 15.000 exemplares entre libros e material audiovisual. Unha cifra á que se foi capaz de chegar grazas a aportacións realizadas polo Concello e outras administracións.

Foto: Manuel Regos, María Costa e Silvia Marín.


*

lunes, 30 de noviembre de 2009

O xoven Sergio Raña gaña o concurso de carteis do VI torneo de Fútbol 7

.
O ordense, co seu cartel “A Xogar!!”, foi o gañador da consola Wii coa que obsequiaba o Concello

Manuel Regos: "É unha satisfacción que os escolares ordenses se involucren dunha ou outra maneira nas actividades que se levan a cabo dende o Concello, como foi o caso desta iniciativa, sendo así partícipes de todo o que ocorre no seu municipio"

Comeza a Liga de Fútbol Sala de Ordes

O alcalde Manuel Regos fixo entrega o pasado venres do premio ao gañador da primeira edición do concurso de Carteis do VI Torneo de Fútbol 7 de Ordes. Un concurso no que puideron participar todos os alumnos e alumnas de entre 7 e 12 anos dos centros de ensino ordenses, e do que saiu gañador finalmente Sergio Raña Fraga, co seu cartel “A Xogar!!”

No acto de entrega do premio o gañador foi recibido polo alcalde e o concelleiro de Cultura e Deportes, Ramón Vázquez Raña, que lle fixeron entrega da consola Nintendo Wii coa que se premiaba ao gañador.

Comeza a Liga de Fútbol Sala
Por outra banda, esta fin de semana tamén daba comenzo a Liga de Fútbol Sala de Ordes. Unha liga organizada pola Asociación Deportiva de Ordes e o Concello que cede as instalacións de maneira totalmente gratuíta, así como todo o material necesario para levar a cabo a competición.

Nesta liga participan 14 equipos de distinta procedencia, equipos de empresas, de asociacións ou mesmo grupos de amigos dispostos a pasar un bo rato, con xente de diferentes idades, entre os 16 e os 59 anos.

Os partidos celébranse no pavillón Campomaior de Ordes os venres dende as 20:00 ata as 00:00 horas, e os sábados de 18:00 a 21:00 horas.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Felicito a Sergio pola orixinalidade, creatividade e calidade do seu traballo"

"É unha satisfacción que os escolares ordenses se involucren dunha ou outra maneira nas actividades que se levan a cabo dende o Concello, como foi o caso desta iniciativa, sendo así partícipes de todo o que ocorre no seu municipio"

*

Centos de nenas e nenos no espectáculo de 'La Bruja Tapita'

.
Varios concelleiros entregaron lotes de xoguetes aos cativos participantes

A discoteca LP45 acolleu esta fin de semana unha iniciativa solidaria en prol da discapacidade da que non quixo deixar de ser partícipe o Concello. Unha iniciativa organizada pola Asociación de Discapacitados de Ordes e Comarca (Adiscordes) e o Concello, e presentada polo xornalista Pablo Quinteiro, e que trouxo ata o municipio ao espectáculo lo infantil de 'La Brujita Tapita'. Así, na tarde do domingo foron centos os nenos e nenas que se achegaron ata a discoteca para presenciar este festival solidario e didáctico, no que o dúo Tiempo de Sol, creadores de “La Brujita Tapita”, combinou xogos musicais, bailes e cancións, facendo aos nenos e tamén aos adultos partícipes do espectáculo.
Lotes de xoguetes
Se sortearon entre os rapaces e rapazas asistentes lotes de xoguetes que foron entregados polos concelleiros do goberno local, Silvia Marín, José Luis Gómez Candal, Xosé Ramón Vázquez Raña e Xesús Pedreira, así como por representantes de Adiscordes, encabezados polo seu presidente Antonio Morán, quen agradeceu a boa acollida do evento.

Pola súa banda a concelleira de Discapacidade do Concello de Ordes, Silvia Marín, tamén quixo agradecer a boa resposta do pobo ordense a esta iniciativa solidaria, así como fixo tamén un especial agradecemento a LP 45 que cedeu as súas instalacións para a celebración do festival de maneira totalmente gratuíta.
*

A Xunta aproba o escudo e bandeira oficiais da nosa Mancomunidade

.
A cor verde ten o protagonismo en ambas heráldicas

Pretenden simbolizar a nosa riqueza forestal, agrícola e gandeira

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes conta dende hoxe con escudo e bandeira oficiais. O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 26 de novembro os Decretos 415/2009 e 416/2009 polos que se aproban o escudo e a bandeira oficiais da Mancomunidade, que foran aprobados polo pleno desta entidade supracomarcal o pasado mes de marzo.

Deste xeito, e de acordo co reflectido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, o escudo da Mancomunidade de Municipios de Ordes é unha ponte de ouro a dúas augas de sete ollos, mazonada, sobre ondas de prata e azur superado dun carballo de ouro froitado de sete landras de gules. Todo elo con coroa real pechada. A ponte cos seus sete ollos simboliza a unión dos sete concellos que conforman a Mancomunidade (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo). As ondas de azur e prata representan o río Tambre e os seus afluentes. A cor sinople e o carballo de ouro lembran a riqueza forestal, agrícola e gandeira da comarca ordense mentras que as sete landras de gules identifícanse con cada un dos termos municipais.
.
Carballo e a cor verde
No que atinxe á bandeira, a Comisión de Heráldica da Xunta escolleu un pano verde cun carballo amarelo froitado de sete landras en vermello. Neste caso, o carballo e a cor verde lembran a riqueza forestal, agrícola e gandeira da comarca ordense, mentras que os concellos están simbolizados nas sete landras en vermello da árbore.

domingo, 29 de noviembre de 2009

Continúan os actos na loita contra a violencia machista

.
Unha trintena de expertos na atención ás vítimas da violencia de xénero da comarca asistiron a unha xornada formativa

Unha trintena de expertos en atención ás vítimas da violencia de xénero participaron nunha xornada formativa celebrada en Ordes baixo o título 'Equipos de apoio ás vítimas da violencia de xénero'. Unhas xornadas que foron inauguradas pola concelleira de Asuntos Sociais, Ana Álvarez, e a xefa de servizo de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno na Coruña, María del Pilar González Díaz.

