“Eu son santiagués. Marchei de Santiago no ano 93 a estudiar xornalismo a Salamanca”. Deste sinxelo xeito comenza a carreira profesional do xa director da renacida Radio Ordes de titularidade municipal. Unha apaixoante traxectoria que o levaría dende Salamanca a Madrid pasando por Ibiza, onde traballou durante tres anos para o diario El Mundo antes de converterse “a través duns contactos” en paparazzi, “un caradura sen escrúpulos cunha cámara de fotos ao lombo”, como asegura que se sentiu por aquel tempo. "Foi a miña peor experiencia profesional", lembra Quinteiro.
“Pero tamén lembro perfectamente o día que botei o peche a esa etapa. Ía perseguindo a Marta Sánchez por Ibiza. Chegou un punto no que parei o coche e me preguntei que que estaba facendo. Eu quero esto? Non, verdade?. Dende hoxe acabouse. Isto non quero que sexa a miña vida. Pero bueno, as veces temos que picar nas cousas para saber que non nos gusta ou non están feitas para nós”.
Tiña pensado quedarse a vivir para sempre en Ibiza. De feito xusto despois de deixar a cámara de fotos de lado tiña dúas opcións, ou marchar correndo de vola á península, ou disfrutar da illa un tempo. E iso foi o que fixo. “Quedei en Ibiza facendo moito deporte, levando unha vida sana. Fixémonos ese regalo a miña moza máis eu”.
Pero a illa do pecado tamén pasou á historia. “Despois de Ibiza voltei a Salamanca, ao diario El Adelanto. Buscaban unha persoa versátil para crear unha sección no xornal onde se falara da sociedade salmantina. E a verdade é que a cousa funcionou moi ben ata que por circunstancias familiares tiven que voltar a Galicia nesta primaveira”. Cada vez, Pablo ía acercándose máis a nós.
Como chegas a Radio Ordes?
Pois vin unha convocatoria nun xornal. Eu non andaba buscando traballo nin nada.
Coñecías a vila?
Coñecíaa pero de paso. Agora é cando estou realmente coñecendo Ordes e tomando contacto coa súa realidade social, política e económica.
Deste aínda pouco tempo que levas entre nós, que te sorprendeu de Ordes?
Relacionado coa radio foi a cantidade da xente xoven que quere facer cousas e que leva moito tempo intentando facer cousas e ata de agora non poideron.
Que tipo de cousas?
Pois proxectos de programas radiofónicos con temática cultural e musical sobe todo. Atópome aquí e de repente unha das primeiras cousas que me acontecen foi que chegaron as miñas mans proxectos dos vecinos, rapaces novos con inquietudes, con ganas de contar cousas e de tomar contacto coa radio. Gustoume moito tamén o talante enérxico e reivindicativo, pero respetuoso, eh? e que loita por eses obxectivos como o que acontecera no pleno do Concello de xullo cunha reivindicación que fixeron uns xóvenes por un local de ensaio, sobre todo pola educación coa que o fixeron, prácticamente dende o silencio pero que todos escoitaron. Simplemente coa sua presenza, coa sua pancarta. A min eso gústame moito, chegar a unha vila e atopar a xente xoven con esta enerxía, con estas ganas de facer cousas enriquecedoras.
Gustaríache que xente así participara na radio?
Claro que si. Eu quero que esta radio sexa un fervedeiro de xente así e que sirva de plataforma para moita desta xente para que lle conten aos seus propios vecinos e á xente de máis alá de toda a comarca que estamos aquí, que Ordes está aquí e que a xente de aquí facemos esto.
Estará aberta a colectivos?
Totalmente. Por aquí xa pasaron representantes políticos de todas a cores e se algún aínda non o fixo e está lendo esta entrevista, aquí ten os seus micrófonos abertos. Aquí entran, falan do que queren e durante o tempo que queren. Non se lle coarta a palabra a ninguén. De feito, un pequeño eslogan que temos é que Radio Ordes é unha radio de todos, feita por todos é para todos. Isa é a filosofía coa que nace este novo proxecto.
