lunes, 6 de febrero de 2012

Grafito e arte urbana en Ordes



Xa podes apuntarte ao obradoiro que impartirán membros do colectivo de hip hop ordense, Dios ke te Krew

Grafito e arte urbana, produción musicale personalización de  roupa e complementos. Estes son os cursos que teran lugar no Concello de Ordes durante os meses de marzo, abril e maio e cuxo prazo de inscripción xa está aberto ata o vindeiro 25 de febreiro


A través do curso de grafito e arte urbana poderranse adquirir os distintos estilos e técnicas, dende o bocetaxe en papel ata o emprego de aerosoles, rodillos e pinceis para realizar murais. Neste curso, impartido por Sokram integrante da banda de hip hop, Dios ke te crew, tamén se abordarán a realización e aplicaión de plantillas e o deseño de posters en papel.

Produción musical 
No curso de produción musical os alumnos achegaranse ó manexo das ferramentas informáticas para poder compoñer música. A composición con sintetizadores e caixas de ritmos, a gravación de instrumentos e voces, así como as nocións de mestura serán algúns dos puntos a tratar durante as clases. Mou, tamén  compoñente de Dios ke te Crew, levará será o encargado de conducir as clases e levar adiante este porograma.

Por último o curso de personalización de roupa e complementos ensinará a decorar prendas e complementos con motivos pictóricos, aprendendo as distintas fases de elaboración. Os alumnos poderán practicar con distintos tipos de pinturas naquelas prendas que eles mesmos traian dende a súa casa.

Entre 30 e 50 euros
En todos os casos a duración dos cursos será de tres meses e os horarios  serán de 17:00 a 1:009 horas os venres. O local social de O Cárcere e a Casa da Cultura son os lugares escollidos para impartir estas clases. Os prezos van dende os 30 ata os 50 euros ao mes. Para inscribirse basta con chamar aos teléfonos 881 864363, 696423490 e 670275113, ou a través do correo electrónico info@mutantecreativo.com

A realización destes novos cursos de cultura e música urbana esrtá organizada polo asociación cultural Cultivarte; o gabinete de arte, deseño e comunicación Mutante, ademáis da colaboración prestada polo Concello de Ordes.

*