Un tramo de estrada en Buscás logo das choivas. |
Martínez Sanjurjo: "Levamos meses advertindo ao Concello das consecuencias do escaso mantemento da rede viaria que coas choivas de outubro provocaron moitos problemas"
O Partido Popular de Ordes informou o pasado mércores que as
choivas rexistradas o longo do mes de outubro provocaron problemas na rede viaria municipal de Ordes como
consecuencia da falta de mantemento que o Partido Popular ven denunciando desde
hai meses.
![]() |
Pista en Vilamaior. |
Desbordamentos
A
falta de limpeza de moitos tramos de cunetas, ou o desbrozamento deficiente, co
amoreamento de restos vexetais que tupen canalizacións de pluviais provocaron
desbordamentos e encharcamentos que dificultan a circulación dos vehículos, comprometen
a seguridade viaria e aceleran o deterioro do firme das vías, aseguran dende o PP local.
O
Partido Popular continúa a recibir múltiples queixas de veciños de distintas
parroquias que padeceron en primeira persoa os efectos desta falta de
mantemento, como sucedeu en Pereira, Buscás, Barbeiros, Vilamaior, Parada, Leira ou Lesta.
![]() |
Martínez Sanjurjo (PP). |
"Dende o PP levamos varios
meses advertindo ao Concello da necesidade de revisar e reparar as carencias
que presentan as estradas e pistas que comunican as parroquias e aldeas de
Ordes"
"No
entanto, o equipo de Goberno optou por facer caso omiso das reclamacións logo
de ter gastado cifras elevadas en actuacións innecesarias como o novo Concello
o a ampliación da Alameda, mentres descoidou o esencial"
*