No turno das ponencias, Avelina Piñeiro Saloria, psicóloga clínica e forense, falou sobre o maltrato psicolóxico como unha forma de control e poder do maltratador sobre a muller; mentras que María Sol Rodríguez Calvo, médica forense da Universidade de Santiago, disertou sobre o papel da sanidade na violencia de xénero e incidiu en todo o que poden facer os traballadores sanitarios na detección, valoración e intervención nestas situacións.

Pola súa banda, José Manuel Sánchez Murias, xefe da Unidade Orgánica da Policía Xudicial en A Coruña, explicou aos presentes o procedemento de actuacións da Garda Civil contra a violencia de xénero para que saiban a quen teñen que dirixirse en caso de detectar un caso; mentras que Manuel Ángel Cobas Otero, fiscal sustituto do Xulgado de Santiago, pechou estas xornadas exemplificando sobre as actuacións da xustiza diante da violencia de xénero.

A frase de Ana Álvarez, concelleira de Servizos Sociais de Ordes
"Temos que lanzar unha mensaxe de esperanza para todas as familias que viven a cruda realidade da violencia de xénero e o compromiso dos gobernos municipais coma o Concello de Ordes en agotar todos os nosos esforzos en poñer os medios para combatir a violencia e prestarlles os servizos e recursos que precisan"


*

viernes, 27 de noviembre de 2009

Sogama repite convenio con Ordes


Superará os 100.000 euros e estará destinado a múltiples programas medioambientais

Luis Lamas asegura que non será o último e se ofrece á colaboración co benestar dos ordenses

O alcalde Manuel Regos, e o presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) Luis Lamas, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a realización de iniciativas que contribúan á conservación do patrimonio natural do municipio e ao seu crecemento económico, xerando ao tempo riqueza e emprego entre os veciños e veciñas de Ordes polo que Sogama comprométese a investir máis de 100.000 euros no municipio de Ordes.

Novas zonas verdes, parques infantís e sendas naturais
Xesús Pedreira anunciou que o novo convenio seguirá avanzando “na habilitación de novas zonas verdes, na construción de parques infantís e sendas naturais que redundarán no benestar e na calidade de vida da cidadanía de Ordes”. O concelleiro de Medio Ambiente explicou que grazas a este convenio poderá pontenciarse o uso de bolsas biodegradables no sector comercial ordense, “unha iniciativa que levamos realizando varios anos con éxito e coa que dende o Concello de Ordes tentamos axudar aos nosos comerciantes para que abandonen as bolsas de plástico, que tardan séculos en descompoñerse e son un risco para o medio ambiente”.

Ademais, de cara tamén ao sector empresarial ordense, o convenio incluirá como novidade a realización dun labor de asesoramento ás empresas para que podan minguar a súa produción de residuos. Unha campaña especial que estará incluída dentro do programa “Ordes recicla”, co cal o Concello de Ordes está a realizar importantes campañas de concienciación ambiental entre todos os veciños e veciñas do municipio.

Finalmente, ao abeiro deste convenio de colaboración o Concello de Ordes e Sogama tamén permitirán, un ano máis, a realización de distintas actividades naquelas datas destacadas do calendario medioambiental (Día da Árbore, Día do Auga, Día do Medio Ambiente...). Así mesmo, potenciarase o programa de compostaxe “de xeito que chegue a todos os puntos do rural e tamén ás persoas da zona urbana con horta”, explica Pedreira.

Os dous anteriores convenios, asinados en 2008 e 2007, permitiron a construción do parque infantil e de maiores 'Pilar Martínez Viqueira', a rehabilitación de varias fontes e o seu entorno (no Mesón do Vento, en Cabeza de Lobo –Ardemil- e na costa de Santa Cruz) e a construción de “illas verdes” en varias parroquias de Ordes (instalacións conformadas por contedores para a recollida de papel, vidro, envases lixeiros e residuos orgánicos), entre outras accións.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Facemos un balance moi positivo dos resultados acadados con este convenio o ano pasado, coas campañas de concienciación ambiental e a rehabilitación dalgunhas fontes"

"Agradecemos a colaboración de Sogama no noso obxectivo de facer un Ordes máis sostible”

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Agradecemos a Luis Lamas que a pesar da crise económica manteñan un convenio moi importante para o Concello de Ordes, pois permítenos facer obras e actividades medioambientais que por nós sos, dende o Concello, seguramente non poderiamos facer”

A frase de Luis Lamas, presidente de Sogama
"Este terceiro convenio asinado hoxe non será o último e espero que dure moitos anos pois estamos abertos a calquera colaboración que redunde en beneficio dos cidadáns de Ordes”


*

O Concello programa tres obradoiros sobre a sida, as drogas e o sexo

.
Xesús Pedreira: “O obxectivo é que os nosos mozos poidan expresar opinións e resolver as súas dúbidades para manter comportamentos saudables”

A concellería de Sanidade, en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia, vai celebrar tres “Obradoiros de Saúde” gratuítos en Ordes dirixidos á mocidade ordense. En concreto, poderán participar un total de 120 mozos e mozas (trinta por cada obradoiro) de idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos. Uns obradoiros, de entre dúas e tres horas de duración, que tratarán aspectos coma a prevención da transmisión do VIH, a prevención de drogodependencias e educación sexual-afectiva.

