.
La Voz de Galicia "augura cambios" en Teo, Negreira y Ordes
El presidente provincial del PP de A Coruña, Carlos Negreira ha avanzado ayer que "a finales de este mes" tiene previsto nombrar a los 94 candidatos en los municipios de la provincia. El medio que recoge las declaraciones del popular coruñés, La Voz de Galicia, asegura que este evitó pronunciarse sobre el caso ordense, si bien dejó ver que "se auguran cambios" en nuestra vila de Ordes.
*
sábado, 10 de julio de 2010
Preparan unha nova edición da Feira de Cans de Caza de Ardemil
.
Terá lugar os días 7 e 8 de agosto no recinto feiral de Mesón do Vento
José Luis Gómez: "Animamos a todos os veciños e veciñas a que participen desta décimo oitava edición da feira"
O Concello de Ordes ten previsto celebrar o próximo mes de agosto unha das súas feiras máis consolidadas, a Feira de Cans de Caza de Ardemil. Unha cita festiva no municipio que vai xa pola súa décimo oitava edición e que terá lugar os días 7 e 8 de agosto no recinto feiral de Mesón do Vento.
Terá lugar os días 7 e 8 de agosto no recinto feiral de Mesón do VentoJosé Luis Gómez: "Animamos a todos os veciños e veciñas a que participen desta décimo oitava edición da feira"
O Concello de Ordes ten previsto celebrar o próximo mes de agosto unha das súas feiras máis consolidadas, a Feira de Cans de Caza de Ardemil. Unha cita festiva no municipio que vai xa pola súa décimo oitava edición e que terá lugar os días 7 e 8 de agosto no recinto feiral de Mesón do Vento.
Campionato de rastro e caza de perdiz
En canto á primeira das xornadas, a do sábado día 7, celebrarase o VI Campionato de rastro na modalidade de xabarín. Unha proba que será puntuable para a Copa Federación e que contará con diferentes premios en metálico. Ademais o sábado tamén se celebrará a final do Campionato de caza de perdiz con can que tamén contará con diferentes premios en metálico para os mellores cazadores.
Pero o día grande da feira será o domingo 8 de agosto, cando se celebre a propiamente dita Feira de Cans de Caza de Ardemil. O Concello de Ordes entregará premios e distincións ao mellor can de raza, á mellor camada de caza maior, á mellor camada de caza menor (coello), e á mellor camada de caza menor (perdiz). Ademais haberá un obsequio dun saco de penso para todas as gaiolas participantes. Como actividades complementarias o recinto feiral de Mesón do Vento tamén acollerá unha exposición de cetrería e stands de caza e taxidermia.

Degustación gratuíta de pratos de caza
Na xornada do domingo, como boa feira que se precie, tampouco faltará a gastronomía con degustación gratuíta de caza a partir das 11 horas.
Para todos aqueles que queiran participar coas súas xaurías, as inscricións e as reservas de gaiolas deberán realizarse chamando ao teléfono 689 550728.
As frases de José Luis Gómez Candal, concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións de Ordes
“Esperamos que esta nova edición da Feira de Cans de Caza de Ardemil conte co mesmo éxito de edicións pasadas, esperando xa para este ano a participación de xaurías tanto a nivel galego como nacional”
Na xornada do domingo, como boa feira que se precie, tampouco faltará a gastronomía con degustación gratuíta de caza a partir das 11 horas.
Para todos aqueles que queiran participar coas súas xaurías, as inscricións e as reservas de gaiolas deberán realizarse chamando ao teléfono 689 550728.
As frases de José Luis Gómez Candal, concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións de Ordes“Esperamos que esta nova edición da Feira de Cans de Caza de Ardemil conte co mesmo éxito de edicións pasadas, esperando xa para este ano a participación de xaurías tanto a nivel galego como nacional”
"Animo a todos aqueles que estean interesados a participar nesta décimo oitava edición da feira, así como a veciños e demais persoas a que visiten o recinto feiral neses días de feira"
Foto arriba: Edición de 2009 da Feira de cans de caza de Ardemil.
*
Protagonistas:
José Luis Gómez Candal
viernes, 9 de julio de 2010
Regos: "Se levarán a cabo as obras de acondicionamento da escola unitaria de Vilamaior"
.
O alcalde explicou que a subvención da Deputación non se perderá xa que o ente provincial concedeu unha prórroga para a xustificación da subvención
O alcalde Manuel Regos lamentou as críticas verquidas esta semana pola Asociación Cultural e Veciñal Seixo Branco en relación ás obras de acondicionamento da escola unitaria de Vilamaior.
Así, Regos explicou que se trata dun proxecto promovido polo grupo de goberno no seu interese de dotar á parroquia dun lugar de socialización para os veciños e veciñas. En canto á subvención solicitada á Deputación para ditas obras explicou, que ao contrario do que aseguran dende a asociación, non se perderá, xa que “a Deputación concedeu unha prórroga ata o 31 de outubro para a xustificación das obras”.
Falta de información
O alcalde asegurou que as obras sí se levarán a cabo e lamentou a falta de información da asociación veciñal, unha falta de información que dixo, se podería ter solventado se dende a entidade se dirixisen ao Concello para informarse.
Ademais dende o grupo de goberno aseguraron que estas obras sumaranse a moitas outras que se están a realizar en todas as parroquias do municipio, unhas obras mostra do empeño do grupo de goberno local de dinamizar e desenvolver o medio rural do concello de Ordes.