Marcouche o concello algunas liñas de actuación ou directrices para dirixir a emisora?
Para nada. Por parte deste concello non recibín ninguna pauta nin directriz nin código de conducta nin nada. É máis, non recibimos máis que apoios por parte de todos, das institucións políticas e veciñais.
Non tes medo de que poida converterse nun medio tendencioso?
En absoluto. Non me sinto coaccionado para nada.
"Con Manel Astray todo é colaboración"
Que tal a relación con Manel Astray, concelleiro de Comunicación de Ordes e máximo impulsor da renovada emisora?
Eu coñecín ao concelleiro Manel Astray unha vez que xa tomaran a decisión de que fora eu quen levara adiante a radio. Percibo que Astray é unha persoa comunicativa, moi receptiva, con moitas ganas de sacar isto adiante. Con Manel Astray todo é colaboración.
Eu coñecín ao concelleiro Manel Astray unha vez que xa tomaran a decisión de que fora eu quen levara adiante a radio. Percibo que Astray é unha persoa comunicativa, moi receptiva, con moitas ganas de sacar isto adiante. Con Manel Astray todo é colaboración.
A quen che gustaría traer ata os micros de Radio Ordes?
Aos veciños. Esta radio é, sobre todo, dos vecinos e veciñas. Non é o noso obxectivo perseguir a xente coñecida, ainda que tamén virán, eh?.
Aos veciños. Esta radio é, sobre todo, dos vecinos e veciñas. Non é o noso obxectivo perseguir a xente coñecida, ainda que tamén virán, eh?.
Que personaxes coñecidos xa pasaron por Radio Ordes?
Pois xa tivemos a Rosa Cedrón de Luar na Lubre, Rubén Riós, Diana Nogueira, Pedro Alonso de Padre Casares, Morris, Manquiña, Marlene Mourreau, David Civera, Amparanoia, César Strawberry de Def Con Dos, Dorotea Bárcena…
Pois xa tivemos a Rosa Cedrón de Luar na Lubre, Rubén Riós, Diana Nogueira, Pedro Alonso de Padre Casares, Morris, Manquiña, Marlene Mourreau, David Civera, Amparanoia, César Strawberry de Def Con Dos, Dorotea Bárcena…
Quen dos nosos concelleiros pensas que se desenvolve mellor cos medios de comunicación, quen ten máis "tablas"?
Eu pensó que Manel Astray que ademáis é o voceiro do goberno municipal. Ten unha facilidade de oratoria e dialéctiva importante. Sei que isto vai soar a peloteo, pero é verdade, so hai que velo nos plenos. Despois Xesús Pedreira tamén colabora moito con nós.
Eu pensó que Manel Astray que ademáis é o voceiro do goberno municipal. Ten unha facilidade de oratoria e dialéctiva importante. Sei que isto vai soar a peloteo, pero é verdade, so hai que velo nos plenos. Despois Xesús Pedreira tamén colabora moito con nós.
Con que programación contades polo de agora?
Polo de agora temos un programa de mañán, de 12 a 14 h. pero ao longo do mes de octubre imos ter xa un magacín de tarde con tres horas de radio en directo onde vai a haber tertulias políticas, imos falar do campo, da agricultura, da gandería, consultorios de diverso tipo con avogados, médicos, sicólogos, vai haber concursos con premios, entrevistas que virán marcadas pola actualidade da comarca... Temos un proxecto de programa músical de música electrónica que van facer rapaces de aquí polas fins de semana. Queremos crear tamén uns boletíns informativos con información local.
Polo de agora temos un programa de mañán, de 12 a 14 h. pero ao longo do mes de octubre imos ter xa un magacín de tarde con tres horas de radio en directo onde vai a haber tertulias políticas, imos falar do campo, da agricultura, da gandería, consultorios de diverso tipo con avogados, médicos, sicólogos, vai haber concursos con premios, entrevistas que virán marcadas pola actualidade da comarca... Temos un proxecto de programa músical de música electrónica que van facer rapaces de aquí polas fins de semana. Queremos crear tamén uns boletíns informativos con información local.
