martes, 29 de octubre de 2013

Os estudantes do IES nº 1 visitaron a biblioteca de Ordes



Mostraron un gran interese polo clube de lectura

Un grupo de alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Nº1 de Ordes realizaron esta mañá unha visita guiada á biblioteca municipal de Ordes

Entre eles suscitou un gran interés o clube de lectura que recentemente se formou e no que veciños e veciñas poñen en común as súas experiencias e impresións en torno a unha mesma obra literaria.

*