Manuel Regos
Preto de 80 rapaces e rapazas de Ordes participan este mes nos cursos de natación da piscina municipal de O Muíño
.
No mes de agosto tamén se celebrarán máis cursos de natación
A piscina municipal de O Muíño está en pleno funcionamento, e o pasado día 1 de xullo poñía en marcha os cursos de natación para este mes. Uns cursos que teñen lugar todas as mañás de luns a venres e nos que están a participar 78 rapaces e rapazas do municipio repartidos en cinco grupos diferentes. No mes de agosto o Concello tamén ten previsto celebrar máis cursos de natación.
Por outra banda, durante toda a tempada, todos aqueles que estean interesados, poderán adquirir o carné da piscina para toda a época estival. Uns carnés que se poderán solicitar na Concellería de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, situada na planta baixa da Casa Consistorial. Os prezos destes carnés son de 6,27 euros para rapaces e rapazas de 3 a 15 anos, e 12,54 euros os adultos de 16 anos en adiante.
Por outra banda para todos aqueles que non teñan o carné, as entradas ás instalacións terán un coste de 0,65 euros ao día para os menores (de 3 a 15 anos), e 1,25 euros para os adultos (16 anos en adiante). O horario de apertura da piscina é de 11 a 21 horas.
Servizo de bibliopiscina
Entre os servizos cos que conta esta instalación, un ano máis, os usuarios poden xa disfrutar dun servizo de bibliopiscina no que colabora a Biblioteca Municipal de Ordes. A través deste servizo, durante a súa estancia na piscina, os usuarios poden consultar infinidade de libros de diferentes temáticas e estilos, dirixidos a todas as idades, e co que dende o Concello pretenden fomentar a lectura tanto entre os máis pequenos como entre os adultos, á vez de proporcionar un entretemento máis para os usuarios das instalacións.
Ademais este ano a bibliopiscina conta cun novo servizo, que supón a posibilidade de que os usuarios poidan facer un intercambio de libros, cambiando un libro da súa propiedade por outro dunha selección de exemplares da bibliopiscina. Tamén como novidade este ano, a bibliopiscina conta cunha sección de comicteca na que os amantes do mundo do cómic poden encontrar algúns dos títulos máis característicos deste estilo.