O primeiro obradoiro, que terá lugar na primeira semana do mes de decembro, tratará sobre a prevención do VIH e permitirá “analizar actitudes, perspectivas e estereotipos sociais ante a sexualidade e a sida”, explica Xesús Pedreira. Na segunda semana do mes de xaneiro de 2010 terá lugar o obradoiro sobre prevención de drogodependencias, no cal os alumnos estudiarán os estereotipos sociais asociados aos diferentes tipos de drogas. Finalmente, no mes de febreiro terá lugar o terceiro obradoiro, sobre educación sexual, no que os mozos e mozas de Ordes recibirán información sobre a necesidade de adoptar conductas promotoras de saúde e sobre as medidas de prevención do embarazo axeitadas.

Dirixidos á mocidade entre os 14 e os 30 anos
Con estes tres obradoiros de saúde dirixidos específicamente á mocidade ordense, a concellería de Sanidade continúa co seu programa de promoción dos hábitos de vida saudable entre os veciños e veciñas de Ordes. Un programa que incluíu este ano iniciativas coma os “Venres saudables”, os cursos de atención a pacientes ou as charlas informativas sobre nutrición en todas as parroquias do municipio.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"Mediante a realización destes obradoiros de saúde pretendemos que os mozos e mozas de Ordes poidan expresar as súas opinións e resolver as súas dúbidas, debater en grupo e intercambiar experiencias para aclarar e resolver inquedanzas e recibir información que faga posible manter comportamentos saudables”

“Pretendemos facilitar o análise crítico dos aspectos sociais e culturais relacionados coa saúde e os comportamentos saudables entre a mocidade ordense”
*

A Casa de Cultura se encheu de rapaces na primeira sesión de Cinensino

.
Miguel Prado: "Este programa pretende que reflexionedes sobre a problemática das drogas e da importancia de que manteñades unha actitude responsable ante a vida"

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Miguel Prado Patiño, inaugurou esta mañá a primeira sesión do programa de prevención fronte ás drogas “Cinensino 2009-2010”, que reuníu a 313 rapaces de toda a comarca ordense no auditorio da Casa da Cultura de Ordes. “Un programa que levamos facendo con éxito xa varios anos”, explicou Prado Patiño, “e que pretende que, ademais da diversión de poder ver unha boa película, reflexionedes sobre a problemática das drogas e da importancia de que manteñades unha actitude responsable ante a vida, sendo conscientes das consecuencias das vosas accións”.

Prado Patiño estivo acompañado pola técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade, Mónica González, quen foi a encargada de traballar cos rapaces unha vez finalizada a proxección do filme. Unha película, 'City of Ember', coa que González traballou a conveniencia de que todos os rapaces saiban xulgar as situacións nas que se vén involucrados, para así poder anticipar as consecuencias dos seus actos e, en consecuencia, poder tomar as decisións máis axeitadas.

Nesta primeira sesión de 'Cinensino' participaron un total de 313 alumnos e 24 profesores de centros educativos de 1º e 2º da ESO dos municipios que integran a Mancomunidade de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo), divididos en dúas sesións (ás 10:00 e ás 12:00 horas, respectivamente). “Cinensino 2009-2010” está organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependecias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e financiado póla Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables a través do Servizo de Drogodependencias e Trastornos Adictivos da Consellería de Sanidade.

*

Recouso acusa ao alcalde de manter a tramitación do PXOM paralizada durante dous anos

.
Recouso: "É precisamente agora cando máis se necesita un PXOM que dea un impulso ao noso concello"

Asegura que Manuel Regos ten interese en manter a vixencia dunhas normas subsidiarias obsoletas

O concelleiro do BNG, Ramiro Recouso, acusou ao alcalde, Manuel Regos, de retrasar deliberadamente a tramitación do PXOM de Ordes, e considerou que as declaracións públicas de Regos sobre o PXOM, “veñen a reafirmar as sospeitas do BNG de que detrás da lentitude na tramitación do PXOM existen intereses inconfesábeis, que buscan provocar que non se aprobe definitivamente o mesmo no presente mandato municipal, o que abocaría a Ordes a seguir padecendo un desenvolvemento urbanístico caótico e pouco sostíbel.”
"Agora é cando máis se necesita o PXOM"
Recouso acusou ao alcalde “de manter dous anos paralizada a tramitación do PXOM e intentar engañar aos veciños xustificando o retraso con excusas que non son máis que mentiras, xa que é precisamente agora, nun momento de crise, cando máis se necesita un PXOM que dea un impulso ao noso concello”.

Segundo Ramiro Recouso “coas excusas do alcalde para non acelerar a tramitación do PXOM demostrase que para él é máis importante manter a vixencia dunhas normas subsidiarias obsoletas e que benefician a uns poucos, antes que aprobar un PXOM que beneficie ao conxunto dos veciños e veciñas de Ordes, permitindo que o noso Concello poida desenvolverse urbanísticamente de xeito equilibrado”.

O concelleiro nacionalista afirmou que “o BNG defenderá que se aprobe canto antes un PXOM que permita un desenvolvemento urbanístico equilibrado, que fomente a creación de vivenda protexida e que prime a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ordes“.


