miércoles, 5 de diciembre de 2012

Os de Bascuas rechazan aos de Fernando del Río

O ordense Fernando del Río Iglesias, un dos lideres de Converxencia XXI.
CxG se considera "incompatible" coa Converxencia XXI do político ordense

A coalición de partidos políticos Compromiso por Galicia (CxG), que se estreou nas pasadas eleccións autonómicas , ven de rechazar a proposta de formación dunha federación que Converxencia XXI, partido do ordense Fernando del Río ven de facerlle. 


O secretario de Comunicación de CxG, Paulo Carlos López, agradeceu hoxe a proposta realizada”, se ben consideran que a formulación política que sairá do próximo Congreso  de Compromiso por Galicia será "moi diferente e de imposible conciliación" co que representa Converxencia XXI, cunha "clara e total incompatibilidade ideolóxica, programática e de modelo de sociedade e de país".

Pobre resultado electoral
CxG acadou un moi pobre resultado de algo menos de 15 000 votos (1,01 %) en toda Galicia, sendo a  octava forza política de Galicia, por detrás de Escaños en Blanco (17 141 votos) e a Sociedade Civil e Democracia de Mario Conde (15 990 votos). 


*