miércoles, 7 de noviembre de 2012

A ITV de motos estará no Mesón do Vento o próximo luns


Para motos, ciclomotores e quads de máis de tres anos de antigüidade

A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores, motos e quads prestará servizo o vindeiro luns día 12 no concello de Ordes. Concretamente instalarase no campo da feira do Mesón do Vento, a carón do mercado de gando, nun horario que vai de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. 

O servizo vai dirixido ós propietarios de ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade, ásí como ós de motos e quads de máis de catro. A  hora de atención irase asignando directamente na unidade móbil. 

*