jueves, 2 de febrero de 2012

Ioga, pilates, bailes de salón, cociña e informática para todos


Máis de 140 veciños e veciñas participan no novo circuito cultural e deportivo do Concello de Ordes


Máis de 140 alumnos participan na nova quenda do circuito cultural e deportivo que o Concello de Ordes ten organizado de cara os vindeiros meses e que arrancaron onte co inicio de varios cursos. Un total de 87 alumnos comenzaron así as súas clases de ioga, pilates e informática, que se levarán a cabo no local cultural situado tanto na rúa Reconciliación como na Casa da Cultura, na rúa Galicia.  Neste último caso tanto no nivel de iniciación como no nivel medio e avanzado, facendo especial fincapé na internet e nos seus posibles usos.

Inauguración
Mañá venres continuarán as xornadas de inauguración, neste caso será o turno para dous dos cursos máis esperados e demandados. A través do  novo ciclo de cociña veciños e veciñas de diferentes idades aprenderán non só receitas típicas da gastronomía galega e de outros países, senón que tamén terán a ocasión de ampliar os seus coñecementos en repostería. En total serán máis de quince persoas as que farán uso da aula instalada na Casa da Cultura. Por outra banda mañá tamén arrancarán as clases de bailes de salón en de baile en liña, no primeiro caso con quince parellas inscritas no segundo con vintesete alumnos. Todos poderán aprender estilos como o vals, pasobloble, tango ou rumba, entre outros.

*