Últimos días para inscribirse nas actividades extraescolares para o curso 2010- 2011
.
Este ano haberá dous tipos de actividades, unhas ofertadas polo Concello e outras ofertadas polas ANPAS dos centros
O Concello de Ordes e as ANPAS dos CEIP Campomaior e o ADR Castelao de Ordes, manteñen todavía aberto o prazo de inscrición para as actividades extraescolares do curso 2010- 2011. Unhas actividades que está previsto dean comenzo o próximo día 1 de outubro e cuxo prazo de inscrición rematará o día 15 de xullo. Este ano haberá dous tipos de actividades, unhas ofertadas polo Concello a través da concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe Silvia Marín, e outras que ofertan as ANPAS.
En canto ás actividades que se promoven a través do Concello haberá catro modalidades, Multideporte, Aprender a crear, Patinaxe e Xadrez que se ofertarán en ámbolos dous centros escolares do municipio en diferentes horarios.
Por outra banda no CEIP Campomaior a ANPA do centro oferta, para os seus socios, clases de natación escolar, informática, danza contemporánea, debuxo e pintura e hockey, e por outro lado a ANPA do ADR Castelao ofertará para os alumnos, natación e informática.
Este ano haberá dous tipos de actividades, unhas ofertadas polo Concello e outras ofertadas polas ANPAS dos centrosO Concello de Ordes e as ANPAS dos CEIP Campomaior e o ADR Castelao de Ordes, manteñen todavía aberto o prazo de inscrición para as actividades extraescolares do curso 2010- 2011. Unhas actividades que está previsto dean comenzo o próximo día 1 de outubro e cuxo prazo de inscrición rematará o día 15 de xullo. Este ano haberá dous tipos de actividades, unhas ofertadas polo Concello a través da concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe Silvia Marín, e outras que ofertan as ANPAS.
En canto ás actividades que se promoven a través do Concello haberá catro modalidades, Multideporte, Aprender a crear, Patinaxe e Xadrez que se ofertarán en ámbolos dous centros escolares do municipio en diferentes horarios.
Por outra banda no CEIP Campomaior a ANPA do centro oferta, para os seus socios, clases de natación escolar, informática, danza contemporánea, debuxo e pintura e hockey, e por outro lado a ANPA do ADR Castelao ofertará para os alumnos, natación e informática.
Presentar as solicitudes no departamento de Educación do Concello
En canto á presentación das solicitudes para poder participar nestas actividades, deberán ser entregadas no departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, situado na planta baixa da Casa do Concello, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, ata o próximo 15 de xullo. Ademais todos os interesados tamén poderán solicitar máis información acerca de prezos ou horarios das actividades neste mesmo departamento municipal. Dende o Concello e as ANPA explicaron que os alumnos que empecen este curso no colexio poderanse anotar nas actividades extraescolares unha vez que empece o curso académico.
Dependendo da demanda das actividades, o Concello pode, por motivos de espazo, variar algún dos horarios establecidos. Así mesmo ten que haber un mínimo de nenos e nenas anotados en cada actividade para podela pór en marcha. Ao peche do prazo de inscrición publicaranse os resultados nos respectivos centros educativos e no Concello.

Foto: Silvia Marín, concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade de Ordes.
*
Protagonistas:
Silvia Marín
Regos recibiu a José Villasenín, ordense residente na Arxentina
Mostrou unha gran satisfacción pola acollida na súa vila natal
O alcalde Manuel Regos, recibía o pasado mércores na Casa do Concello a visita dun veciño do municipio residente no exterior. Trátase de José Villasenín, ordense de nacemento e residente na Arxentina, que está a pasar uns días de vacacións no municipio.

Regos desexou a este veciño que pase uns bos días de vacacións en Ordes, así como lle entregou unha lembranza do Concello. Pola súa banda José Villasenín mostrou a súa satisfacción por estar no seu pobo natal, así como pola boa acollida recibida.
*
Protagonistas:
Manuel Regos
O Concello colabora na V Marcha Universal a Santiago de Compostela para la Paz
.
Promovida pola Fundación Marcha Universal a Santiago de Compostela e que terá lugar do 3 ao 8 de agosto
O Concello de Ordes colabora un ano máis coa Fundación Marcha Universal a Santiago de Compostela para a celebración da V Marcha Universal a Santiago de Compostela para la Paz.
Esta marcha celebrarase do 3 ao 8 de agosto. Cinco grupos de camiñantes partirán o día 4 de agosto de cinco lugares distintos de Galicia, cada grupo representando un continente, África, América, Asia, Oceanía e Europa. Camiñarán cinco días en dirección a Compostela e chegarán simultáneamente á Catedral o día 8 de agosto, simbolizando así esta marcha o camiño das distintas culturas cara a un único obxectivo, a paz.

