martes, 20 de diciembre de 2011

Os paxes reais visitaron a Escola Infantil Sorrisos


Recolleron tamén as cartas dos pequenos das escolas unitarias do municipio

Un ano máis os paxes dos Reis Magos quixeron  visitar aos máis pequenos do municipio. Co fin de recoller as cartas dirixidas ás Súas Maxestades coas peticións para a noite do vindeiro 5 de xaneiro, os paxes visitaron esta mañá aos nenos e nenas da Escola Infantil Sorrisos.

Os pequenos entregaron aos paxes as súas cartas e pasaron unha mañá de convivencia, na que como é habitual neste caso, houbo tanto risas como choros pola emoción de recibir a estes paxes tan especiais.

Ademais de visitar a escola infantil, os paxes tamén realizaron a súa visita durante a mañá de onte aos alumnosdas escolas unitarias das diferentes parroquias, nas que os pequenos tamén lles fixeron un gran recibimento.

*