Acompañados dos seus pais, nais e familiares Os nenos e nenas da
gardería Pequelúa celebraron na tarde de onte o seu Festival de Nadal. Unha cita
musical na que representaron obras de teatro, ademais de cantar e bailar
distintas pezas musicais nas que o Nadal foi o tema principal. Numerosos pais,
nais e familiares non quiseron perder a oportunidade de comprobar de primeira
man as dotes artísticas dos máis pequenos da casa. *