Membros de ‘Entre Lusco e Fusco’ participan nunha carreira de cars en A Coruña

Alá foron rapaces e rapazas de Ordes e Frades
Membros da asociación xuvenil ordense 'Entre Lusco e Fusco' que inclúen rapaces de Ordes e de Frades, realizaron unha viaxe de ocio á cidade da Coruña. Aló visitaron a Casa do Auga, a carón do estadio de Riazor, e participaron nunha carreira de carts nun circuito montado diante do pabillón municipal de Riazor.

miércoles, 7 de julio de 2010
Iria Martínez Mirás, unha estudante de (case) 10
.
O alcalde, Manuel Regos, recibiu esta mañá á alumna coa mellor nota no expediente académico deste curso en Ordes
Trala selectividade, a estudante do IES nº 1 de Ordes, conta cunha nota no seu expediente de 9,47 sobre 10
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu esta mañá na Casa do Concello a Iria Martínez Mirás, unha alumna do IES Nº1 que conta co mellor expediente académico do municipio tralos exames de selectividade.
Concretamente esta alumna conta cunha nota total no seu expediente, tralos exames de selectividade, de 9,47 sobre 10, a mellor de todos os alumnos ordenses.
O alcalde, acompañado pola concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, quixo felicitar a esta alumna polos seus logros académicos, mostrando a súa satisfacción porque os alumnos e alumnas do municipio sexan un referente a nivel educacional, así como lle entregou un agasallo do Concello.
Estudará Dereito na USC
Iria Martínez Mirás cursou sempre os seus estudos no municipio , primeiro na escola unitaria de Buscás, despois no colexio Castelao e finalmente no IES Nº 1.
De cara ao futuro, esta alumna ordense, explicou ao alcalde que ten previsto estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, estudos futuros para os que Manuel Regos, lle desexou moitos máis logros académicos como o de agora.
No acto Iria Martínez Mirás estivo acompañada pola súa nai e por tres profesores e membros da dirección do IES Nº1, centro para quen o alcalde tamén tivo palabras de felicitación.

Manuel Regos,
Silvia Marín
Unha trintena de persoas participaron na charla sobre protección solar
.
Organizada en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, tivo lugar onte pola tarde no salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares
Arredor dunha trintena de persoas participaron onte nunha charla coloquio organizada pola concellería de Sanidade de Concello de Ordes en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, e enmarcada dentro dunha campaña de protección solar que leva por título A túa pel non ten recambio, sabes cómo protexela do sol?.
A charla tivo lugar no Salón de Actos do Museo do Traxe de Juanjo Liñares, e correu a cargo de Soledad Reparaz, farmaceútica do Departamento de Formación de Avène e contou coa presenza do concelleiro de Sanidade de Ordes, Xesús Pedreira.

