jueves, 18 de octubre de 2012

O Concello de Ordes convoca novos cursos de manipulador de alimentos e carretilleiro

Máis información e inscricións no departamento de Emprego e Formación na Casa do Concello

O Concello de Ordes ven de convocar un novo curso de manipulador de alimentos. O prazo de inscrición manterase aberto ó longo dos vindeiros días, tendo un coste total de 25 euros. A duración do curso será de dez horas en total, tres das cales serán prenciais e as restantes on line. As clases terán lugar na Casa da Cultura de Ordes.

Por outra banda tamén está aberta a segunda convocatoria para o curso de condución de carretillas. En total son dezaoito horas de formación presencial nas que se inclúen, ademais de coñecementos teóricos, unha parte práctica que se desenvolverá nas instalacións do mercado de gando, ubicadas en Mesón do Vento.

Inscricións
Os interesados en inscribirse en ambos cursos pódenno facer no departamento de Emprego e Formación, situado no primeiro andar da Casa do Concello, ou ben obter máis información a través dos números 981 680002 ou 981 680157. Dita información tamén se pode consultar na web do Concello www.concellodeordes.com.

*