martes, 9 de octubre de 2012

O Concello de Ordes convoca un novo curso de carretilleiro


Serán dezaoito as horas de formación presencial

Máis información no departamento de Emprego e Formación e nos teléfonos 981 680002 e 981 680157

O Concello de Ordes ven de convocar nestes días a segunda convocatoria para o curso de condución de carretillas. En total son dezaoito horas de formación presencial nas que se inclúen ademais de coñecementos teóricos unha parte práctica que se desenvolverá nas instalacións do mercado de gando, ubicadas en Mesón do Vento. 

Os interesados poden inscribirse xa no departamento de Emprego e Formación, situado no primeiro andar da Casa do Concello, ou ben obter máis información se a precisan a través dos números 981 680002 ou 981 680157. Dita información tamén se pode consultar na web do Concello www.concellodeordes.com.

*