*

Adega alertou dos perigos da prevista ampliación do vertedoiro da Areosa

.
Montse Rey chama á mobilización social contra as intencións da Xunta de Galicia con Sogama

A delegación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) na comarca de Ordes mantivo unha reunión informativa con veciños e veciñas de Ordes na que se informou da intención do goberno da Xunta de Galicia de ampliar as instalacións de Sogama e, en concreto, do vertedoiro ubicado na zona da Areosa.

Os ecoloxistas informaron de que o vertedoiro da Areosa foi aberto no ano 1996 como medida provisional para almacenar residuos da planta de Sogama, pero, na actualidade e segundo Adega, vai camiño de converterse no vertedoiro da meirande parte do país.

Para Adega, feitos constatados como o verquido de lixiviados aos ríos colindantes, o enterramento de medicamentos, ou mesmo os incendios que se teñen declarado no propio vertedoiro, non fan máis que poñer de manifesto que a xestión dos residuos que se está a facer na actualidade dista moito de ser medioambientalmente sostible e pode ter consecuencias irreversíbeis para o medioambiente e a saúde da zona.

A frase de Montse Rey, presidenta de Adega Ordes-Cerceda
"Comprometome cos veciños a impulsar a mobilización social co obxectivo de frenar un proxecto que pretende convertir a comarca de Ordes no vertedoiro de todo o país, reforzando un modelo de tratamento de residuos que se ten demostrado moi perxudicial para o medioambiente e que constitue un perigo para a saúde, como ben sabemos no concello de Ordes”

Foto: Vista dos asistentes á conferencia de Adega do pasado mércores no restaurante El Túnel.


*

jueves, 26 de noviembre de 2009

O Concello reparte entre os veciños 1.000 buxainas, 2.000 adornos de Nadal e 5.000 calendarios contra a violencia de xénero

.
Equipos de apoio ás víctimas de violencia de xénero de toda a comarca participarán hoxe nunha xornada formativa

O Concello de Ordes iniciou onte, Día Internacional contra a violencia de xénero, unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación ordense que inclúe o reparto gratuito de peonzas, adornos de nadal e calendarios con lemas contra a violencia de xénero. A Concellería de Servizos Sociais entregou hoxe aos distintos centros educativos de Ordes un total de 1.000 peonzas co lema 'Ordes sen violencia', que serán repartidos mañá xoves entre todos os rapaces e rapazas do municipio.

Así mesmo, repartiranse tamén 5.000 calendarios co mesmo lema e 2.000 adornos de Nadal, coas formas dun reno e dunha árbore navideña, entre os veciños e veciñas de Ordes. O obxectivo é dar a coñecer a plataforma web presentada onte mesmo, www.ordessenviolencia.org, e facer que “as vítimas e as súas familias sintan de maneira especial o apoio da sociedade ordense nestas datas, así como que a propia sociedade teña presente a realidade da violencia contra as mulleres”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Ana Álvarez.

Unha campaña organizada pola concellería de Servizos Sociais e a Terceira Idade en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta e do Centro de Información á Muller (CIM) de Ordes.

Equipos de apoio ás vítimas da violencia de xénero de toda a comarca participarán mañá xoves en Ordes nunha xornada formativa.

Xornada formativa
Así mesmo, mañá xoves, 26 de novembro, o salón de plenos do Concello acollerá unha xornada formativa denominada 'Equipos de apoio ás vítimas da violencia de xénero' na que participarán profesionais de toda a comarca de Ordes tanto do ámbito municipal coma do xudicial, sanitario e de seguridade.

Nestas xornadas, que terán lugar entre as 16:30 e as 20:30 horas, participarán Avelina Piñeiro Saloria, psicóloga clínica e forense, que falará sobre o maltrato psicolóxico como forma de control e poder do maltratador sobre a muller; María Sol Rodríguez Calvo, médica forense da Universidade de Santiago, que tratará sobre o papel da sanidade na violencia de xénero e todo o que pode facer na súa detección, valoración e intervención; José Manuel Sánchez Murias, xefe da Unidade Orgánica da Policía Xudicial na Coruña, que presentará o procedemento de actuacións da Garda Civil contra a violencia de xénero; e Manuel Ángel Cobas Otero, fiscal sustituto do Xulgado de Santiago, que disertará sobre as actuacións da xustiza diante da violencia de xénero.

*

martes, 24 de noviembre de 2009

Pioneiros en Galicia na 'ciber loita' contra a violencia machista

.
O Concello impulsa unha web que permitirá ás vítimas e ao seu entorno ter acceso directo ao CIM dun xeito anónimo e confidencial

Ana Alvarez: "Servirá para informar e sensibilizar sobre a violencia de xénero"

O Concello de Ordes conta dende hoxe cunha nova ferramenta na loita contra a violencia de xénero pioneira en Galicia: unha plataforma na Internet (http://www.ordessenviolencia.org/) que facilitará a atención ás vítimas da violencia de xénero e permitirá unha mellor coordinación entre os distintos equipos de apoio ás mulleres e que crearon en 2008 o “Protocolo de actuación para a atención integral das vítimas da violencia de xénero” (Garda Civil, Policía Local, Centro de Saúde, Xulgado e servizos sociais municipais).

Se trata dunha das primerias plataformas deste tipo a nivel nacional que servirá “para informar e sensibilizar á poboación sobre a violencia de xénero e para garantir un espazo de comunicación entre todos e todas os profesinoais de Ordes que atenden a vítimas de violencia”, explica a concelleira de Servizos Sociais, a socialista Ana Álvarez.

