![]() |
| Pedro Mouriño (esq.) recibe o XIII Premio accésit AMJE á internacionalización de mans de Antonio Fontenla. |
A empresa editora do xornal compostelán Santiagosiete, e editora deste blog, Mediasiete, gañou onte o premio accésit á internacionalización da Asociación Marineda de Xóvenes Empresarios (AJE) da Coruña.
Nun acto celebrado no salón de plenos do Concello da Coruña, e presidido polo seu alcalde, Carlos Negreira, o editor e presidente de Mediasiete, Pedro Mouriño, recibiu o galardón das mans do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla.
![]() |
| Os candidatos e premiados posan coas autoridades, onte no salón de plenos da Casa do Concello da Coruña. |
O xurado valorou os méritos de internacionalización de Mediasiete durante o pasado ano 2011, logo de celebrar un ciclo de conferencias internacionais con diferentes líderes políticos e empresariais de países coma España, Portugal, Italia, Francia, Reino Unido, Rusia, Bulgaria, Ucrania, Estados Unidos ou Israel.
| Mesa do foro iberorruso organizado por Mediasiete en Madrid (España), en outubro do 2011. |
| Ponentes do foro eurorruso organizado por Mediasiete en Bruselas (Bélgica), en decembro do 2011. |
![]() |
| José María Aznar, durante a súa exposición no foro eurorruso organizado por Mediasiete en Venecia (Italia), en febreiro do 2012. |
*


