jueves, 24 de octubre de 2013

Aberto o prazo de matrícula nas clases de graduado escolar para adultos


Destinado a maiores de 18 anos, dará comezo o 4 de novembro

O Concello de Ordes manterá aberto ata o vindeiro 31 de outubro o prazo de inscrición para poder matricularse nas clases de cara á obtención do título de graduado escolar para adultos

Aqueles maiores de 18 anos que desexen obter esta titulación deberán apuntarse no Departamento de Cultura e Deportes, ubicado no primeiro andar da casa consistorial.

Nesta ocasión as clases darán comenzo o 4 de novembro. Éstas impartiranse na aula de formación dos baixos da Alameda de luns a venres, nun horario que vai dende as 19:30 ás 22:00 horas. Os interesados tamén poden chamar ao teléfono 981680002 para resolver calquera dúbida.

*