domingo, 5 de febrero de 2012

O empresario Jaime Castro doa máis de catro mil euros para o Entroido de Ordes

Jaime Castro Asesoría e Seguros  está en Avenida de Alfonso Senra 117, fronte á Alameda de Ordes.
A súa asesoría é beneficiaria da gran maioría dos contratos de seguros do Concello de Ordes


A cita festiva terá lugar o sábado 25 de febreiro a partir das 17:00 horas nas rúas da vila


O empresario de seguros ordense Jaime Castro e a súa compañía asociada, Reale Seguros veñen de doar máis de catro mil euros que serán destinados aos premios aos mellores disfraces do Entroido ordense nas súas categorías de carroza, comparsa e individual. A cita que terá lugar na vila de Ordes o sábado 25 de febreiro a partir das 17:00 horas, momento no que arrancará un desfile polas principais rúas ata chegar ao Campo da Feira.


Beneficiario de contratos
A medida chega nun momento de profunda crise financiera no Concello de Ordes. Segundo fontes consultadas por Ordessiete, dase a circunstancia de que Jaime Castro é o empresario beneficiado da práctica totalidade dos contratos de seguros do Concello de Ordes, tanto os ordinarios como os extraordinarios, como son, por exemplo, os concertos musicais. Segundo estas mesmas fontes, o Concello de Ordes é o único na súa categoría en toda Galicia que ten externalizada a elaboración das nóminas e seguros sociais dos funcionarios e traballadores, e Jaime Castro Asesoría e Seguros é a empresa que goza da confianza contractual do Goberno de Ordes para estas cuestións.  

Premios
Respecto ás festas do Entroido, os interesados en participar poderán inscribirse nas modalidades de carroza, comparsa e individual. Os premios para as carrozas (que cunhas dimensións máximas de 7m de largo X 4m de alto e 3,30m de ancho) serán de 600 e 400 euros para os dous únicos clasificados. No caso das comparsas este ano convocanse as categorías infantil e adulto. Quen teña ata 16 anos poderá optar a tres premios de 200, 150 e 125 euros, mentres que no caso dos maiores serán de 400, 300 e 200 euros. En ambos casos os grupos terán que estar integrados por máis de cinco compoñentes. No caso dos disfraces individuais igoalmente haberá as modalidades infantil e adulto. No primeiro caso, tamén concursantes cunha idade máxima de ata 16 anos, os premios serán de 125, 90 e 75 euros; mentres que na modalidade de adultos éstes serán de 175, 125 e 90 euros


*