viernes, 4 de octubre de 2013

O PP denuncia o "derroche" do Concello no concerto de Ruxe Ruxe


Martínez Sanjurjo: "Con eses cartos poderíase facer un bo festival con todos os artistas locais de Ordes"

O Partido Popular informou onte que entende que cos 10.000 euros que o Concello de Ordes destinou a un festival de rock celebrado no campo da feira no primeiro fin de semana de setembro, sen asistencia de público e con grupos foráneos, poderíase ter organizado un festival no que actuasen os grupos locais.

Na actualidade, en Ordes existen cinco grupos musicais (Dios ke te crew, Chícharo psicótico, A cona ye-ye, Superoito, N.O.M.) que ensaian e actúan regularmente, e ben merecen a atención do Concello, aínda que tan só sexa un día ao ano, aseguran os populares.

Axudas da Deputación
Paralelamente, o Partido Popular denuncia que, aínda que se mantivera o formato finalmente elixido, o Concello podería ter aforrado ata o 60% dos cartos de ter solicitado acollerse á programación de intérpretes profesionais da rede cultural da Deputación da Coruña para o ano 2013.

Este programa subvenciona cun 50% o custe da actuación e do equipo, correndo o 50% restante a cargo do concello organizador. 

É dicir, tendo solicitado esta actuación o Concello aboaría aos intérpretes pouco máis de 4.000 euros, en lugar dos 10.000 que o alcalde recoñeceu no pleno do pasado xoves.

Martínez Sanjurjo (PP).
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Unha vez máis, o alcalde de Ordes volveu derrochar cartos a manchea, esquecendo que o presuposto municipal é dos veciños, aos que, por outra parte, priva de servizos públicos esenciais por falta dos cartos que derrocha sen sentido”

“Non só derrochou 10.000 euros, senón que o fixo nun festival ao que os veciños deron as costas e se celebrou sen público, cos músicos tocando para as farolas

*