miércoles, 10 de septiembre de 2008

Parece definitivo: A partir de mañana, los camiones de Sogama no volverán a circular por O Recreo


Los lectores del blog Ordessiete estaremos atentos a la efectividad o no de la medida


Un vertido de resíduos sobre la céntrica calle ordense de O Recreo el pasado miércoles fue la gota que colmó el vaso de la paciencia cuatripartita con los 'Pellejeros' de Sogama. Si la información que la tarde de hoy proporcionaba el gobierno municipal se hace efectiva, estaremos, sin género de dudas, ante una de las noticias del año en Ordes.

A continuación trasladaré la nota informativa íntegra firmada por Carlos Suárez, periodista de Nós Comunicación, agencia delegada de la información oficial municipal:


OS CAMIÓNS DE BASURA QUE VOLTAN DA PLANTA DE SOGAMA NON CIRCULARÁN POLO CENTRO URBÁN

O Concello de Ordes conseguíu o compromiso de Sogama para que estes vehículos deixen de circular pola rúa do Recreo dende mañá xoves

10 de setembro de 2008.- O Concello de Ordes vén de conseguir o compromiso da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) de que os camións de retorno da planta de tratamento de residuos ubicada en Cerceda non pasarán polo centro de Ordes no seu camiño de enlace coa N-550 ou coa AP-9. Un compromiso acadado despois de que o Goberno ordense elevase a súa máis enérxica protesta ante un verquido de lixiviados procedente dun destes camións de retorno producido este mesmo mércores na rúa do Recreo.

“Ante este novo verquido, o Goberno de Ordes esixíulle a Sogama que obrigue ás súas empresas de transporte a que non circulen pola rúa do Recreo”, explica o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, “xa que neste punto de intersección coa N-550 se teñen producido varios verquidos de lixiviados debido ao tempo que os camións teñen que esperar nunha forte pendente ata que abre o semáforo”. Unha situación que se reproduciu este mesmo mércores e que cuio verquido foi limpado de inmediato para evitar malos cheiros e molestias para os veciños e veciñas de Ordes.

Ante esta situación, o Concello de Ordes trasladou unha protesta formal ante SOGAMA, que foi atendida e que motivará que, a partires de mañá xoves, estes camións deixen de circular pola céntrica rúa do Recreo. Unha decisión que o grupo de Goberno celebra, xa que evitará que se produzan desagradables episodios como o acontecido este mércores.

Por outra banda, o Concello segue a traballar con SOGAMA e coa Consellería de Política Territorial na busca de alternativas que permitan desviar definitivamente o tráfico dos camións con destino á planta de tratamento de residuos.


Haznos saber si los camiones siguen cruzando O Recreo


Desde este blog invitamos a todos los lectores a que nos informen si, efectivamente, no vuelven a ver camiones de Sogama atravesar o Recreo. Podeis escribirnos o mandarnos fotos a: blogsantiagosiete@gmail.com