sábado, 4 de julio de 2009

Uns 1.200 xóvenes disfrutaron do Revoltosa Rock

A organización agradece ao Concello, Husqvarna e Fontanería Veiras a súa implicación e solicita dos primeiros máis compromisos musicais e culturais coa xuventude ordense


O noso veciño e amigo Alexandre Santos nos contou como foi a festa do Revoltosa Rock:

Nesta cuarta edición do festival Revoltosa Rock en Santa Cruz de Montaos, cargado de callos, grafitos, rock, folque, punk e DJ's, xunto con xogos populares, xuntáronse o grupo novel ELECTROXENO, radicado no Cachopal; a banda ordense KASTOMA, coa canción adicada o festival ‘O Blus de Santakrus’ e a popular ‘Ruta do Grelo’, do albume ‘Mestres de pesadelos’; o grupo asturiano DIXEBRA, coas suas letras na llingua asturiana; e o grupo palentino LOS KEBRAOS, co seu tributo ao malogrado grupo ‘Cikatriz’; xunto cos dj’s Colectivo Boura mais e DJ Xosé García.

A festa estivo amenizada por callos e entrada de balde. Na zona de acampada xuntaronse 100 persoas, e a estimacion da organización respecto o publico cifrase en 1.200 persoas. A organización agradace a colaboración do Concello, de Husqvarna, de Fontanería Veiras e de toda a xente que acudiu ao festival, asi como de todas as empresas que colaboraron. A organización agarda por medio da asociación Revoltosa Rock seguir perpetuandose no panorama festivaleiro e organizar máis actividades a prol da xuventude da comarca ordense.

Dende Ordessiete adherímonos á petición da asociación ao Concello de máis actividades culturais para a nosa xuventude, coma é o Revoltosa Rock.
*

Polígono de Poulo (III): Recouso afirma que Regos paralizou a tramitación do polígono ao paralizar o PXOM


Recouso: "Regos é consciente de que os veciños están a darse de conta de que os está enganando coas promesas electorais"

"Nestes dous anos o único que fixo o alcalde foi complicar e retrasar a tramitación do novo polígono ao paralizar o PXOM"

O concelleiro do BNG, Ramiro Recouso, quixo respostar ao alcalde das súas declaracións de onte afirmando que “Regos é consciente de que os veciños de Ordes están a darse conta de que os está enganando coas suas promesas electorais, por iso resposta ao BNG con descalificacións persoais que non lle van servir para ocultar a verdade”. Segundo Ramiro Recouso, “nestes dous anos, o único que fixo o alcalde foi complicar e retrasar a tramitación do novo polígono ao paralizar o Plan Xeral de Ordenación Municipal”.

"Incapacidade para sacar adiante un proxecto importante"
Segundo as declaracións do nacionalista, ao BNG non lle consta que o alcalde fixese xestións diante da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta "para intentar acelerar os trámites do novo polígono de Poulo” o que a xuizo de Recouso, “constitue unha proba da súa incapacidade para sacar adiante un proxecto moi importante para Ordes”.

“Regos", afirmou, "trata de enganar aos veciños e de desviar a súa atención con populismo, festa e propaganda, pero o tempo está comenzando a demostrar que o alcalde é incapaz de sacar adiante proxectos que xeneren emprego e riqueza no noso Concello”.

Finalmente, o edil emplazou a Regos a que “explique aos veciños de Ordes porque retrasou a tramitación do novo polígono, paralizando o PXOM, e porque en dous anos non realizou xestións diante da Dirección Xeral de Urbanismo co obxectivo de acelerar os trámites do polígono industrial de Poulo”.


*

Ordes, o primeiro concello galego en adherirse ao convenio de xestión de residuos eléctricos e electrónicos

.
Melloramos a xestión dos residuos destes aparellos cun aforro na súa recollida e un mellor tratamento ambiental

O Concello vai mellorar a xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, o que suporá un aforro económico na recollida e almacenamento destes lixos e unha garantía total de que serán tratados dacordo coa lexislación vixente para a reutilización e reciclaxe destes aparellos.

Suporá un aforro económico para o municipio
Os veciños e veciñas de Ordes non verán ningún cambio na recollida deste tipo de residuos, que habitualmente son recollidos polas propios establecementos comerciais -no caso de comprar un novo- ou son depositados no punto limpo ordense. Sen embargo, o que sí variará será a súa xestión posterior, permitindo un pequeno aforro económico para o propio municipio e tamén un incremento do control medioambiental destes residuos, que serán tratados por xestores especializados dacordo cos parámetros establecidos nas normativas.

