jueves, 18 de octubre de 2012

A unidade móbil da ITV agrícola estará en Merelle e no Mesón do Vento


Instalarase no Campo da Feira de Mesón do Vento (24 a 29 outubro) e polígono industrial de Merelle (30-31 outubro e 5-6 novembro)

Citas no teléfono 881 920 978


Durante os días 24, 25, 26 e 29 de outubro instalarase no campo da feira de Mesón do Vento a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas. O horario de atención ó público irá de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, agás na última xornada na que soamente prestará servizo en horario de mañá. Por outra banda o polígono industrial de Merelle tamén servirá de ubicación durante os días 30 e 31 de outubro e 5 e 6 de novembro. Novamente o horario irá de 09:00 a 13:30 horas e de 15.15 a 18 horas, salvo na última xornada na que únicamente se atenderá durante a mañá. 

Cita previa
Aquelas persoas que desexen solicitar cita previa poden facelo  a través  do teléfono 881 920 978. Os propietarios de vehículos con características particulares deberán ter en conta que a súa admisión estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

*