lunes, 16 de enero de 2012

Pesar nos populares ordenses polo pasamento de Manuel Fraga

José Luis Martínez Sanjurjo con Manuel Fraga durante a entrevista que ambos mantiveron a finais de outubro do 2010. 

Martínez Sanjurjo: “Rendemos homenaxe á memoria dun gran político, un gran intelectual e un gran democráta"

O Partido Popular de Ordes expresou hoxe o seu pesar polo pasamento do antigo presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, e traslada as condolencias aos seus familiares.

En opinión do portavoz municicipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, este Concello, ao igual que Galicia e España,  mantén unha débeda de gratitude co presidente.

Ao papel determinante de Fraga Iribarne como ponente constitucional e como protagonista indiscutible da Transición á democracia, sumouse logo a súa xestión como presidente da Xunta de Galicia, desde a que apostou polo desenvolvemento autonómico e logrou “poñer Galicia no mapa”, en palabras do voceiro municipal do PP de Ordes.

Fraga e Ordes
Recorda Martínez Sanjurjo que  boa parte dos equipamentos públicos da localidade foron impulsados e executados polos equipos de Manuel Fraga, como o centro de saúde, o centro comarcal, o recinto feiral do Mesón do Vento, o edificio dos xulgados, a delegación da Xunta, a Casa da Cultura, o polígono empresarial, o parque de bombeiros, ou as concentracións parcelarias, entre outros.

“En Ordes somos xente agradecida e rendemos homenaxe á memoria dun gran político, un gran intelectual e un gran democráta, como don Manuel Fraga”, conclúe Martínez Sanjurjo.