Deste xeito, a recollida selectiva destes aparellos eléctricos e electrónicos será moito máis eficaz, xa que os puntos limpos poderán albergar non só aqueles que lles entregan os veciños, senón tamén os procedentes dos establecementos comerciais. Uns residuos cuxa recollida será realizada por entidades xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente
“Ordes foi o primeiro concello de Galicia en adherirse ao convenio marco de colaboración asinado pola Xunta e as Entidades Xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos”

*

VI Encontro Folclórico de Poulo


La asociación cultural Camiño Real de Poulo organiza el próximo domingo, 12 de julio el VI Encontro Folclórico de Poulo.
*

viernes, 3 de julio de 2009

Manuel Regos asegura que as acusacións de Recouso sobre o polígono de Poulo "son propias dun ignorante con mala fe"

.
Regos: "O señor Recouso ou non ten nin idea de como é unha tramitación administrativa ou minte descaradamente"

Tobío: "Xa o dixen cando accedín ao cargo o ano pasado e o manteño: se conseguimos rematar toda a tramitación administrativa nesta lexislatura sería un auténtico éxito"

O alcalde Manuel Regos asegurou hoxe que as acusacións de incapacidade e deixadez lanzadas polo concelleiro do BNG, Ramiro Recouso no caso da tramitación do novo polígono industrial de Poulo “son propias dun auténtico ignorante con mala fe”. “Ignorante, porque descoñece os prazos das tramitacións administrativas que hai que acometer, e con mala fe porque só buscan poñer zancadillas a este Goberno buscando quen sabe que rédito político ou satisfación persoal”, explicou Regos.

O alcalde considera “ridículo, por non dicir unha mentira en toda regla” que Recouso asegure que o polígono de Poulo podería ser hoxe unha realidade. “Ramiro Recouso" asegurou o mandatario municipal, "actúa como un auténtico cobarde, lanzando acusacións a través dos medios de comunicación no canto de debatir nos plenos municipais”.

Un punto no que o alcalde ordense lembra que “Recouso tennos acostumados a lanzar a pedra e despois ocultar a man, como fixo tamén nas acusacións sobre a financiación de UXO, que non se atreveu a levar a pleno porque sabe que non son máis que mentiras como estas sobre o polígono”.

"Un proceso que leva moito tempo"
Pola súa banda, o concelleiro de Industria de Ordes, José Manuel Tobío, explica que a tramitación administrativa do polígono empresarial de Poulo é un proceso que leva moito tempo. “Xa o dixen cando accedín ao cargo o ano pasado e o manteño: se conseguimos rematar toda a tramitación administrativa nesta lexislatura sería un auténtico éxito”, apunta Tobío.

A primeira documentación presentada sobre o polígono industrial de Poulo ante a Xunta, asegura o goberno municipal, data de principios de 2008, seis meses despois da entrada do novo Goberno de Ordes. Unha documentación enviada a Medio Ambiente para a avaliación ambiental estratéxica, da que saíu un documento de referencia no que se especificaban os distintos estudios precisos para levar a cabo esta obra.

Aprobación provisional do plan
Así mesmo, unha vez elaborados os dous informes que solicitou Urbanismo (estudio pormenorizado da demanda e informe xustificativo de que eses terreos perderon os seus valores rústicos dende a aprobación das normas subsidiarias no ano 1996) o proceso que resta aínda será longo xa que será preciso aprobar provisionalmente o plan nun pleno do Concello, envialo a Urbanismo para que emita o seu informe, aprobación inicial en pleno de Ordes, sometelo a información pública e un informe definitivo da Xunta. Uns prazos que, de non complicarse, poderían levar aproximadamente outros dous anos.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Este goberno tomou posesión hai dous anos e cinco días, e neste tempo puxemos en marcha un proxecto que non existía, presentamos a documentación ante Medio Ambiente e tamén o fixemos ante Urbanismo, o que ocorrre é que o señor Recouso ou non ten nin idea de como é unha tramitación administrativa ou minte descaradamente”

“Nós imos seguir traballando como levamos facendo ata o de agora por conseguir que o polígono de Poulo sexa unha realidade e nos permita crear postos de traballo e riqueza no noso municipio”

As frases de José Manuel Tobío
“A tramitación do polígono industrial de Poulo é doble, xa que ademais do polígono hai que facer unha modificación das normas subsidiarias”

"O informe que recibimos onte de Urbanismo sobre o polígono é referente a unha documentación que presentamos en xaneiro de 2009, é dicir, foron necesarios sete meses para que a Xunta se pronunciase e agora ábresenos outro prazo máis para presentar a documentación que nos requeriron”


*

Recouso acusa ao alcalde de "non facer nada" para sacar adiante o polígono de Poulo

.
Recouso: "O feito de que o alcalde leve dous anos na alcaldía sen conseguir ningún avance para a construcción do novo polígono industrial demostra a súa incapacidade para sacar adiante proxectos de envergadura e interese para os veciños"

O concelleiro do BNG, Ramiro Recouso, acusou ao alcalde, Manuel Regos, de "pretender lanzar unha cortina de fume e enganar aos veciños de Ordes, tratando de ocultar que leva dous anos sen facer nada para sacar adiante o polígono de Poulo".