Xesús Pedreira
martes, 6 de julio de 2010
A Consellería de Medio Ambiente aporta preto de 8.000 euros ao Concello para a xestión de voluminosos
.
A través dun convenio asinado entre ambas administracións
Pedreira: "Coa firma deste novo convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, poderemos sufragar os gastos que xenera para o noso concello o servizo de recollida e xestión de voluminosos"
O Concello de Ordes recibirá unha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a través dun convenio asinado entre dito departamento autonómico e o propio Concello. Trátase de preto de 8.000 euros que irán destinados á xestión de voluminosos no municipio. Este convenio súmase a outros asinados xa coa Consellería de Medio Ambiente, o primeiro deles o pasado ano 2009 para a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos converténdose Ordes no primeiro municipio da nosa comunidade en adherirse.
Estas iniciativas súmanse o outro conxunto de proxectos levados a cabo polo Concello de Ordes baixo o lema “Ordes recicla”, que teñen como fin reutilizar, reducir e reciclar residuos de todo tipo xerados no municipio.
Servizo de recollida domiciliaria
Xa se conseguiron melloras na calidade de vida dos cidadáns mediante unha contenerización axeitada que facilite as labores de recollida selectiva de residuos e que minimice o impacto visual do lixo e os contenedores convencionais na vía pública; asimesmo, o punto limpo conta con contenedores específicos destinados a cada tipo de residuo (voluminosos, peligrosos) para a aportación voluntaria ademais do servizo de recollida domiciliaria de enseres voluminosos implantado no municipio.
Durante o ano 2009 incrementouse a participación cidadá gracias ás campañas de formación e sensibilización como demostra o aumento na cantidade de residuo xestionada durante o pasado ano.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“Coa firma deste novo convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, poderemos sufragar os gastos que xenera para o noso concello o servizo de recollida e xestión de voluminosos para así poder continuar co compromiso adquirido cos nosos veciños e veciñas en materia de limpeza viaria e xestión de residuos”.
A través dun convenio asinado entre ambas administraciónsPedreira: "Coa firma deste novo convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, poderemos sufragar os gastos que xenera para o noso concello o servizo de recollida e xestión de voluminosos"
O Concello de Ordes recibirá unha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a través dun convenio asinado entre dito departamento autonómico e o propio Concello. Trátase de preto de 8.000 euros que irán destinados á xestión de voluminosos no municipio. Este convenio súmase a outros asinados xa coa Consellería de Medio Ambiente, o primeiro deles o pasado ano 2009 para a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos converténdose Ordes no primeiro municipio da nosa comunidade en adherirse.
Estas iniciativas súmanse o outro conxunto de proxectos levados a cabo polo Concello de Ordes baixo o lema “Ordes recicla”, que teñen como fin reutilizar, reducir e reciclar residuos de todo tipo xerados no municipio.
Servizo de recollida domiciliaria
Xa se conseguiron melloras na calidade de vida dos cidadáns mediante unha contenerización axeitada que facilite as labores de recollida selectiva de residuos e que minimice o impacto visual do lixo e os contenedores convencionais na vía pública; asimesmo, o punto limpo conta con contenedores específicos destinados a cada tipo de residuo (voluminosos, peligrosos) para a aportación voluntaria ademais do servizo de recollida domiciliaria de enseres voluminosos implantado no municipio.
Durante o ano 2009 incrementouse a participación cidadá gracias ás campañas de formación e sensibilización como demostra o aumento na cantidade de residuo xestionada durante o pasado ano.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“Coa firma deste novo convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, poderemos sufragar os gastos que xenera para o noso concello o servizo de recollida e xestión de voluminosos para así poder continuar co compromiso adquirido cos nosos veciños e veciñas en materia de limpeza viaria e xestión de residuos”.
Foto: Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
*
Protagonistas:
Xesús Pedreira
Aberto o prazo de presentación para o “I Festival de Curtametraxes Libres Cinestable”
.
O próximo día 5 de agosto na Casa da Cultura celebrarase este festival coa entrega dos premios do concurso e a proxección das mellores cintas libres a nivel mundial
O próximo día 5 de agosto a Casa da Cultura de Ordes acollerá a celebración da primeira edición do “Festival de Curtametraxes Libres Cinestable”. Un festival que está organizado pola Asociación Inestable (Asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes), e que conta coa colaboración do Concello de Ordes, así como doutras entidades como a AC Proxecto Trasno.
Tal e como explicaron dende a organización, este festival quere render homenaxe á liberdade que brindan as licenzas libres Creative Commons convocando un concurso de curtas ao que están invitados a participar amateurs e profesionais de todo o país. Así, no marco deste certame, o día 5 de agosto farase a entrega dos premios do concurso, así como unha proxección das mellores cintas libres a nivel mundial.
En canto ao concurso de curtas, poderán concorrer ao mesmo todas as cintas de calquera temática que se licencien baixo unha Creative Commons. A inscrición é totalmente gratuíta e realizarase a través da web do festival (http://cc.inestable.org). O prazo de entrega dos traballos permanecerá aberto ata o próximo 1 de agosto, uns traballos que se deberán dirixir á Oficina de Información Xuvenil de Ordes, situada na planta baixa do Concello (avenida de Alfonso Senra nº 108, C.P.:15680, Ordes), á atención da Asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes.
Se repartirán 800 euros en premios
As mellores cintas presentadas, que se proxectarán tamén no festival, se repartirán máis de 800 euros en premios en metálico. Dende a organización do festival explicaron que con este evento preténdese fomentar o uso destas licenzas, que teñen a propiedade de potenciar a creatividade dos autores e aumentar a difusión das obras noveles.
Todos aqueles que estean interesados en recibir máis información acerca do festival poderán consultala na web do festival http://cc.inestable.org, ou solicitala por correo electrónico na dirección cc@inestable.org.

lunes, 5 de julio de 2010
Ordes volverá a ser sede universitaria
.
Este seminario, para o que permanecerá aberto o prazo de inscrición ata o día de comenzo do mesmo, versará sobre a xestión integral de residuos en Galicia
A Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC) volverá este verán a Ordes despois do éxito acadado na edición do ano pasado coa celebración do curso sobre a Xestión Ambiental nos Concellos Galegos.
Se naquela ocasión, a primeira na historia en que Ordes se convertía en sede universitaria, se celebraba no mes de setembro, nesta ocasión será entre o 19 e o 22 de xullo cando teña lugar este novo seminario baixo o título Xestión Integral de Residuos en Galicia. Un programa creado pola concellería de Medio Ambiente de Ordes e que dirixirá o profesor de Medio Ambiente y Salud da Universidad Politécnica de Madrid, Francisco José Peña Castiñeira, e a profesora de Toxicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, María Julia Melgar Riol.