“Existen dúas maneiras de facer as consultas”, apunta Nazaret González, directora do CIM, “de maneira anónima ou pesoalizada, é a propia persoa a que decide se manter ou non o anonimato, sempre garantindo a confidencialidade das consultas”. Así, se a persoa que enche o formulario na web deixa o seu mail, responderáselle de xeito confidencial a ese correo. Se, polo contrario, non dá ningún dato, o CIM responderá á consulta no apartado “Preguntas frecuentes”.

Zona aberta e intranet
A nova plataforma web está composta por dous apartados moi diferenciados: unha zona aberta a todo o público e unha intranet para os profesionais relacionados coa violencia de xénero. A zona aberta ao público é un portal de sensibilización e información para a poboación en xeral, na que hai información útil relacionada coa violencia de xénero (programas, recursos, lexislación, documentación, etc). Ademais, conta con tres espazos reservados con información específica para tres colectivos: mulleres, homes e menores.

No apartado de menores informarase dos recursos aos que poden acceder os pequenos no caso de ser vítimas ou testemuñas da violencia, mentras que no apartado de mulleres colgarase información de interese para as vítimas. Finalmente, no apartado dos homes “habilitaremos un espazo para que os homes que teñen problemas de control e son, ou poden chegar a ser, violentos coñezan os recursos aos que poden acceder”, explica Nazaret González.

Por último, a intranet desta plataforma está reservada para os profesionais que asinaron o protocolo contra a violencia de xénero (Garda Civil, Policía Local, Centro de Saúde, Xulgado e servizos sociais municipais).

Campaña de sensibilización
Ademais da presentación desta plataforma, a Concellería de Servizos Sociais de Ordes ten programado para mañá mércores, Día Internacional contra a violencia de xénero, unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación ordense. Repartiranse peonzas entre todo o alumnado dos centros educativos de infantil e primaria de Ordes, calendarios entre os rapaces de secundaria, bacharelato e formación profesional, así como material dirixido á poboación en xeral moi vencellado á poboación en xeral.

A campaña completarase cunha cuña publicitaria, emitida a través de Radio Ordes, e a distribución de carteis polo municipio. “O obxectivo é que as vítimas e as súas familias sinta de maneira especial o apoio da sociedade ordense nestas datas e que a propia sociedade teña presente a realidade da violencia contra as mulleres”, explicou Ana Álvarez.

Xornada formativa
A concelleira de Servizos Sociais aproveitou tamén para lembrar que este xoves, 26 de novembro, Ordes acollerá unha xornada formativa denominada “Equipos de apoio ás vítimas da violencia de xénero” na que participarán profesionais de todos os ámbitos que interveñen nestes casoso: xudicial, sanitario, seguridade e servizos sociais. A xornada terá lugar o xoves 26 de novembro, de 16:30 a 20:30 horas.

Nestas xornadas participarán Avelina Piñeiro Saloria, psicóloga clínica e forense, que falará sobre o maltrato psicolóxico como forma de control e poder do maltratador sobre a muller; . María Sol Rodríguez Calvo, médica forense da Universidade de Santiago, que tratará sobre o papel da sanidade na violencia de xénero e todo o que pode facer na súa detección, valoración e intervención; José Manuel Sánchez Murias, xefe da Unidade Orgánica da Policía Xudicial na Coruña, que presentará o procedemento de actuacións da Garda Civil contra a violencia de xénero; e Manuel Ángel Cobas Otero, fiscal sustituto do Xulgado de Santiago, que disertará sobre as actuacións da xustiza diante da violencia de xénero.

A frase de Ana María Alvarez, concelleira de Servizos Sociais de Ordes
"Servirá para informar e sensibilizar á poboación sobre a violencia de xénero e para garantir un espazo de comunicación entre todos e todas os profesinais de Ordes que atenden a vítimas de violencia”

As frases de Nazaret González, directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Ordes
"Para unha vítima de violencia de xénero dar o primeiro paso para pedir información é moi difícil, polo que esta plataforma lle ofrece a vantaxa do anonimato e tamén de dispoñer dunha información totalmente actualizada"

"Na web xa están colgada información sobre como actuar ante un caso de violencia cunha amiga ou unha filla, por exemplo”

*

O BNG presenta unha emenda aos orzamentos da Xunta para incluir dous millóns nas concentracións parcelarias

Castro: “O BNG apoia a recollida de sinaturas que están a levar a cabo os veciños de Barbeiros e Vilamaior para que se rematen os traballos pendentes”

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou que a súa formación política ten presentado no Parlamento de Galicia unha emenda aos Orzamentos da Xunta para o 2010 para incluir unha partida de dous millóns de euros destinada ás concentracións parcelarias de Ordes, xa que se trata, segundo Castro, "de actuacións moi importantes para o desesenvolvemento socioeconómico do noso concello”.

O nacionalista lembrou que no último pleno da corporación municipal o BNG presentou unha moción na que se instaba á Xunta de Galicia a acometer todos os investimentos aprobados o ano pasado pola Consellería do Medio Rural. Propoñían tamén que o Pleno reclamase un plan de investimento da Xunta para as concentracións parcelarias de Ordes que permitise ter rematadas na súa totalidade todas as concentracións abertas no Concello no primeiro semestre de 2011, tal e como tiña previsto a Consellería do Medio Rural do anterior goberno da Xunta. Esta moción foi rexeitada cos votos do grupo de goberno e do PP.

