martes, 18 de diciembre de 2012

Os paxes reais visitaron as escolas de Ordes

Visita dos paxes reais aos pequenos da escola municipal Sorrisos, esta mañá.
Previa á chegada dos Reis Magos á vila de Ordes na tarde do próximo 5 de xaneiro

Esta mañá os paxes reais dos Reis Magos de Oriente visitaron as escolas unitarias de Ordes e a escola municipal Sorrisos. En cada centro recolleron as cartas nas que nenos e nenas indican os xoguetes e agasallos que desexan para este Nadal. 

Os nenos e nenas das escolas unitarias de Ordes xa fixeron os seus encargos aos Reis Magos a través dos seus paxes.
Recibimento
En moitas das aulas que visitaron os alumnos recibironos con música e cantigas. Pola súa banda os emisarios entregaron a cada un deles doces, chuches e caramelos. Tamén lles lembraron que o próximo 5 de xaneiro Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán a vila de Ordes onde poderán acompañalos e falar con eles.

*