sábado, 31 de diciembre de 2011

O coro parroquial de Ordes ofreceu o seu concerto de Nadal


O evento tivo lugar onte na igrexa parroquial de Santa María de Ordes

A agrupación coral da parroquia de Ordes, acompañado do grupo de pandereiretas Somos nós e o gaiteiro local Manuel Viqueira, ofreceron onte un concerto de Nadal na igrexa parroquial de Santa María de Ordes.

Entre outras pezas, os asistentes poideron deleitarse con panxoliñas típicas desta época do ano como “A Noieboa” “O meniño Xesús” ou “Gloria, gloria a Xesús”.  Ó longo do concerto tamén se interpretaron outras pezas de corte tradicional ben coñecidas por todos os asistentes.

*