“O único certo", asegura o nacionalista, "é que Regos durante os dous anos que leva na alcaldía non fixo nin o traballo nin a presión que tiña que facer noutras administracións para que o polígono fose unha realidade”. Para a continuación engadir que “o alcalde debe deixar de enganar aos veciños e recoñecer que non fixo os deberes durante estes dous anos e por esa razón Ordes está ainda sen o polígono de Poulo”.

Segundo Recouso “o feito de que o alcalde leve dous anos na alcaldía sen conseguir ningún avance para a construcción do novo polígono industrial, demostra a súa incapacidade para sacar adiante proxectos de envergadura e interese para os veciños de Ordes”.

"Despilfarrando en festas"
Ramiro Recouso afirmou que Regos “leva dous anos despilfarrando o diñeiro en festas e propaganda, en lugar de intentar paliar os efectos da crise económica no noso Concello con proxectos como o do polígono de Poulo, que contribuiría a resolver o problema do desemprego e da falta de oportunidades en Ordes”

Finalmente, o concelleiro emplazou a Manuel Regos “a deixar de buscar desculpas e poñerse a traballar para conseguir canto antes o novo polígono industrial, que xa podía ser unha realidade senon fose pola deixación de funcións do alcalde”
*

Subvención de 21.000 euros para a escola unitaria de Vilamaior

.
O BNG local anuncia a achega económica da Deputación da Coruña

Gonzalo Castro: "A súa mellorá potenciará a realización de actividades culturais en Vilamaior e fortalecerá a súa vida social

Gaudeoso solicita do goberno municipal que envista 38.000 euros na escola

Gonzalo Castro ven de anunciar que a Deputación Provincial da Coruña, institución cogobernada polos nacionalistas, subvencionará o acondicionamento da escola primaria de Vilamaior de Ordes cunha cantidade próxima aos 21.000 euros. Segundo o concelleiro, a subvención irá destinada ás obras da primeira fase do acondicionamento da escola.

Lino Gaudeoso, dirixente local do BNG de Ordes e representante da Asociación Seixo Branco de Vilamaior, manifestou a satisfacción deste colectivo porque “por fin se teña atendido a solicitude da asociación Seixo Branco de mellorar e acondicionar o local social de Vilamaior”.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
"Coa mellora e acondicionamento da Escola Primaria de Vilamaior atendese unha vella reivindicación dos veciños desta parroquia”

“Na actualidade as escola de Vilamaior presenta importantes deficiencias no seu estado de conservación, sobre todo na primeira planta, que está inservíbel, así como na cuberta”

“A escola viña sendo utilizada, malia as súas deficiencias, como local social e cultural nunha parroquia que goza dun movemento asociativo moi dinámico, polo que a súa mellorá potenciará a realización de actividades culturais en Vilamaior e fortalecerá a súa vida social”

As frases de Lino Gaudeoso, da Asociación Seixo Branco
“Esta actuación permitirá habilitar espazos do local que agora non é posíbel utilizar, como os situados na primeira planta”

"Reclamamos do goberno municipal de Ordes que colabore do mesmo xeito que a Deputación e aporte un investimento que permita completar a totalidade do orzamento das obras correspondentes á primeira fase do acondicionamento da Escola que, segundo o proxecto do que dispón a asociación, ascendería a unha cantidade total próxima aos 38.000 euros”.


*

miércoles, 1 de julio de 2009

O pleno aproba unha moción nacionalista solicitando á Xunta un centro de día

.
A proposta foi aprobada coa abstención dos populares de Teodosio Martino

A intención é ubicar o centro na rúa Galicia

A corporación municipal de Ordes aprobou o pasado martes unha proposta pola que se instará á Xunta de Galicia a construir un Centro de Día en Ordes. Presentada a proposta do BNG, o alcalde, Manuel Regos, incidiu en que o seu goberno presentara no seu día un proxecto ao vicepresidente Anxo Quintana para a implantación do Centro de Día na rúa Galicia e anunciou que os terreos xa están a disposición da actual Xunta de Galicia. Pola súa parte, Gonzalo Castro lamentaba que Ordes xa podería ter un Centro de día público se o goberno municipal tivese feitos os trámites para adherirse ao Consorcio Galego de Servizos Sociais.

