miércoles, 9 de octubre de 2013

A ITV agrícola estará en Ordes as vindeiras semanas


En Mesón do Vento os días 15, 16, 17 e 18 de outubro; e en Ordes os días 21, 22 e 23 de outubro

A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas estará no Campo da Feira do Mesón do Vento os días 15, 16, 17 e 18 de outubro de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. 

Tamén se instalará no polígono industrial de Merelle (Ordes) os días 21, 22 e 23 de outubro, no mesmo horario. Por último estará o día 24 de 09:00 a 13:30 horas.

Para solicitar cita  previa é preciso chamar ao teléfono 902 300900 ou ben facelo a través da páxina web www.sycitv.com. 

*