viernes, 21 de diciembre de 2012

Richie Hawtin pinchará en Elepé 45 en Aninovo

Richie Hawtin (Oxfordshire, 1970) é músico e productor de música electrónica.
É un dos pinchadiscos máis prestixiosos do mundo

A festa dará comezo a partires das 08:00 horas do día 1 de xaneiro

A festa de Aninovo achegará ata Ordes a un dos máis prestixiosos pinchadiscos da actualidade, o canadiano Richie Hawtin. A discoteca Elepé 45 acollerá unha cuádruple sesión de música electrónica baixo o nome de Wake Up Electronic Partiesa cargo de Paco Osuna, Christian Smith, Matador Live e Richie Hawtin, tamén coñecido polo nome artístico de Plastikman.

Madrid-Barcelona-Ordes
A hora da actuación está prevista a partires das 08:00 horas do día 1 de xaneiro, logo dunha xira que o levará a actuar, na mesma noite, en Madrid e Barcelona para finalmente rematar en Ordes.

O prezo das entradas é de 35 euros.

*