viernes, 30 de diciembre de 2011

O Concello de Ordes despide aos catorce traballadores do Grumir

Un grupo de traballadoras do Grumir de Ordes -de azul mariño en primer término- nunha intervención de limpeza do río Cabrón.
Segundo o PP, esta decisión débese á "nefasta xestión económca" do Concello de Ordes

O Partido Popular de Ordes informou hoxe de que os catorce traballadores que desde hai anos prestaban servizo no Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) de Ordes serán despedidos este 31 de decembro, segundo lle avanzou o alcalde aos afectados.

O Partido Popular de Ordes atribúe esta decisión á "nefasta xestión económica" desenvolvida polo Concello desde o ano 2007, caracterizada polo "derroche de fondos públicos en actuacións innecesarias e non demandadas polos veciños", como entre outras, a ampliación da Alameda, a nova Casa Consistorial, as obras na antiga Casa Consistorial ou a cafetería "de luxo" do campo de fútbol de Vita Alegre.

Servizo esencial
A tenor do PP de Ordes, a ausencia de fondos nas arcas municipais traducirase na supresión dun servizo esencial como o GRUMIR, tanto en situacións de risco (incendios, accidentes, enchentes,…) como no día a día  dos veciños (mantemento de viais e instalacións públicas, ou colaboración na organización de eventos) nun concello que suma 13.000 habitantes. E todo iso, aseguran, "as 24 horas do día e os 365 días do ano".

O Partido Popular de Ordes advirte que aos despedimentos dos empregados do Grumir se podería sumar, en breve prazo, o de outros operarios municipais, dada a xuízo dos populares,  "angustiosa falta de liquidez" que presenta o Concello de Ordes.

Recorda tamén o PP local que en outubro pasado, a Deputación da Coruña concedeu unha subvención de 45.000 euros para contribuir ao financiamento do Grumir de Ordes durante o exercicio de 2012.

Sen responsable de prensa
Por outra banda, tamén hoxe fíxose público que a responsable de prensa do Concello de Ordes non continuará no seu posto a partires do 1 de xaneiro do 2012. 

*