miércoles, 19 de diciembre de 2012

Aínda estás a tempo de participar no programa de conciliación do Nadal en Ordes

O prazo de inscrición no teléfono 981 680002 remata mañá xoves

Mañá xoves finalizará o prazo de inscrición para poder participar no programa ‘Conciliar será fácil e divertido’ Unha iniciativa coa que se persegue facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións de Nadal.

Dirixido a especialmente a nenos e nenas de educación infantil e primaria residentes no municipio durante os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro, levaranse a cabo toda unha serie de obradoiros e actividades lúdicas e didácticas onde a diversión e o entretemento serán o común denominador. 

Un Nadal de conto
Baixo o título ‘Un Nadal de conto’ presentaranse distintas propostas adaptadas ás idades dos asistentes. Contacontos de temática navideña, construcción de figuras propias do Nadal, elaboración de bolachiñas e doces apropiados para esta época do ano, celebracións de Fin de ano e de festas de despedida do Nadal, visitas de paxes e carteiros  reais ou proxeccións de películas son algunhas das actividades que este ano se levarán a cabo.

Para participar é preciso inscribirse no departamento de Educación e Cultura, ubicado na primeira planta da Casa do Concello de Ordes. Tamén se pode solicitar máis información chamado ao teléfono 981 680 002.

*