miércoles, 18 de septiembre de 2013

Aberto o prazo de inscrición para participar na escola de atletismo de Ordes


Aberto o prazo de inscricións ata o 26 de setembro

En colaboración co Concello de Ordes os clubes Atletismo Ordes e Atlética A Silva poñen en marcha a súa escola de atletismo 2013-14

Tanto as clases como os adestramentos desenvolveranse dende o 1 de outubro deste ano ata o 19 de xuño de 2014 nas pistas de atletismo de Ordes ubicadas na Cidade Deportiva Vista Alegre.

Niveis
Nesta ocasión haberá distintos niveis como son os de:
Iniciación: Martes de 17:00 a 18:00 horas / Xoves de 18:00 a 19:00 horas.
Avanzado: Martes de 18:00 a 19:00 horas / Xoves de 19:00 a 20:00 horas. 
Veteráns: Martes entre as 20:00 e 21:00 horas.

O responsable de impartir as clases e obter o máximo rendimento dos participantes será José Domínguez Caballero, adestrador da Federación Española de Atletismo e licenciado en Educación Física.

Incricións
Resulta necesario cumplimentar a ficha de inscrición e realizar o pago da cuota de 15 euros ao mes. Máis información ata o vindeiro 26 de setembro no Concello de Ordes, ou ben a través do correo electrónico jdcaballero@edu.xunta.es

*