Eliminación dos residuos
O curso ten como obxectivo establecer un foro de debate que aborde a situación actual da eliminación dos residuos en Galicia, os problemas e as carencias que se consideran máis importantes, así como as posibles solucións que se deberán adoptar, coa finalidade de que os técnicos que traballan neste sector participen activamente e dispoñan dunha información o máis rigurosa e obxectiva posible dende o punto de vista científico, e elo sirva para clarificar conceptos e analizar os aspectos máis importantes, ademais de permitir o diálogo e cooperación dos axentes sociais implicados co tema, coa finalidade de contribuir a mellorar a xestión nos concellos galegos.

Tamén pretende contribuir a mellorar a formación e reciclaxe dos técnicos que se adican á xestión de residuos, actualizar a formación do persoal da Administración Local con responsabilidades na xestión dos residuos e implicar ao profesorado e alumnado dos Centros Educativos de Ensino Universitario, Secundario e Formación Profesional na xestión dos residuos.
Inscricións na web da USC
En canto á inscrición no curso, a matrícula poderá formalizarse a través de internet a través da dirección www.usc.es/cultura/uveran10.htm, ou de maneira presencial ben nas Secretarías dos Cursos de Verán dos Campus de Compostela e o Campus de Lugo da USC, ou ben no departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes, lugares onde tamén se poderá solicitar máis información. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o día do comenzo do curso.
Foto: Momento da pasada edición dos Cursos de Verán 2009 no concello de Ordes.

domingo, 4 de julio de 2010
Éxito dos cursos de primeiros auxilios celebrados na Casa da Cultura
.
Foron dous cursos diferentes nos que se cubriron todas as prazas dispoñibles con 20 participantes en cada un deles
A concellería de Sanidade do Concello de Ordes de Xesús Pedreira celebrou esta semana dous cursos sobre primeiros auxilios que tiveron lugar na Casa da Cultura, totalmente gratuítos e impartidos por docentes do Centro de Formación de Cruz Vermella. Tratouse de dous cursos diferentes que contaron cun gran éxito, ao cubrirse todas as prazas que se ofertaban para participar, cun total de 20 participantes por cada curso.
Situacións críticas e de emerxencia
No primeiro dos cursos, 'Introducción aos primeiros auxilios', que tiveron lugar os días 28 e 29 de xuño, abordáronse dun xeito sinxelo os contidos máis esenciais sobre primeiros auxilios, facilitando as habilidades necesarias para poder facer fronte dunha maneira efectiva e segura a situacións de emerxencia que se poden atopar en situacións cotiás.
No segundo curso, titulado 'Curso de primeiros auxilios no deporte' e que tivo lugar os días 30 de xuño e 1 de xullo, abordáronse os contidos máis esenciais sobre primeiros auxilios destinados á atención de situacións críticas que poden orixinarse na práctica deportiva.

O mes de xullo contará cun excepcional programa de actividades culturais
.
Cine, maxia, monicreques, música, teatro, humor, circo, danza...
O Concello de Ordes porá en marcha este mes de xullo unha nova edición do seu programa municipal 'Verán Cultural'. Un programa que achegará ao municipio durante os meses de xullo e agosto actuacións e actividades da máis variada índole dentro do panorama cultural.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES VERÁN CULTURAL 2010 (XULLO)
Cine, maxia, monicreques, música, teatro, humor, circo, danza...O Concello de Ordes porá en marcha este mes de xullo unha nova edición do seu programa municipal 'Verán Cultural'. Un programa que achegará ao municipio durante os meses de xullo e agosto actuacións e actividades da máis variada índole dentro do panorama cultural.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES VERÁN CULTURAL 2010 (XULLO)
Martes 13. Noite de cine. Mi monstruo y yo (T.P.).
Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 22:30h.
Mércores 14. As Dríadas In-Nova.
Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 21:00h.
Xoves 15. Monicreques Camiño de aventuras
Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Venres 16. Grupo de Teatro Municipal Adolescencia, Divino Tesoro. Lugar: Auditorio Casa da Cultura de Ordes. Hora: 22:00h.
Sábado 17. Pá nenos, nós. Espectáculo con música en directo que mestura o mimo-clown coa maxia cómica. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 22:00h.
Domingo 18. Manualidades. Espectáculos de malabares. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.