O apoio da corporación a esta proposta non foi, sen embargo, unánime xa que o grupo municipal do PP liderado por Teodosio Martino abstívose aducindo que o centro podería terse xa construído antes, concretamente durante a etapa na que as competencias sobre a materia recaían en Vicepresidencia gobernada polos nacionalistas.

Outro dos puntos da orde do día que tampouco contou co apoio popular foi o novo prego de cláusulas para a contratación por un procedemento negociado con publicidade da concesión da xestión da piscina climatizada 'Iván Raña'. O rexedor ordense anunciou a creación dunha comisión especial de contratación aberta e transparente co obxecto de axilizar no posible o traspaso desta xestión a unha empresa privada, “para que o Concello poida deixar de asumir os preto de 12.000 euros que costa o seu mantemento”.

A piscina vive unha situación "inviable"
Todo os grupos municipais coincidiron en destacar que a situación da piscina é inviable e, neste sentido, o BNG incidiu en que consideraba que o novo prego debera incluír a obrigatoriedade de que a empresa que asuma a explotación preste un maior número de servizos, mellore as infraestruturas e incremente as dotacións dos ximnasios. Na votación deuse ademais a situación de que o grupo popular mantivo dúas posturas diferentes na votación, con seis concelleiros que emitiron o seu voto en contra e a abstención de Jose Luis Díaz Hermida, que se abstivo.

O resto dos puntos da orde do día, nos que se daba conta do proxeto da travesía Ordes- Portomouro por Pontechonia, a modificación na regulación do centro de atención á infancia, a ratificación da resolución da Xunta de Goberno Local de participar no Plan Especial de Parques Infantís 2009, foron aprobados por unanimidade. Do mesmo xeito foi decidido que o Concello de Ordes faga a reclamación vía xudicial da bonificación do 95% da cota do IBI pola AP-9, o que suporía un ingreso de preto de 600.000 euros anuais ás arcas municipais fronte as 35.000 que se recadan ata o de agora.
Mocións populares e nacionalistas sobre o sector lácteo
Finalmente, tanto o grupo municipal do BNG como Partido Popular coincidiron nos temas presentados en mocións, que xiraron ao redor da situación do sector lácteo e da circunvalación de Ordes, que foron rexeitas posto que xa foron debatidas, e nalgún caso aprobadas –coma no caso do sector lácteo- en anteriores sesións plenarias.

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (26-5-2009) UNANIMIDADE
2.- Informes da alcaldía
3.- Aprobación do proxecto técnico das obras da travesía da Deputación Ordes-Portomouro por Pontechonia, remodelación e supresión de barreiras. UNANIMIDADE
4.- Alegacións acordo aprobación inicial da modificación da ordenanza de prantacións e repoboacións forestais no municipio de Ordes (artigos 8, 9, 10 e 12). Aprobación definitiva. UNANIMIDADE
5.- Arquivo do expediente de contratación por procedemento aberto da concesión da xestión da piscina climatizada Iván Raña. UNANIMIDADE
6.- Aprobación dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescircións técnicas do expediente de contratación por procedemento negociado con publicidade da concesión da xestión da piscina climatizada Iván Raña. A FAVOR: 13. EN CONTRA: 4 (PP)
7.- Ratificación do acordo da Xunta de Goberno Local da participación no Plan Especial de Parques Infantís 2009. UNANIMIDADE
8.- Delegación na Deputación Provincial da solicitude á Dirección Xeral de Fondos Comunitarios e Financiación Territorial do Ministerio de Facenda, bonificación 95% cota IBI pola AP9. UNANIMIDADE
9.- Aprobación provisional da modificación do regulamento do centro da escola infantil. A FAVOR: 14. ABSTENCIÓN: 3 (BNG)
10.- Proposta de acordo do BNG sobre construción dun centro de día. A FAVOR: 13. ABSTENCIÓN: 4 (PP)
11.- Dar conta das resolucións e decretos da Alcaldía.
12.- Moción sector lácteo (BNG). A FAVOR: 3 (BNG). EN CONTRA: 13. ABSTENCIÓN: 1 (NA)

Moción sector lácteo (PP) A FAVOR: 4 (PP). EN CONTRA: 9. ABSTENCIÓN: 3 (BNG+NA)
13.- Rogos e Preguntas.
Podes ver o vídeo do Pleno facendo clic baixo estas liñas:


