lunes, 19 de marzo de 2012

Os ordenses si sabemos reciclar

O punto limpo de Ordes recolleu ao longo do ano 2011, un total de 293.000 quilos de resíduos reciclables

Os últimos datos de recollida selectiva de resíduos rexistrada no punto limpo de Ordes confirman a boa práctica dos veciños en materia de reciclaxe e medio ambiente. Ao longo do pasado ano 2011, o volume de resíduos depositados no centro de O Balado chegaron ata os 293.000 quilos.

Entre os materiais que máis se depositaron destacan os de construcción e demolición (máis de 135.000 quilos), seguidos dos plásticos agrícolas (33.000 quilos). En ambos casos advírtese un descenso con respecto as cifras do ano 2010 de 60.000 e 13.500 quilos respectivamente. Feito este producido polo descenso da actividade nos sectores da construcción e agropecuario. Polo mesmo motivo tamén se advirte un descenso nos metais e nos restos de pintura, cun total de 20.500 e 92 quilos, respectivamente. En  comparación co ano 2010, estas cifras supoñen un descenso de 10.000 quilos e 150 quilos, respectivamente. 

No relativo a plásticos e cauchos, entre valorizables e non valorizables, os ordenses depositaron o ano pasado no seu punto limpo un total de 11.400 quilos, 24.500 quilos de voluminosos, máis outros 6.600 de neumáticos, cen de cartuchos de impresora e toners e outros 1.300  en aceites minerais.

Aumento de reciclaxe
Respecto aos electrodomésticos retirados, recolléronse un total de 15.960 quilos, divididos en grandes electrodomésticos (3.160 quilos), pequenos electrodomésticos (20 quilos) e televisores, plasmas, reproductores e outros compoñentes similares (12.780 quilos). En xeral case unha tonelada e media a maiores en relación ás cifras do 2010. Outro aumento advírtese nos 8.360 quilos de materiais reciclados mezclados non valorizables (4.370 en 2010), nas madeiras recicladas cun total de 32.000 quilos en 2011 fronte aos 25.300 do ano 2010), así coma no papel e cartón con 2.400 quilos recollidos fronte aos cen do ano 2010.

No caso das pilas usadas foron 693 quilos (450 en 2010), mentres que caso dos tubos fluorescentes acadouse a cifra récord dende a pertura do punto limpo no ano 2001 con 70 quilos. Os 723 quilos de envases vacíos contaminantes (642 en 2010), os 108 de filtros de aceite (61 en 2010), os 79 de aerosoles vacíos (69 en 2010), os 25 quilos de baterías (ningún no 2010) e os 3 quilos de radiografías (ningún en 2010) completan a táboa de incrementos na recollida de material.

*