sábado, 13 de octubre de 2012

Aprazado ao martes 16 o mitin do PP en Ordes


Razóns da axenda de Alberto Núñez Feijóo obrigan a este cambio

O PP de Ordes ven de informar que mitin do presidente do PPdeG e candidato á reelección como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en Ordes celebrarase finalmente o martes 16 de outubro ás 22:00 horas na discoteca LP-45, un día despois da previsión inicial debido a razóns de axenda do candidato.

O Partido Popular pide desculpas polas molestias que este axuste de axenda puido causar aos veciños e veciñas de Ordes.

*