*

domingo, 28 de junio de 2009

Los incombustibles Boney M. serán los cabeza de cartel del Brincadeira 2009

.
Junto a los Bee Gees, son la banda 'disco' más internacional

Será en el Campo da Feira el próximo 7 y 8 de agosto

¿Quién no bailó alguna vez el Rivers of Babylon, el Ma Baker o el Rasputin? En pocas semanas tendremos ocasión de bailarlos en directo de la mano de sus creadores, los antillanos Boney M. El Festival Brincadeira contará en la edición de este año con la banda de dance como cabeza de cartel. Por el momento sabemos que acompañarán al electrificante Bobby Farrell los locales 'Dios Ke Te Crew', los barceloneses 'Las Furias' y 'Virüs', y los compostelanos 'Los reyes del KO'. Además, también se ha confirmado la presencia de los rumberos catalanes 'Rumbatarumba' y los cosmopolitas bonaerenses 'Che Sudaka'. Según la organización, todavía se espera por nuevas bandas todavía por confirmar. Brincadeira 2009 permitirá la acampada libre en un espacio cercano al Campo da Feira.

La cita tendrá lugar en el Campo da Feira los días 7 y 8 de agosto. La entrada será libre y gratuita.


¿Quiénes son Boney M.?
Son una creación del productor alemán Frank Farian, también impulsor de Milli Vanilli y Meat Loaf, en 1975. Tras reclutar a tres mujeres cantantes antillanas, Marcia Barret, Maizie Williams y Liz Mitchell, encuentra en el disc jockey Bobby Farrell el perfecto líder de la banda. Con su esquelético cuerpo, su voz de bajo sus movimientos electrificados, la banda encontró el éxito internacional con creaciones musicales 'disco' como Rivers of Babylon, Brown Girl in the Ring, Ma Baker, Daddy Cool y Rasputin.

Gozaron de especial fama y éxito en España-como también sucediera con Abba- y al igual que los suecos con su Chiquitita, devolvieron el gesto con el público español versioneando el inmortal Feliz Navidad con su peculiar estilo funk-disco. Hoy en día se les considera como la banda dance internacional por excelencia, junto a los extintos Bee Gees.

Se calcula que los Boney M. vendieron, desde su creación en 1975, cerca de 150 millones de discos en todo el mundo.

Un espectáculo imprescindible con una de las bandas más internacionales de la música pop de todos los tiempos.


*

Festa especial primeiro aniversario das 'Noites de Tasca'


Despídense ata o mes de outubro cunha gran gaiteirada no restaurante 'El Túnel'

Máis de duscentas persoas ateigaron na noite do pasado venres 'El Túnel' para asistir á festa especial co gallo do primeiro aniversario das 'Noites de tasca', organizada pola Asociación Grupo de Gaitas 'Os Viqueiras' de Ordes e que contou coa colaboración do Concello de Ordes e a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Unha festa que contou coa actuación de 18 grupos e solistas de música tradicional galega que estiveron tocando ata ben entrada a madrugada do sábado.
.
Actuaron quenes colaboraron nalgunha das doce edicións anteriores
O grupo de Pepe Temprano, gaiteiro da Coruña, foi o encargado de abrir este primeiro aniversario das 'Noites de Tasca', no que participaron todos os artistas que colaboraron nalgunha das doce edicións anteriores celebradas nos municipios de Ordes, Oroso, Frades, Cerceda, Trazo, Tordoia e Mesía.
.
Cada un deles interpretou tres pezas, polo que a festa alongouse ata ben entrada a madrugada, sobre todo pola gran implicación do público, que non deixou de aplaudir, cantar e mesmo bailar ao son da música tradicional galega.
.
Un a un foron pasando polo escenario do restaurante os 18 participantes por esta orde: Pepe Temprano, gaiteiro da Coruña; Josefa de Bastavales, pandereteira de Bastavales (Brión) que levantou grandes aplausos ao ser a máis veterana de todos os participantes; o grupo Maghua, cantareiros da Coruña; Os Viqueiras, gaiteiros de Ordes; Os Queixas, cuarteto de Cerceda; Carlos do Viso, cantos de cego e zanfoña dende Redondela; grupo Os Reiceiros, de Ponte Carreira (Frades); Pazos de Merexo, acordeonista de Merexo (Muxía); Manuel Viqueira, gaiteiro de Vilaverde (Ordes); Buxos Verdes, de Senra (Oroso); cuarteto 'Nova Xuntanza', de Cerceda; Grupo de gaitas San Martiño, de Cerceda; Grupo de gaitas Bieito Fandiño, de Xanceda (Mesía); No Cómbaro, das Pontes de García Rodríguez; Os Melidaos, de Melide; Os Xeitosos, de Trazo; Raúl Galego, gaiteiro de Agolada (Pontevedra) e a Orquestra Tombalobos, da Coruña.
.
Despois desta gran actuación, as 'Noites de Tasca' despídense ata o vindeiro mes de outubro.


