martes, 29 de octubre de 2013

A Mancomunidade deu por finalizado o curso en liña sobre xestión de cooperativas

Xoán Gómez, onte nos baixos da Alameda de Ordes.

O experto Xoán Gómez Cabo deu unha conferencia

O membro da rede Eusumo Xoan Gómez Cabo ofreceu na tarde de onte a charla ‘Principais diferenzas xurídicas, contables, laborais e fiscais entre as cooperativas e o resto de sociedades mercantís’. 

Con elo douse por finalizado o curso en liña sobre xestión de cooperativas, levado a cabo pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e financiado pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.