Luns 19. Noite de cine Pérez, o ratiño dos teus soños 2(T.P.) Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 22:30h.
Martes 20. Monicreques A guerra das Galicsias”. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Mércores 21. Os 7 magnificos +1 2 pallasos en apuros. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Xoves 22. Anchuan de la Cream espectáculo de humor mezclado con diferentes habilidades e sorpresas. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00 h.
Venres 23. Monicreques Pinocho. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Luns 26. Noite de cine 007: Quantum of Solace” (N.R.-13). Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 22:30h.
Martes 27. A Caixa de Música espectáculo con música en directo e monicreques.
Lugar: Auditorio Casa da Cultura. Hora: 20:00h.
Mércores 28. Maxia Experimentos Máxicos.
Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Xoves 29. Monicreques Catro contos da China.
Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Venres 30. Clown and Popping. Espectáculo de circo, teatro e danza. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Sábado 31. CirCo ChosCo. Espectáculo de comedia e circo.
Lugar: Alameda de Ordes ás 20:00h.
As frases de Ramón Vázquez Raña, concelleiro de Cultura e Deportes de Ordes
"Agardo que o programa elaborado nesta ocasión polo departamento de Cultura sexa do gusto de todos os veciños, con espectáculos para todos os gustos e todas as idades, co fin de entreter tanto aos máis pequenos como aos maiores"
"Animo a todos os ordenses a que participen nestas actividades coas que esperamos encher de diversión e entretemento os dous meses de verán en Ordes"
Foto: Espectáculo de monicreques na Alameda durante o pasado verán 2009.

Vázquez Raña
sábado, 3 de julio de 2010
Ordes xa conta con quince novos graduados na ESO
.
Dos 22 alumnos e alumnas ordenses que se presentaron aos exames, 15 conseguiron o título
O alcalde Manuel Regos, acompañado pola concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, facía entrega onte pola tarde dos diplomas do curso de graduado en ESO para adultos que se celebrou no municipio e que estivo promovido pola Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade e subvencionado pola Xunta de Galicia.
Un curso que daba comenzo o pasado mes de novembro e que para algúns dos alumnos remata agora coa obtención do título, e para outros na convocatoria de setembro ao non ter superados os exames en xuño.
No acto, que tivo lugar na Casa da Cultura, o alcalde felicitou aos alumnos e alumnas ordenses que superaron as probas e conseguiron o título, así como animou ao resto a seguir traballando para conseguilo na convocatoria de setembro. Regos fixo fincapé na importancia da formación á hora de encontrar un traballo ademais de contribuir ao propio desenvolvemento persoal.

Porcentaxe de aprobados do 68%
Dos 22 alumnos e alumnas ordenses que se presentaron aos exames, foron 15 os que conseguiron o graduado en ESO, tendo Ordes unha porcentaxe de aprobados nesta convocatoria dun 68,18%, moi superior á de Santiago, polo que o alcalde, Manuel Regos e a concelleira, Silvia Marín, tamén quixeron felicitar tanto aos participantes como á súa profesora.
Trala entrega dos diplomas un orientador do IES Nº1 realizou unha charla co fin de dar información aos alumnos e alumnas ordenses sobre as posibles alternativas das que disporán agora trala obtención do seu título.