*

sábado, 27 de junio de 2009

Ordessiete abre un canal de 'denuncias cidadás'

.
Fainos chegar todas aquelas cousas que funcionan mal ou non funcionan na nosa vila e buscaremos unha resposta

Dende Ordessiete, ademáis de informar da actualidade da nosa vila, queremos que todos os lectores e lectoras poidan intervir nel e para iso abrimos un canal de 'denuncias cidadás' para que poidades facernos chegar todas aquelas cousas das que tedes coñecimento que se están facendo mal ou ben precisan ser arranxadas na nosa vila en materias coma a educación, escolas e institutos, listas de espera, transporte, comercio, Xunta de Galicia, Deputación, Concello de Ordes, pavimentos e obras, ruidos e cheiros, suciedade e limpeza, servicios e instalacións municipais, esperas e silenzos administrativos, tráfico, inseguridade, 'movida'...

Dende Ordessiete buscaremos unha resposta dos responsables das vosas 'denuncias cidadás'. Escríbenos a: blogsantiagosiete@gmail.com


*

Reunión do 'superdelegado' con Prado Patiño


Diego Calvo comprometeuse co presidente da Mancomunidade a retomar o proxecto de construción de beirarrúas na AC-524 os seu paso por Abellá

O delegado territorial da Xunta en A Coruña, Diego Calvo, reuniuse o pasado xoves en A Coruña co alcalde de Frades e presidente da Mancomunidade de Municipios de Ordes, Miguel Prado Patiño.

Nesta reunión, Prado amosou a súa preocupación pola seguridade viaria na estrada AC-524 ao seu paso pola parroquia de Abellá. O presidente explicou que o pleno municipal aprobou por unanimidade unha moción do PP para pedir unha entrevista persoal co novo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para solicitarlle a licitación das obras de construción de beirarrúas na AC-524 ao seu paso pola travesía de Abellá, despois de que o proxecto estivese paralizado durante os últimos catro anos. O delegado territorial comprometeuse a retomar este proxecto e mediar nesa reunión para poder satisfacer as demandas dos veciños e veciñas de Frades.
.
Núñez Feijóo deixara redactado o proxecto de mellora en 2005
O alcalde fradense lembrou que en maio de 2005 a Consellería de Política Territorial, dirixida por Alberto Núñez Feijoo, deixara redactado o proxecto de mellora da seguridade vial na AC-524, orzamentado en máis de 350.000 euros. Nos últimos catro anos, que Prado Patiño cualifica de “anos perdidos”, o bipartito tan só realizou unha actualización do proxecto a finais de 2008, o que mesmo motivou unha manifestación veciñal de protesta en marzo de 2009.

As obras que se recollen no proxecto contemplan a construción de beirarrúas e sendas peonís para garantir a seguridade vial na AC-524, unha estrada de intensa circulación de vehículos pesados con destino Asturias. O orzamento desta obra ten un importe de 350.225 euros.

*

O BNG buscará no Pleno do martes que a saída do desvío do tráfico pesado se prolongue até a N-550 en Leira

.
Segundo os nacionalistas, o proxecto do goberno producirá atascos e un problema de seguridade vial no polígono industrial

Castro: "Só se trataría de ampliar en 800 metros a vía proposta, para dar a posibilidade de sair na N-550 á altura de Leira"

O BNG ven de presentar unha moción para o seu debate no Pleno deste martes, na que propón que se prolongue o proxecto do desvío de tráfico pesado de Ordes nunha distancia de 800 metros até a N-550 á altura do Cano de Leira, dotando ao mesmo dun acceso neste punto, co obxectivo de evitar que todo o tráfico pesado teña que entrar ou sair deste desvío polo polígono industrial, o que provocaría, segundo os nacionalistas, un caos circulatorio no polígono, ademáis dun serio problema de seguridade vial.

O portavoz nacionalista Gonzalo Castro lembrou que “os veciños e veciñas de Ordes están a sufrir, desde hai moitos anos, as continuas molestias orixinadas polo paso de camións pesados e, nomeadamente de lixo con destino a Sogama”, o que motivou que se levase a cabo "unha campaña reivindicativa con recollida de sinaturas, que logrou un grado de adhesión e mobilización sen precedentes no noso pobo, chegando a tres mil o número de veciños e veciñas que xa teñen apoiado coa sinatura a mesma", segundo declaracións do nacionalista.

