jueves, 16 de febrero de 2012

A nosa biblioteca é unha das que máis consultas online recibe de toda Galicia

Ocupa o duodécimo posto entre máis de 700 centros 

Durante o ano pasado rexistráronse máis de 391.000 visitas 

A biblioteca de Ordes é unha das que máis consultas on line rexistrou ao longo do ano pasado dentro da Rede de bibliotecas de Galicia. No estudo realizado pola consellería de Cultura sitúase ao centro de Ordes no duodécimo posto entre un abano de máis de 700 fondos documentais petencentes a colexios, institutos, fundacións, museos, bibliotecas, etc. Un lugar destacado que se acadou grazas ás 248.300 consultas do seu catálogo, ás 108.900 visualizacións e ás 391.400 visitas realizadas a través da web www.opacmeiga.rbgalicia.org

Entroido
Actualmente a biblioteca de Ordes conta con 1.500 socios en activo e 20.500 referencias entre libros, música, documentáis, películas, mapas, etc. Entre os servizos que se prestan netse espazo destacan o acceso gratuito a internet, hemeroteca, ludoteca, programas de animación á lectura e organización de mostras dos seus fondos. 


Como exemplo pódese citar a que actualmente está a ter lugar con motivo da festa do Entroido e na que se poden ver, entre outros, libros de cociña con receitas propias desta época do ano. Ademáis, tamén existe a  posibilidade de consultar distintas enciclopedias electrónicas para estudantes de diversos niveis. 

*