Barbeiros-Vilamaior
No caso concreto da concentración parcelaria de Barbeiros-Vilamaior, o BNG reclamaba que se executase a totalidade das obras aprobadas polo anterior goberno da Xunta nun prazo de tres meses, xa que si se retrasa máis a execución das obras, segundo o portavoz municipal do BNG Gonzalo Castro, “correse o perigo de perder a inversión de 700.000 euros aprobada para este ano pola anterior Consellería do Medio Rural”. Por outra banda, Castro afirmou que “o BNG apoia a recollida de sinaturas que están a levar a cabo os veciños destas dúas parroquias para que se rematen os traballos pendentes”.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"Lamento que o alcalde e o PP, en lugar de defender os intereses dos veciños, se unan para defender ao Goberno da Xunta, amparando que non se teña incluido no proxecto de Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2010 ningún investimento para as concentracións parcelarias de Ordes"

“O BNG seguirá a traballar para que se rematen todas as concentracións parcelarias de Ordes”

"Emplazo ao Goberno Municipal e ao PP a deixar a un lado os intereses partidistas e sumarse á defensa dos intereses dos veciños de Ordes, que están reclamando que se rematen coas concentracións parcelarias”

*

lunes, 23 de noviembre de 2009

O cine, ferramenta contra a droga

.
Un total de 313 alumnos da comarca participarán na primeira sesión do programa de prevención contra a drogodependencia 'Cinensino'

O Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes lanza unha nova edición do programa de prevención fronte ás drogas 'Cinensino 2009-20101'. Un programa incluido no Plan Nacional contra a Drogadicción e que contempla a proxección de tres películas, unha por trimestre, que posteriormente son traballadas individualmente polos asistentes a través dunhas fichas que se lles reparten á finalización das proxeccións.

A primeira destas sesións terá lugar este venres 27 de novembro e nela participarán un total de 313 alumnos e 24 profesores de centros educativos de 1º e 2º da ESO dos municipios que integran a Mancomunidade. Utilizando o cine como ferramenta pedagóxica, os técnicos do Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade realizarán dúas proxeccións da película City of Ember: En Busca de la Luz (Gil Kenan. EE.UU., 2008), coa que tratarán de sensibilizar aos escolares da conveniencia de xulgar as situacións nas que se vén involucrados, anticipando as consecuencias que poden ter para tomar as decisións máis adecuadas.

“Cinensino 2009-2010” está organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependecias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e financiado póla Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables a través do Servizo de Drogodependencias e Trastornos Adictivos da Consellería de Sanidade.

Mónica González, técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Ordes
“Os obxectivos desta iniciativa céntranse na reducción dos factores de risco e na potenciación de protección fronte ao consumo. A novidade deste enfoque é a metodoloxía, posto que se utiliza o cine como elemento motivador para, posteriormente, traballar as unidades didácticas na titoría, directamente co alumnado”

“O cine axuda a observar, non só vendo, senón tamén sentindo; e ademais fai ás persoas críticas e abertas a unha linguaxe moito máis global”

Foto: Fotograma de City of Ember.
*

Espectáculo a favor de Adiscordes

.
En la discoteca LP45 el domingo 29 a las 17 horas

La discoteca LP45 acogerá este domingo dia 29 un espectáculo a favor de la Asociación de Discapacitados de Ordes (Adiscordes). El evento, que contará con un show didáctico musical contará con la colaboracion de las asociaciones de padres y madres de los centros de enseñanza de Ordes, y la guarderia Pequelua.

Todos los invitados deberán pagar una entrada de 5 euros. Los beneficios se destinaran a Adiscordes para desarrollar el trabajo social que tiene como fin.

Desaparece una menor de Leira

.
Se llama Eva Calvo Bello, tiene 16 años y lleva desde el viernes en paradero de desconocido

Según informaron a Europa Press fuentes del Instituto Armado, se trata de una desaparición "voluntaria" porque la joven se marchó supuestamente con otro menor

Fuente: EP. La Guardia Civil busca a una joven de 16 años vecina de Leira cuyo paradero se desconoce desde que el viernes se desplazó a Santiago a la academia de peluquería donde recibe clases.

Según informaron a Europa Press fuentes del Instituto Armado, se trata de una desaparición "voluntaria" porque la joven se marchó supuestamente con otro menor.

La joven, de pelo rubio, vestía el pasado viernes cuando salió de casa una cazadora de color rojo y unos vaqueros. Por el momento, su familia indicó que no tiene noticias desde que la chica llamó para decir que supuestamente había perdido el autobús de regreso a Ordes y que cogería el próximo.

*

domingo, 22 de noviembre de 2009

Adega alerta de que o vertedoiro da Areosa está a piques de adentrarse no municipio de Ordes

.
Os ecoloxistan sosteñen que a xestión dos residuos que se está a facer na actualidade "dista moito de ser medioambientalmente sostible"

A asociación ofrecerá unha charla onde se falará da problemática de ampliación do vertedoiro de Cerceda

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) ofrecerá o vindeiro mércores 25 ás 21 horas unha conferencia no restaurante El Túnel onde se tratará a problemática derivada dos residuos, os distintos modelos de xestión e as posibles consecuencias que suporá esta ampliación sobre a comarca.

Segundo informa a asociación ecoloxista, "o vertedoiro da Areosa foi aberto no ano 1996 como medida provisional para almacenar residuos da planta de Sogama, pero, na actualidade, vai camiño de converterse no vertedoiro da meirande parte do país, o que supón que os impactos sobre o medio ambiente e a saúde pública continúen incrementándose considerablemente".

Verquido nos ríos
Para Adega, feitos constatados como o verquido de lixiviados aos ríos colindantes, o enterramento de medicamentos, ou mesmo os incendios que se teñen declarado no propio vertedoiro, non fan máis que poñer de manifesto que a xestión dos residuos que se está a facer na actualidade dista moito de ser medioambientalmente sostible.