Segundo este, "froito desta mobilización dos veciños do noso Concello, anunciouse o pasado mes de febreiro o compromiso para construir unha vía alternativa para o tráfico pesado no noso Concello, que iria desde as Casillas até o polígono industrial de Ordes.”

"Colapso circulatorio"
Segundo o nacionalista, o proxecto inicialmente aprobado polo goberno municipal, “só contempla unha entrada e saída nas Casillas e no polígono industrial, o que vai ocasionar un colapso circulatorio e problemas de seguridade vial no polígono, xa que non está preparado para absorber a gran cantidade de tráfico pesado que circulará por él". Por esta razón, continúa Castro, "o BNG propón que se modifique o proxecto e se contemple, ademáis da saída no polígono industrial, outra saída na N-550 á altura de Leira”.

Finalmente, na proposta de acordo instase tamén ao goberno municipal a realizar coa maior celeridade os trámites que sexan pertinentes para dar comezo ás obras do desvío, co compromiso de que se finalice e este operativo no prazo dun ano.
.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz nacionalista de Ordes
“Só se trataría de ampliar en 800 metros a vía proposta, para dar a posibilidade de sair na N-550, á altura de Leira, ao tráfico pesado que circula en dirección Santiago-A Coruña, así como para permitir a entrada á vía alternativa, no mesmo punto, ao tráfico pesado que circula en dirección A Coruña-Santiago”

“Esta proposta ten sido secundada masivamente polos propios empresarios radicados no polígono industrial, mediante unha recollida de sinaturas”.


*

Festa fin de curso para os meniños de 'Sorrisos'

.
A gardería municipal contará con 70 pequenos para o vindeiro curso

Os meniños e meniñas da gardería municipal 'Sorrisos' de Ordes celebraron esta mañán a súa tradicional Festa de Fin de Curso. Unha festa na que os pequenos puideron disfrutar de diversos xogos, actuacións musicais... organizados dende a gardería municipal ordense e que mesmo contou coa presenza dalgúns pais e nais.

Só hai lista de espera de sete nenos de entre 1 e 2 anos
A gardería municipal 'Sorrisos' contará o vindeiro curso con 70 alumnos, despois de que este mes de xuño quedara pechado o prazo de inscrición. Así, a gardería municipal ordense contará con seis nenos menores dun ano; 30 rapaces de entre 1 e 2 anos; e 34 nenos de entre 2 e 3 anos. Na actualidade tan só hai unha lista de espera de sete pequenos na modalidade de 1 a 2 anos e outras seis solicitudes foron rexeitadas por non cumprir as bases da convocatoria (4 por presentar a solicitude fóra de prazo, un por non presentar a documentación esixida e outro por residir fóra de Ordes).
*

A Alameda, un lugar onde a ciencia foi "divertida"


Un cento de rapaces participaron no obradoiro científico

Un cento de rapaces e rapazas de Ordes encheron ao longo da xornada do mércores a Alameda de Ordes para participar no programa 'Ciencia Divertida', que hoxe venres desprazouse ata a explanada do recinto feiral do Mesón do Vento. Organizadas polo Concello de Ordes, estas xornadas buscan achegar a ciencia e a ecoloxía aos máis pequenos a través dunha serie de divertidos experimentos.
*

miércoles, 24 de junio de 2009

El delegado del Gobierno recibió a Manuel Regos y Xesús Pedreira

.
Hablaron del cuartel de la Guardia Civil y del corredor de desvío de la N-550

Antón Louro mantuvo un encuentro hoy con el alcalde Manuel Regos y con el teniente de alcalde, Xesús Pedreira. El tema central del encuentro fue informar al delegado de la marcha del proyecto de construcción del nuevo cuartel de la Guardia Civil de Ordes, para el que el Concello entregó recientemente en Madrid el proyecto de construcción. Esta instalación, que funcionará como puesto principal, supone una inversión de 1,9 millones de euros, que será financiada por el Ministerio del Interior. El Ayuntamiento, por su parte, pondrá a disposición de la obra los terrenos necesarios y ha elaborado el proyecto de construcción.

Desvío de la N-550 fuera del casco urbano
En la reunión, el responsable municipal abordó además con el delegado del Gobierno la construcción de la ronda que desviará el tráfico de la N-550 fuera del casco urbano de Ordes. Esta actuación, para la que el Concello cuenta con el compromiso de financiación del anterior Gobierno de la Xunta de Galicia, precisa de que el Ministerio de Fomento asuma la construcción de dos rotondas, a la entrada y salida de la ronda, que la conecten con la N-550. El alcalde solicitó la intermediación del delegado para conseguir el compromiso de la Demarcación de Carreteras del Estado ante esta necesidad.


