viernes, 21 de diciembre de 2012

Os alumnos do Maruxa Mallo dan a benvida ao Nadal cunha gran festa



Encheron o auditorio da Casa da Cultura con música e bailes

Os alumnos do IES Maruxa Mallo déronlle esta mañá a benvida as súas vacacións de Nadal cun festival que encheu o auditorio da Casa da Cultura de Ordes. 


Música e baile
Sobre o escenario puñéronse en escea diversos números musicais nos que as coreografías grupais foron o máis destacado e aplaudido da xornada. Ademais dos estudantes entre o público tamén se atopaban moitos dos seus profesores.  

*