jueves, 6 de diciembre de 2012

Castro califica de "inhumano e despiadado" ao alcalde de Ordes

"O Goberno municipal e o Partido Popular negáronse a apoiar que o Concello e a Xunta se fixeran cargo do custe das obras do CEIP Castelao", asegura o portavoz dos nacionalistas

O nacionalista cre que entre o alcalde e o PP de Ordes existe un "pacto de non agresión" que pagan os veciños

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, criticou hoxe moi duramente ao alcalde de Ordes ao que tachou de “inhumano e despiadado", por permitir que sexan os pais e nais os que paguen os materiais da cuberta do colexio Castelao.
O portavoz do BNG de Ordes afirmou con respecto ao alcalde que “hai que ter pouca vergoña  para negarse a pagar estes materiais mentres despilfarra centos de miles de euros en festas e nas obras da Casa Consistorial”.
O portavoz do BNG calificou de “insulto á intelixencia dos veciños", que o alcalde vexa como algo normal que a Asociación de Nais e Pais (ANPA) faga unha colecta entre os pais e nais para pagar os materiais da coberta.

Gonzalo Castro Prado (BNG).
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Os nenos teñen dereito a ter unhas instalacións escolares en perfectas condicións, iso non é un privilexio, é un dereito ao que non cabe negar unha cantidade de diñeiro que non supón ningún esforzo para as arcas municipais e menos ainda para as da Xunta

“O Goberno municipal e o Partido Popular de Ordes negáronse a apoiar a moción do BNG para que o Concello de Ordes e a Xunta se fixesen cargo do custo da construcción dunha cuberta no colexio Castelao, para permitit aos nenos entrar ao colexio sen mollarse e sair ao patio nos días de choiva”.

“O alcalde nin resolve os problemas dos veciños nin esixe á Xunta solución para os mesmos, semella que entre o alcalde e o PP hai un pacto de non agresión, que pagan os veciños con recortes inhumanos”