Dende a delegación Ordes-Cerceda de Adega, consideran que o perigo que se cerne sobre a comarca coa extensión deste vertedoiro, que xa está a piques de superar os límites do Concello de Cerceda e adentrarse no municipio de Ordes, é de enorme envergadura, polo que consideran prioritario a posta en común de posíbeis actuacións, para que a cidadanía reaccione antes de que os danos medioambientais e de saúde pública sexan irreversibles.

*

viernes, 20 de noviembre de 2009

O Pleno da luz verde ao POS 2010 por valor de 418.058 euros

.
A corporación gardou un respectuoso minuto de silencio pola morte de Juanjo Liñares, cuxa familia cederá a súa biblioteca ao Concello de Ordes

Aproba por unanimidade unha moción en defensa do sector agrogandeiro ordense

O pleno municipal aprobou esta mañá por unanimidade a relación de obras que serán incluidas no Plan de Obras e Servizos (POS) 2010 da Deputación da Coruña e que suporán un investimento de 418.058 euros en obras de mellora de trece estradas do municipio e nunha canalización de pluviais na parroquia de Leira. Unha relación de proxectos que, por primeira vez nesta lexislatura, contou cos votos a favor de todos os grupos políticos, xa que a proposta do grupo de goberno incluíu varias das obras demandadas dende a oposición, como o arranxo do camiño entre Vilasuso e Deixebre (Beán) ou o arranxo das pistas do entorno do colexio do Mesón do Vento.

Así, arranxaranse con aglomerado quente a mencionada pista entre Vilasuso e Deixebre (Beán), no lugar de Iglesia (na estrada entre Mendo e Pereira) e no camiño á escola de Poulo. Así mesmo, tamén se realizarán melloras na pista que une Lesta e Vilagudín, na conexión de Barbeiros coa estrada N-550, na vía entre Leira e Conde, nun camiño en Valiño (Parada), na pista entre Lesta e Ameneiros, na conexión de Barbeiros coa estrada N-550, no camiño de Brea a Orellán (Ardemil) e no camiño detrás da vía do tren en Lesta. Así mesmo, o POS 2010 tamén incluirá unha partida de 37.000 euros para a canalización de pluviais en Leira.

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, explicou que “só temos 418.000 euros e as obras que propoñemos son as máis necesarias e que precisan dunha atención máis urxente nestes momentos”. Así mesmo, explicoulle a Teodosio Martino que algunhas das obras que solicitaba, como o abastecemento en Fosado ou en Lavandeira de Abaixo, “xa están aprobados nun plan da Xunta, por un importe de 750.000 euros, aprobado xa polo anterior Goberno”.

Cálida homenaxe a Juanjo Liñares
O pleno comezou cun sentido minuto de silencio na honra do bailarín Juanjo Liñares, fillo predilecto de Ordes falecido este mesmo luns. Regos explicou que “a familia xa nos transmitiu que non só disporemos dos 1.000 traxes que xa están colocados no Museo do Traxe senón que tamén farán outras cesións, como a súa biblioteca, xa que foi un home que sempre levou a Ordes no seu corazón”.

De feito, os rogos e preguntas previstos para o pleno de hoxe quedaron aprazados ata unha vindeira sesión plenaria para que os membros da corporación que o desexaran puidesen asistir a unha misa na honra de Juanjo Liñares, celebrada nun local municipal cedido polo Concello de Ordes á igrexa parroquial mentras teñen lugar as obras de rehabilitación do templo de Santa María de Ordes. Unha misa á que acudiron máis de medio cento de veciños e veciñas.

Baixada das taxas de auga e sumidoiros
O pleno municipal aprobou tamén un descenso dun 0,1% das taxas municipais polos servizos de abastecemento de auga potable e sumidoiros, que se aprobou coa abstención do BNG. Unha decisión que sorprendeu a Manuel Regos pois “é a primeira vez que baixamos estas taxas municipais a todos os veciños e veciñas de Ordes”. O BNG abstivose neste punto, xa que, segundo Ramiro Recouso, “as taxas por enganche son moi elevadas, superando nalgúns casos os 400 euros, o que non é xustificable nun momento como o actual de crise económica”.

As empresas de telefonía deberán pagar por ter as súas instalacións en Ordes
As que se incrementarán serán as taxas que terán que aboar as empresas de telefonía por colocar as súas instalacións no termo municipal. A proposta de que as taxas sexan cobradas pola Deputación Provincial, entidade na que delega o Concello de Ordes, foi aprobada por unanimidade. Finalmente, na parte dispositiva aprobouse un expediente de modificación de crédito por un importe de 206.000 euros, que serán destinados a obras de infraestrutura e deportes.

Un expediente que foi aprobado cos dez votos a favor do grupo de goberno e Juan Simón (NA), a abstención do BNG e o voto en contra do PP. Manuel Regos aproveitou para felicitar aos técnicos municipais polo traballo feito cos orzamentos xa que “hoxe aprobamos o primeiro expediente de modificación de crédito deste ano, o que quere dicir que as contas están ben feitas”. Así mesmo, lembrou que “durante o goberno de Martino, no 2006, se fixeron seis expedientes en pleno e outros 20 en Comisión de Goberno”.

