miércoles, 9 de octubre de 2013

Os escolares das escolas unitarias de Ordes visitaron a biblioteca e Radio Ordes

A biblioteca de Ordes esta mañá, cos nenos e nenas de Ordes, Olas e Visantoña.
Na biblioteca foron protagonistas dun contacontos

Os nenos e nenas das escolas unitarias do Concello de Ordes, ademais dos de Olas e Visantoña, desfrutaron dunha mañá chea de actos e visitas. A primeira parada foi na biblioteca municipal de Ordes, onde foron os protagonistas dun contacontos cheo de maxia titulado ‘Contos para todos’. 

Radio Ordes
Xa a media mañá todas e todos eles realizaron unha visita aos estudios de Radio Ordes, onde se lles explicou como se realiza un espazo radiofónico e os distintos elementos técnicos que se empregan para iso. 

*