miércoles, 25 de septiembre de 2013

O BNG solicitará do pleno bonificacións no IBI nas vivendas habitadas

Os nacionalistas abogan por subir o IBI nos inmobles deshabitados para evitar a especulación e impulsar o mercado de aluguer

Tamén solicitarán cambios no imposto de construcións e restaurar a legalidade urbanística no Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento

O BNG de Ordes presentará no pleno da Corporación municipal de mañá xoves tres mocións sobre a revisión do IBI, na que solicitarán medidas para paliar os efectos da suba deste imposto municipal. 

As propostas dos nacionalistas pasan por aplicar bonificacións do IBI nas vivendas habitadas e unha suba nas deshabitadas, impulsando con esta medida o mercado de aluguer, "actualmente moi paralizado", segundo o seu portavoz municipal, Ramiro Recouso.

A segunda das mocións afecta á modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto de construcións, instalacións e obras

O concelleiro nacionalista Pablo Vidal propón unha modificación da mesma co obxectivo de que "no momento en que o Concello formula a contestación por escrito da solicitudes de licenza presentada, se inclúa na mesma un recordatorio da existencia de dita bonificación e das condicións da mesa". Tamén suplicarán que na mesma ordenanza se apliquen bonificacións ás obras de reforma e conservación.

Consorcio contra Incendios
Respecto da terceira das mocións, asinada por Ramiro Recouso, solicitan do alcalde de Ordes a incoación dun expediente para restaurar a legalidade urbanística das obras que está executando o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da provincia da Coruña. 

Tamén que se impida que os líquidos contaminantes que se utilicen nos exercicios de adestramento dos bombeiros do Parque Comarcal de Ordes sexan verquidos á rede de pluviais do Parque Empresarial e non contaminen as augas do río que abastece de auga á vila de Ordes.

Por último, o BNG de Ordes presentará unha serie de rogos sobre asuntos municipais varios.