jueves, 2 de febrero de 2012

A ITV móbil de motos estará no Mesón do Vento o 20 de febreiro

Non será necesario pedir cita previa como noutras ocasións

O Concello de Ordes informa a todos os seus veciños que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos prestará servizo no Campo de Feira do Mesón do Vento o vindeiro luns 20 de febreiro. Concretamente poderán pasar a inspección técnica os ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade, ademáis das motos e quads de máis de catro anos.

Sen cita previa
O horario de atención ao público será de 09:00 a 13:30 horas e de 15:30 a 18:00 horas. A diferenza doutras ocasións esta vez non se poderá reservar cita previamente, senón que aos interesados asignaráselle  hora directamente na unidade móbil.