E nas horas nas que na frecuencia non escoitaremos Radio Ordes que sucederá?
Polo de agora emitirase Radio Galega. Xa temos contactos con Emuga, a rede de emisoras municipais galegas na que estamos adscritos xa fai moitos anos, e barallamos tamén, aínda que por parte deles máis ben, a creación dun programa no que emisoras coma a nosa poidan conectar en momentos determinados. Pero todo isto de momento aínda non está diseñado. O noso obxectivo polo de agora pasa por lograr un máximo de horas de programación propia co maior nivel de calidade.
Cal é a túa aposta persoal por esta radio?
Radio Ordes ten que ser a testemuña, o arquivo, o notario sonoro das sons desta vila e desta comarca. E dicir, que todas as entrevistas que fagamos, as reportaxes, os ruídos que captemos pasen a formar parte do patrimonio sonoro da vila. Que as vindeiras xeracións saiban de que estamos a falar e que poidan coñecer os ruidos deses camións agora tan polémicos que cruzan a vila de cotío. Que coñezan a voz dos nosos políticos e por suposto, dos propos vecinos. Aquí non hai unha grabación de Manolo Viqueira e iso non se pode permitir. Temos que ser responsables de deixarlle aos que veñen detrás de nós, como sonaba Ordes polo menos a partires do ano 2008.
Que precisas para iso?
Necesitamos dixitalizalo todo. Afortunadamente, por parte deste Concello e segundo me confirman, aprobarán a partida de cartos que se precisa para levala a cabo. Necesitamos un ordenador onde gravar todas estes sons de maneira dixital, facer un arquivado para que os que veñan detrás nosa poidan facer un bo uso delo.
Porque ademáis da radio queredes tamén achegar eses cambios a todo o edificio, non si?
Si, polo menos unha vez ao mes queremos sacarlle un maior rendimento á aula de cultura. Imos transformar un venres ao mes, e intentaremos aumentalo a unha vez á semana, esa aula de cultura nunha sala de concertos onde poida vir xente tanto do concello como do panorama musical galego que ten moito que dicir. Ao goberno municipal gústalle a idea xa que fai uns días que presentárase o proxecto e aceptaron.
A imaxe de Radio Ordes tamén debe ser importante…
Si. Imos cambiar todos os logos e a imaxe global por xentileza da diseñadora salmantina Catherine Paez que cando coñeceu este proxecto quixo poñer o seu graniño de area.
"Penso que sería moi necesario que a radio tenda a autofinanciarse"
O concelleiro delegado da Radio, Manel Astray, asegurou no pleno de agosto que xestionaría a radio municipal “de forma que fora xenerar cartos para o concello”…
Si, dende o Concello teñen ganas de facer tamén unha actividade comercial coa emisora. Eu particularmente penso que sería moi necesario poder lograr o obxectivo da autofinanciación. Eu teño moi claro que quen está pagando esta radio son os vecinos e veciñas de Ordes e se podemos facer que en vez de ter que dar 300 para a radio, por dicir un número, sean 150 e os outros veñan de publicidade, sería estupendo, porque eses 150 que nos aforramos irán para as estradas, os parques, para outros servizos que non poidan obter cartos a través da publicidade. O respeto aos cartos dos vecinos témolo moi claro.
Tamén faredes emisión dixitais a través da web do Concello...
Si. O Concello ven de estrear fai máis ou menos un mes a súa nova páxina web. Alí temos un apartadiño e en breve imos empezar a emitir dende ai a través de internet a calquer parte do mundo.
Sería moi emocionante que poideras convertir esta emisora en algo tan maravilloso como era aquela máxica emisora de radio local da serie “Doctor en Alaska". Lembras?
Era algo encantador, si. Acórdome moito desa serie e do narrador de todo que acontecía na vila que era o locutor. Ista radio vai ser mellor (ri).
Radio Ordes 107.3 FM. Teléfono 981 681483
*
*