*

martes, 23 de junio de 2009

Noites de Tasca celebra o seu primeiro ano de vida cunha foliada con 21 músicos

.
Chegados de todas partes de Galicia, actuarán este venres 26 de xuño

Once novos grupos de música folk uníronse á festa especial co gallo do primeiro aniversario das “Noites de tasca”, que terá lugar este venres 26 de xuño en Ordes. Para esta xornada especial, a Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes, organizadora desta iniciativa xunto ao Concello de Ordes e a Mancomunidade de Municipios de Ordes, ten preparado tamén un “Obradoiro de enredos musicais”, que será impartido por Emilio Lois. Nesta actividade, todos os rapaces que se acheguen entre as 18:30 e as 21:30 horas pola Alameda de Ordes aprenderán a facer xoguetes e instrumentos musicais.

Lista dos artistas que confirmaron a súa presenza na Noite de Tasca:
- Josefa de Bastavales, pandereteira de Bastavales (Brión)
- Grupo Maghua, cantareiros da Coruña.
- Os Viqueiras, gaiteiros de Ordes
- Os Queixas, cuarteto de Cerceda
- Carlos do Viso, cantos de cego e zanfoña. O Viso (Redondela)
- Grupo Os Reiceiros, de Ponte Carreira (Frades)
- Enrique Carregal, gaiteiro de Melide
- Pepe Temprano, gaiteiro da Coruña
- Pazos de Merexo, acordeonista de Merexo (Muxía)
- Manuel Viqueira, gaiteiro de Vilaverde (Ordes).
- Buxos Verdes, de Senra (Oroso)
- Cuarteto “Nova Xuntanza”, de Cerceda
- Evaristo de Sofán, gaiteiro de Carballo
- San Martiño, grupo de gaitas de Cerceda
- Bieito Fandiño, grupo de gaitas de Xanceda (Mesía)
- Lembranzas do Tambre, de Sigüeiro (Oroso)
- No Cómbaro, das Pontes de García Rodríguez
- Os Melidaos, de Melide
- Os Xeitosos, de Trazo
- Raúl Galego, gaiteiro de Agolada
- Orquestra Tombalobos, da Coruña


*

Os lumes estarán á raia en Ordes

O Concello ultima a redacción dun plan de prevención dos lumes forestais

O Concello de Ordes está a ultimar a redacción dun Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Lumes Forestais, que se incorporará ao Plan Municipal de Emerxencias. Un plan que conta cunha subvención de 5.000 euros, froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Ordes e a Consellería do Medio Rural. O plan está sendo redactado pola empresa Veicar, firma que xa elaborara o Plan de Emerxencias, e que según o Concello estará listo nas vindeiras semanas.

A frase de Xesús Pedreira, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural
"Para nós é algo moi importante, xa que estamos incluidos na zona alta de risco de incendios e este plan será unha ferramenta básica na prevención contra eses lumes"


*

Inauguran en Frades a III Mostra de Obradoiros Culturais da comarca


Participan os veciños de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo

Un total de 106 veciños e veciñas da comarca expoñen dende hoxe, e ata o vindeiro luns 29 de xullo, os seus traballos de debuxo, pintura, cesteiría, manualidades, bolillos... na III Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes. Unha mostra que foi inaugurada na noite de onte luns polo presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Miguel Prado Patiño, nun acto que reuníu a máis de cen persoas no Centro Cultural de Frades e que contou coa presenza do noso alcalde, Manuel Regos.

Debuxo, pintura, cesteiría, manualidades...
A III Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes inclúe unha selección de debuxo, pintura, cesteiría, manualidades, bolillos... realizados ao longo deste ano polos veciños de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Unha mostra na que participan as escolas municipais de Pintura e Manualidades dos Concellos de Cerceda e Mesía; a Escola Municipal de Debuxo e Pintura do Concello de Ordes e a Escola Municipal de Manualidades, Debuxo, Pintura e Bolillos do Concello de Oroso.

*

lunes, 22 de junio de 2009

Conta atrás para o Revoltosa Rock


Será o vindeiro venres 3 de xullo no novo campo de fútbol de Montaos

A Asociación Xuvenil Revoltosa prepara unha nova edición do seu festival que dende o ano 2005 ven atraíndo ata Montaos a un bo número de amantes da música rock. Nesta ocasión contarán coa presenza das bandas Electróxeno, Kastomä, Los Kebraos, Dixebra, DJ Xosé García, e Colectivo Bouramáis. Ademáis, haberá carpa, callos, xogos populares, bar e zona de acampada.


Podes coñecer máis detalles na páxina web oficial do festival.


*