miércoles, 21 de marzo de 2012

Castro: "O alcalde debe facilitar ao BNG a relación de facturas pendentes a provedores"

Os nacionalistas solicitaron a petición fai cinco días ao Goberno municipal sen obter todavía resposta

O  portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, informou hoxe de que “solicitou hai cinco días ao alcalde de Ordes unha relación detallada e xustificada das débedas que se pretenden financiar coa liña de crédito para o pago a provedores habilitada polo Ministerio de Facenda, sen que o alcalde respondese á citada solicitude”.

O portavoz nacionalista afirmou que “unha vez transcurridos cinco días naturais desde a solicitude de acceso a esta información, sen que teña recaido resolución do alcalde, debe entenderse que a mesma foi estimada por silencio administrativo, de acordo co disposto no artigo 77 da Lei de Bases de Rexime Local e no artigo 14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais”.
Castro afirmou que o grupo municipal do BNG dirixirase ao alcalde para que, “en cumprimento do disposto na legislación vixente, facilite inmediatamente o acceso do BNG á información solicitada, consistente na relación detallada e xustificada dos gastos que se pretenden incluir na liña de crédito habilitada por Facenda para, supostamente, garantir o pago das débedas aos proveedores”.
Para o portavoz nacionalista “o xeito obscurantista de actuar do alcalde constitue unha actitude irresponsable e irrespetuosa cos seus veciños, xa que, tanto os/as concelleiros/as da Corporación Municipal, como os demáis veciños de Ordes, teñen dereito a coñecer a situación económica real do seu Concello e as débedas pendentes de pago con proveedores”.

Gonzalo Castro, do BNG de Ordes.
A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes 
“O Concello de Ordes é o máis endebedado de toda Galiza, como o demostra o recoñecemento por parte do alcalde da existencia de case 2,8 millóns de euros de débeda cos proveedores, situando a Ordes á cabeza da dos concellos galegos que solicitarán acceder a esa liña de crédito, cunha petición de crédito que se achega aos 215 euros por habitante, e que só constitue a punta do iceberg da débeda total do Concello, que se achega aos 11 millóns de euros, ou, o que é o mesmo, a perto dos 800 euros por habitante"
*