Apoio ao sector lácteo
A unanimidade caracterizou o turno de mocións dos distintos grupos municipais. Así se aprobou unha moción en defensa do sector agrogandeiro da comarca e de apoio ás mobilizacións que están a realizar hoxe 20 e mañá 21 de novembro. O concelleiro de Medio Rural, Xesús Pedreira, asegurou que “o Concello de Ordes amosa a súa solidaridade co sector agrícola da comarca, vital para o desenvolvemento do noso medio rural”.

Iniciativa lexislativa popular
Tamén se aprobaron por unanimidade tres mocións do grupo de Goberno nas que se apoiou a iniciativa lexislativa popular para a supresión do chamado 'Plus dos Altos Cargos da Administración', a inclusión nos Orzamentos do Estado de sendas partidas para a casa cuartel da Garda Civil e para a circunvalación de Ordes e defender os criterios de dispersión, envellecemento e emigración durante a tramitación parlamentaria da Lei Orgánica de Financiación das Comunidades Autónomas.

O BNG votou a favor destas mocións e solicitou o apoio do pleno á proposta de veto que ten presentado o BNG no Congreso e no Senado á Lei de Financiamento das Comunidades Autónomas, porque, ao seu xuízo, "é profundamente lesiva para os intereses de Galiza".

Servizos sociais
BNG e PP aceptaron unha proposta do grupo de goberno para refundir as súas respectivas mocións sobre a prestación de servizos sociais e a axilización na aplicación da Lei de Dependencia, mentras que foi rexeitada unha moción nacionalista sobre as concentracións parcelarias no municipio. O concelleiro de Medio Rural, Xesús Pedreira, propuxo a todos os partidos políticos de Ordes “traballar ao unísono no remate das parcelarias, especialmente nas de Vilamaior e Barbeiros, xa que o seu remate é fundamental porque aló hai moitas explotacións agrogandeiras”.
Concentracións parcelarias
O grupo de goberno rexeito a moción do BNG xa que impuña uns prazos determinados á Xunta para o remate das parcelarias. Pedreira Mirás pediu tempo para que a Xunta poida cumprir os seus compromisos co goberno de Ordes e comprometeuse a que “se en febreiro, despois de falar cos técnicos e co xefe territorial de Medio Rural, non hai unha solución ou vemos que o que se fai en Vilamaior e Barbeiros non é o queren os veciños, faremos unha moción conxunta para que se faga”.

No caso concreto desta concentración parcelaria, o BNG reclamaba que se executase a totalidade das obras aprobadas polo anterior goberno da Xunta nun prazo de tres meses, xa que si se retrasa máis a execución das obras, segundo Gonzalo Castro, “correse o perigo de perder a inversión de 700.000 euros aprobada para este ano pola anterior Consellería do Medio Rural”.

Castro lamentou que “o alcalde e o PP, en lugar de defender os intereses dos veciños, se unan para defender ao Goberno da Xunta, amparando que non se teña incluido no proxecto de Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2010 ningún investimento para as Concentracións Parcelarias de Ordes”. Tamén anunciou que a súa formación política “ten presentado unha emenda aos Orzamentos da Xunta para o 2010 para incluir unha partida de 2 millóns de euros destinada ás Concentracións Parcelarias de Ordes, xa que se trata de actuacións moi importantes para o desesenvolvemento socioeconómico do noso Concello”.

Fotos: Arriba, minuto de silencio da corporación municipal en memoria de Juanjo Liñares.
Abaixo, detalle da misa en honor do folclorista Juanjo Liñares.
*

jueves, 19 de noviembre de 2009

Unhas xornadas sobre a violencia de xénero traerán ata a Casa do Concello a un nutrido grupo de especialistas

.
Participarán médicos, psicólogos, policías, políticos e un fiscal

A participación é gratuíta, pero require inscrición previa no CIM de Ordes (Tlf. 981 682108)

O Concello organiza unha xornada formativa dirixida a equipos de apoio ás vítimas de violencia de xénero, que terá lugar o vindeiro xoves 26 de novembro (de 16:30 a 20:30 horas) no salón de plenos da casa consistorial ordense.

Unhas xornadas que tratarán o tema da violencia de xénero dende diversos puntos de vista: o psicolóxico, a intervención sanitaria e o papel da Xustiza e das forzas da orde fronte á violencia de xénero. A participación é gratuíta, pero é necesaria inscrición previa no Centro de Información á Muller do Concello de Ordes ou a través do teléfono 981 682 108.
.
Xornadas formativas
Avelina Piñeiro Saloria, psicóloga clínica e forense, falará sobre o maltrato psicolóxico como forma de control e poder do maltratador sobre a muller. Pola súa banda, María Sol Rodríguez Calvo, médica forense da Universidade de Santiago, tratará sobre o papel da sanidade na violencia de xénero e todo o que pode facer na súa detección, valoración e intervención.

Finalmente, José Manuel Sánchez Murias, xefe da Unidade Orgánica da Policía Xudicial na Coruña, presentará o procedemento de actuacións da Garda Civil contra a violencia de xénero. As xornadas serán clausuradas coa charla de Manuel Ángel Cobas Otero, fiscal sustituto do Xulgado de Santiago, sobre as actuacións da xustiza diante da violencia de xénero.

As xornadas, organizadas pola Concellería de Servizos Sociais de Ordes e a Secretaría Xeral da Igualdade, serán inauguradas por María del Pilar González Díaz, xefa de servizo de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno da Coruña. Un acto no que estará acompañada polo alcalde de Ordes, Manuel Regos, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Álvarez.

A frase de Ana Alvarez, concelleira de Servizos Sociais de Ordes
"Estas xornadas pretenden profundizar na formación dos distintos profesionais que traballan no ámbito do apoio ás vítimas da violencia de xénero na comarca de Ordes”

*