Aberta a Escola de Verán
Un ano máis o Concello puxo en marcha unha nova edición da Escola de Verán durante as vacacións estivais. Trátase dunha iniciativa que leva a cabo a Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe Silvia Marín, e que como en anteriores ocasións, pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses durante os meses de verán. Unha iniciativa que o Concello leva a cabo tamén noutras tempadas de vacacións escolares como o Nadal e a Semana Santa, e que conta edición tras edición, cun gran éxito.
Así, e a través desta Escola de Verán, son preto dun cento de rapaces e rapazas ordenses os que participan nesta iniciativa e que acuden as mañás de vacacións á realización de diferentes actividades. Unhas actividades que buscan que os nenos e nenas vexan, descubran e participen do entorno no que viven durante as vacacións, mentres a súa familia traballa ou descansa. Ademais con este programa preténdese axudar aos pequenos a convivir, facer amizades, reciclar dun xeito divertido, coidar do entorno, coñecer diferentes culturas, facer deporte e tratar con igualdade e respeto a outros nenos.
Estas actividades están dirixidas aos nenos e nenas escolarizados nalgún dos centros educativos do municipio en educación Infantil ou Primaria durante o curso 2009- 2010. O programa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto e está dividido en quendas de 15 días cada unha.
.
"O Concello pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses, que se encontran cun problema para poder coidar dos seus fillos cando estes están de vacacións, ademais de facer que os pequenos disfruten con xogos e demais actividades que compartirán con outros rapaces da súa idade, contribuindo así tamén á súa socialización"
*
Protagonistas:
Silvia Marín
viernes, 2 de julio de 2010
O Plan Municipal de Cidadanía, Convivencia e Integración, a exame
.
Este proxecto pretende mellorar a integración e a convivencia de todas as persoas residentes no municipio
Así, ata o mes de setembro, contactarase con diversos organismos e entidades, tales como asociacións culturais, deportivas, empresariais e centros educativos do entorno, entre outros axentes, para solicitar a súa colaboración no proceso mediante entrevistas persoais. Xa durante o mes de xuño realizouse unha enquisa entre a poboación para coñecer a percepción dos habitantes con respecto ao grao de integración e cohesión social existente no municipio, cuxos resultados serán presentados no terceiro cuatrimestre do ano.
Dende o Concello de Ordes convídase a todos os veciños e veciñas do municipio a colaborar e participar activamente na elaboración deste plan. Para que todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poidan realizar as suxestións e recomendacións pertinentes, o Concello pon á súa disposición os teléfonos 981 680002 e o 981 680157 en horario de 9 a 14:30 horas. Tamén se poderá acudir persoalmente ás dependencias municipais para demandar máis información.
A frase de Xesús Pampín, concelleiro de Servizos Sociais e Terceira Idade de Ordes
"O obxectivo principal deste proxecto é analizar a realidade social da poboación ordense tendo en conta o seu país de procedencia, e establecer estratexias que melloren o desenvolvemento social nunha sociedade cada vez máis diversa"
*
Este proxecto pretende mellorar a integración e a convivencia de todas as persoas residentes no municipio
O Concello nos convida a todos a participar nel facendo suxerencias no teléfono 981 680002 ou 981 680157
O Concello de Ordes está levando a cabo unha iniciativa pioneira que consiste na elaboración dun Plan Municipal de Cidadanía, Convivencia e Integración. Con este plan preténdese mellorar a integración e a convivencia de todas as persoas residentes no municipio, tanto na vida social e política como na económica e cultural.Así, ata o mes de setembro, contactarase con diversos organismos e entidades, tales como asociacións culturais, deportivas, empresariais e centros educativos do entorno, entre outros axentes, para solicitar a súa colaboración no proceso mediante entrevistas persoais. Xa durante o mes de xuño realizouse unha enquisa entre a poboación para coñecer a percepción dos habitantes con respecto ao grao de integración e cohesión social existente no municipio, cuxos resultados serán presentados no terceiro cuatrimestre do ano.
Dende o Concello de Ordes convídase a todos os veciños e veciñas do municipio a colaborar e participar activamente na elaboración deste plan. Para que todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poidan realizar as suxestións e recomendacións pertinentes, o Concello pon á súa disposición os teléfonos 981 680002 e o 981 680157 en horario de 9 a 14:30 horas. Tamén se poderá acudir persoalmente ás dependencias municipais para demandar máis información.
A frase de Xesús Pampín, concelleiro de Servizos Sociais e Terceira Idade de Ordes
"O obxectivo principal deste proxecto é analizar a realidade social da poboación ordense tendo en conta o seu país de procedencia, e establecer estratexias que melloren o desenvolvemento social nunha sociedade cada vez máis diversa"
*
Protagonistas:
Xesús Pampín
Curso de atención sociosanitaria
.
Dirixido a persoas desempregadas
O Concello de Ordes puxo en marcha o pasado mércores un curso formativo de atención sociosanitaria enmarcado dentro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
O curso, cuxas clases se están a desenvolver nunha das aulas da nave de Mesón do Vento, constará de 620 horas de duración con prácticas non laborais en empresa. Concretamente son 15 as persoas desempregadas que están a participar neste curso e que deberon cumprir os requisitos para participar, como estar inscritos no Servizo Público de Emprego e ter o Graduado en ESO.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)